"bot" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 225.

  • Clase de cabaza de grandes dimensións que se pode comer cocida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe que protagoniza as festas do entroido en Viana do Bolo. O elemento que os caracteriza é unha orixinal máscara, de varios quilos de peso, formada por unha carauta negra tallada en madeira, onde se debuxa un grande sorriso, e unha pantalla frontal que vai colocada por riba da cabeza, construída con arame e cartón, e adornada con figuras xeométricas, fitas e papeis que ofrecen formas e cores variadas. A persoa que leva a pantalla debe saber manter ben o equilibrio e estar en boa forma física para bailar e soportar o seu peso durante horas. O resto do traxe está composto por un pantalón encarnado do que van pendurados uns flocos nas partes laterais, cunha camisa bordada e adornada con fitas de cores. Como complemento leva unha faixa con picos e borlas, e un cinto con campaíñas. É a figura principal do folión, formado por grupos de veciños que van percorrendo a aldea con instrumentos rudimentarios de percusión como aixadas e bombos, marcando un ritmo monótono, continuo e estrondoso;...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Impresor alemán. Instalou a primeira imprenta da Península Ibérica. Nela editou a Ethica, a Oeconomica e a Politica de Aristóteles, o libro máis antigo impreso na Península.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista portugués de carácter naturalista. No ciclo Patologia social explicou, á maneira de Zola, a decadencia dunha familia. Escribiu tamén novelas campesiñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Pertenceu ao grupo fundador da revista Távola redonda. A súa obra encádrase no Existencialismo. En 1960 obtivo o Premio Camilo Castelo Branco pola novela A gata e a fábula; en 1971 con Lourenço é nome de jogral obtivo o Premio Nacional de Literatura e en 1987 o Premio da Crítica con Esta noite sonhei com Brueghel. Escribiu tamén a colección de poesías As coordenadas líricas (1951), O engima de sete alíneas (1956), Terra sem música (1969) e Festa em casa de Flores (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Recipiente portátil de vidro, cristal, material termoplástico, etc, de colo máis ou menos estreito, destinado a conter líquidos. Desde o século II a C, na China e en Exipto xa se fabricaban botellas de vidro polo sistema de soprado. Este, que aínda se emprega na elaboración de certos obxectos artesanais, consiste en soprar coa boca nun tubo que ten no extremo unha bóla de vidro en estado pastoso e poñelo a continuación nun molde, ata acadar un axuste total ás súas paredes; inmediatamente, faise xirar o tubo nun movemento ascendente para rematar o colo da botella. A finais do século XIX, Boucher en Francia e Owens nos EE UU, puxeron a punto métodos semiautomáticos; na actualidade, case todas as botellas están fabricadas por máquinas automáticas. O vidro da botella ten que ser o máis inalterable posible fronte á auga. Utilízanse vidros cunha base que leva pequenas cantidades de magnesia e alúmina para evitar a tendencia á desvitrificación. Nos últimos anos, as botellas de materiais termoplásticos...

    2. Cantidade de líquido que cabe nese recipiente.

    3. Globo de vidro que constitúe a envoltura das lámpadas, dos tubos electrónicos e doutros dispositivos que teñen que funcionar no baleiro ou nunha atmosfera pechada.

    4. boche.

    5. Recipiente utilizado para recoller mostras de auga de mar a determinadas profundidades. Hainas de diferentes tipos (botellas de Nansen, de Ekman, de Sigsbee, etc). Polo xeral consta dun depósito cilíndrico cunha válvula terminal a cada extremo, que se pechan ao chegar á profundidade desexada, e un termómetro que rexistra a temperatura da auga no momento de tomar a mostra.

    6. Condensador experimental feito cunha botella de vidro forrada por dentro e por fóra, ata unha certa altura, de papel de estaño. Ten un tapón de cortiza atravesado por unha variña en forma de gancho pola parte de fóra que se comunica co papel de estaño pola de dentro. Foi concibida no ano 1746 por tres físicos neerlandeses, van Musschenbroek, Allamand e Cunaeu, e descárgase parcialmente tocando o gancho co dedo ou poñéndoo en comunicación con terra. Para descargalo totalmente cómpre un excitador.

    7. Recinto esférico que no seu interior posúe un campo magnético cun valor que aumenta en todas as direccións proporcionalmente ao cadrado da distancia ao centro. Para obter o tipo de campo magnético indicado, a botella dispón de tres bobinas, unha no ecuador e dúas nas zonas polares, polas que circulan correntes de igual intensidade. A dirección da corrente é a mesma para as bobinas polares, mentres que na ecuatorial a corrente circula oposta a aquelas. Estes dispositivos utilízanse para a produción e almacenamento dos neutróns ultrafíos, e con iso faise posible a fusión nuclear.

