"bilí" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 365.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de composible.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de comprensible.
-
-
Calidade de compresible.
-
-
Propiedade dunha substancia ou corpo pola que reduce o seu volume cando se somete a un aumento de presión. Mídese co coeficiente de compresibilidade.
-
coeficiente de compresibilidade [k]
Cociente entre a diminución relativa do volume dunha substancia e o aumento de presión que a produciu: k=dV/VdP. Mídese en m 2 /N=Pa -1 . Pódese distinguir o coeficiente de compresibilidade isoterma, k<J>T</J>=(-1/V)(ðV/ðP)<J>T</J>, e o coeficiente de compresibilidade adiabática, k<J>S</J>=(-1/V)(ðV/ðP)<J>S</J>. O coeficiente de compresibilidade é o inverso do módulo de compresibilidade. OBS: Tamén se denomina compresibilidade.
-
factor de compresibilidade [Z]
Factor adimensional relativo a un gas, dado pola expresión Z=PV/RT, onde P é a presión, V é o volume molar, R é a constante dos gases perfectos e T é a temperatura. Introducido na ecuación de estado dun gas, dá unha idea da desviación do comportamento deste respecto ao do gas ideal, polo que tamén se coñece como factor de desviación do gas.
-
módulo de compresibilidade [K]
Coeficiente inverso do coeficiente de compresibilidade: K=1/k. Mídese en N/m 2 =Pa. Dá idea da presión que debe aplicarse sobre a unidade de superficie do corpo en cuestión para producir unha determinada diminución relativa do volume.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de condensable.
-
-
Propiedade dun corpo para conducir a electricidade ou a calor.
-
Capacidade dunha fibra muscular de transmitir a unha fibra contigua os impulsos que lle chegan. É máxima nas fibras do sistema de condución do corazón.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de conmensurable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de conmutable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de considerable.
-
-
Actividade que consiste en levar as contas dunha xestión, dun negocio, da administración dunha empresa ou doutra entidade.
-
Conxunto de contas dunha empresa, sociedade ou organismo público, levadas segundo un plan.
-
Rama particular da economía formada por un conxunto de postulados, proposicións e leis que teñen por obxecto a captación, a representación e a medida do patrimonio. Á función financeira sumáronselle funcións xurídicas e fiscais. Os bens e mais os dereitos constitúen o activo patrimonial; o pasivo patrimonial está formado polas obrigacións, e a diferencia entre eles é o neto patrimonial. Todo feito contable implica unha dobre anotación, de maneira que a suma de cantidades debedoras sexa igual ás acredoras. A contabilidade xeral é a que rexistra os movementos de valores da actividade da empresa e contribúe a determinar o balance e a conta de resultados; o primeiro paso é o de establecer a identidade entre o total de bens dispoñibles pola empresa e a suma das súas obrigacións cara aos propietarios e terceiros (activo - pasivo = capital); finalmente, faise un novo balance xeral, trasladando as perdas e as ganancias das outras contas á conta de resultados; é o balance xeral clasificado...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de contabilizar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de continuable.
-
-
Calidade de controlable.
-
-
Facilidade coa que se pode regular un proceso. Está relacionada coa regulación inherente, característica dun proceso ou dunha máquina que, despois dunha perturbación, lle permite acadar un estado de equilibrio sen necesidade de regulación externa.
-
Propiedade dunha variable de estado pola que se asegura a existencia dunha acción de control capaz de levala, nun intervalo finito de tempo, dende un valor dado ata outro calquera; dise que esta variable, ou modo, está acomodada á entrada. Se esta propiedade se estende a todas as variables de estado do sistema, dise deste que é completamente controlable ou gobernable.
-
-
-
-
Calidade de convertible.
-
Calidade dunha moeda de poder cambiarse por outras, mediante o emprego de procedementos internacionais de compensación multilateral de pagos. O réxime de absoluta convertibilidade presupón un sistema de patrón monetario internacional, sexa o patrón ouro (gold standard) ou o patrón troco-ouro (gold exchange standard). Pódese falar tamén de convertibilidade limitada, cando está restrinxida a operacións con persoas ou estados determinados. A convertibilidade favorece o comercio internacional, mentres que a non convertibilidade obriga a acordos bilaterais ou ao establecemento de mecanismos de compensación.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de corrixible.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de corruptible.
-
-
Calidade de crible.
-
Calidade da revelación cristiá. A Igrexa Católica concibe a credibilidade como unha esixencia lóxica previa ao acto de fe.
-
-
-
Circunstancia de ser culpable.
-
Responsabilidade criminal. Para o culpable comporta a obriga de responsabilizarse dos prexuízos civís causados polo feito punible e a imposición dunha pena. O grao de culpabilidade determínase en función da participación no delito e das circunstancias concorrentes no feito delitivo.
-
Consciencia de falta nun individuo, que se manifesta inconscientemente na súa conduta e lle inspira unha angustia diante dun crime non manifesto ou imaxinario. Se este sentimento é moi intenso, leva o individuo á neurose e incluso á loucura e desesperación.
-
-
-
-
Calidade ou estado de débil.
-
Carencia de forza ou de vigor, sobre todo por non ter comido.
-
-
-
Aspecto no que algo ou alguén é feble.
-
Defecto que posúe unha persoa pero que, en certa forma, se lle pode perdoar.
-
Afección excesiva que mostra unha persoa por algo.
-
Inclinación cara a unha persoa pola que se sente especial predilección.
-
-
Estado psíquico que se caracteriza por unha diminución anormal da capacidade intelectual do individuo, asociado con importantes problemas de adaptación.
-
-
-
Acción ou efecto de debilitar ou debilitarse.
-
Transformación dun son noutro por comodidade articulatoria, xa que o novo non supón un esforzo menor, como, por exemplo, a sonorización e a fricativización das oclusivas. A debilitación dunha consoante pode facer que desapareza. Sincronicamente, o galego presenta alternancia entre as realizacións oclusivas sonoras [b], [d] e [g], que se presentan despois dunha pausa e dunha consoante nasal, e as realizacións fricativas sonoras correspondentes [β], [ð] e [γ], que se recollen nos demais casos.
-