"bari" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 101.

  • Termo do barallete, lingua dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘nai’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos alcaloides de estrutura indólica extraídos das fabáceas; o máis importante é a fisostigmina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘ebanista’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao centro de gravidade, ou ao procedemento de atopalo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Barra, normalmente de pao un pouco curvo e cos extremos en forma de frecha, que se emprega para pendurar o porco polas patas traseiras, logo de realizar a súa matanza, co propósito de abrilo e deixar que arrefríe.

    2. Pao que se coloca de forma vertical na cabezalla do carro para sostelo e mantelo erguido cando está parado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edificio funerario romano formado por unha serie regular de nichos semicirculares nas paredes, nos que se metían as urnas cinerarias. A disposición das urnas lembraba á dun pombal, de aí o seu nome. Utilizábanse como sepulcros familiares que, a miúdo, acollían os libertos e os escravos das familias. Destacou o construído na Via Apia para os libertos de Livia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Empregado de banca e político. Foi asesor do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda (1994-1998) e do Ente Público Portos de Galicia (1996-1997). Na V lexislatura galega foi parlamentario no grupo do Partido Popular (1997-1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Árbore de América tropical, de follas compostas de dous folíolos ovais, flores amareladas e froitos en legume. Produce unha madeira vermella, dura, tenaz e de gran fino, que se emprega en ebanistería e na industria naval. Del extráese unha resina coñecida como copal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ofrendas realizadas na antiga Roma o primeiro día do mes de xuño en honor de Carna, muller de Xan, no monte Celio. Consistían en manteiga e tortas de fariña de fabas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colección de plantas secas destinadas á investigación ou ao ensino da botánica. Os exemplares que o constitúen desécanse, prénsanse e móntanse en cartolinas para manter e conservar a forma e a disposición dos órganos das plantas conforme o seu estado natural. As coleccións pódense manter de forma case indefinida se a preparación e a conservación foi a correcta. Aínda se conservan herbarios como o de Ghini, Cesalpino ou Linneo. Tamén recibe o nome de fitoteca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do ken de Ehime, situada na illa de Shikoku, Xapón (122.588 h [1991]). É un importante núcleo industrial de algodón e madeira, ademais dun porto pesqueiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ás isalóbaras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás isóbaras.

    2. Que ten a mesma presión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Malabar ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Malabar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arte de facer xogos malabares ou de destreza e habilidade.

    2. Conduta hábil para lidar unha situación difícil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que realiza xogos malabares destramente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terra de moi boa calidade que é apta para calquera tipo de cultivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Mira. Afirmouse a súa participación no Concilio I de Nicea (325), onde combateu o arianismo. Atribúenselle como miragres a salvación da deshonra de tres doncelas que o pai quería prostituír por falta de diñeiro e a resurrección de tres rapaces mortos por un carniceiro. Iconograficamente represéntase con vestiduras de bispo (grego no mundo bizantino, coa cabeza descuberta e un libro na man, e latino en Occidente, coa mitra sobre a cabeza e o báculo na man), cunha man encol dos Evanxeos e unha pirámide de tres bólas ou bolsas de ouro (alusión á dotación que lles deu ás doncelas) e, ás véces, cunha áncora, por ser patrón dos mariñeiros. A súa festividade celébrase o 6 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nicolò dell’ Arca.

    VER O DETALLE DO TERMO