    8. Fase de redución na crianza dun viño na que se afina tralo paso pola barrica (fase de oxidación) e se fai máis complexo no nariz e na boca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, xornalista e político. Para o teatro escribiu máis de cincuenta dramas e comedias, algunhas delas conseguiron grande éxito. A partir de 1859, inmerso na política, deixou dun lado a literatura e redactou artigos e obras de carácter político.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Moble no que se almacenan as botellas.

    2. Vidreiro especializado na fabricación de botellas.

    3. Persoa que se encarga do coidado de viños embotellados.

    4. Oficial encargado da custodia e da administración do viño da casa real ou doutros señores.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Obradoiro onde se fan botellas.

    2. Lugar onde son gardadas as botellas de viño ou de licor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Botella de pequenas dimensións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Boto.

    2. Liñaxe fundada no s XIV por Martín Alonso Tello de Meneses, nobre portugués, alcumado Boo Tello, orixe do apelido Botello, segundo algúns estudiosos. As súas armas levan escudo terciado en pao: primeiro tercio, cunha cruz de Calatrava, en campo de prata; segundo tercio, de goles, cunha espada denuda, con gornición de ouro, punta cara a abaixo; terceiro tercio, de sinople, con dúas veneras de prata; bordo de ouro con oito aspas de goles. Outra variante trae, escudo terciado en faixa: primeiro, en campo de sinople, con dúas veneras de prata; segundo, en campo de goles, cunha espada espida coa gornición de ouro, punta cara a abaixo; terceiro, en campo de prata, cunha cruz de Calatrava de goles; bordo de ouro con oito aspas de goles. Algúns ostentan: en campo de ouro, unha aguia de sable. Outras ramas empregan: en campo de ouro, unha aguia de sable levando nas súas poutas unha tixola cunha tortilla de ovos. A rama portuguesa trae, en campo de ouro, catro bandas de goles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e escultor. En 1926 trasladouse a Bordeos, onde iniciou estudios de Belas Artes baixo a tutela do artista François Maurice Roganeaux e comezou a expoñer. En 1935 obtivo a bolsa do Conde de Cartagena que lle permitiu continuar os seus estudios na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando en Madrid. En 1936 foi recrutado polo exército da República na Unidade de Cartografía e rematada a guerra fuxiu a Perpignan. Exiliado en América en 1940, estableceuse na República Dominicana. Nestes primeiros anos a súa obra recibiu a influencia do Postimpresionismo e do Fauvismo, sendo Cézanne unha continua referencia, pero foi o descubrimento do mundo antillano o que marcou definitivamente a súa linguaxe expresiva. As súas obras lembran a Gauguin tanto na cor como na temática (nus de mulleres nativas en paisaxes insulares). A súa linguaxe propia comezou a acadala en 1944 co descubrimento de Haiti. Deste país impactoulle sobre todo o sincretismo dos ancestrais rituais africanos do vodú. O resultado...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Botella de grandes dimensións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Embutido típico da comarca do Cebreiro e dalgunhas zonas de Ourense; toma o seu nome da localidade de Botelo. Prepárase o último día da matanza con carne do porco non moi graxa, co óso (espiñazo, rabo e algo de costela), pemento picante, allo, loureiro e sal, todo mesturado cunha pouca auga, que debe amolecer entre 24 e 48 horas. Pasado este tempo embúchase no estómago do porco ou nas tripas anchas e unha vez atado pendúrase ao fume e logo ao aire. Pasados dous meses xa se pode comer, para o que ten que cocerse moi a modo, durante dúas horas, servíndose moi quente e acompañado duns cachelos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e escultor. Na súa obra destaca o tratamento irónico e satírico dos temas representados. Realiza tamén interpretacións de obras de mestres antigos. Con formas moi radicais e cunha forte carga sensual expresa unha visión pracenteira e vitalista do mundo. Actualmente vive entre París, Nova York e Medellín. En 1987 o Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (Madrid) dedicoulle unha retrospectiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista, político e sacerdote. Secretario de Carlo Borromeo, publicou Della ragione di stato (Da razón do estado), onde critica as doutrinas de Maquiavelo e fai da relixión a base do estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Furna do litoral da parroquia de Lariño, concello de Carnota.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta búlgaro. Escribiu poemas cheos de entusiasmo pola revolución, entre eles, Elegie (Elexía, 1870).

    VER O DETALLE DO TERMO