"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Adega situada en Tremoedo (Vilanova de Arousa), fundada en 1988, polo conserveiro Manuel Otero. Conta con 13 hectáreas en propiedade e comercializa 300.000 litros de viño ao ano. Embotella viños con etiqueta Grambazán, ámbar e verde, como marca máis popular. Cada unha das etiquetas responde, respectivamente, á primeira e segunda prensada da uva, que é exclusivamente Albariño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que se coñece tamén a Campagna Romana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa situada no concello de Santiago de Compostela, documentada xa desde o s X, cando sufriu a destrución na razzia de Almanzor. A construción actual levantouse no s XVIII seguindo as trazas do arquitecto Melchor de Prado y Mariño, nun estilo neoclásico. A súa fachada amosa a presenza do clasicismo académico. No seu interior consérvase un importante paso procesional do Nazareno, tamén obra de Prado e Mariño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade con sede en Barcelona dedicada principalmente á promoción e divulgación da astronáutica. Foi fundada no 1953 como sección da Sociedade Astronómica de España e América, posteriormente converteuse nunha entidade independente. Publica o boletín Astronáutica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización obreira de Betanzos afín á UXT, que xa funcionaba en 1933. Agrupaba a todos os traballadores dependentes do concello que tiñan unha ideoloxía socialista, entre os que había gardas municipais, recadadores de arbitrios, etc. Dentro das súas reivindicacións laborais estaban o aumento salarial, a xornada de 8 horas e o descanso dominical ou día libre. Funcionou ata o inicio da Guerra Civil Española (1936).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación fundada na Coruña o 9 de abril de 1933, previa disolución, ese mesmo día, do subcomité coruñés da denominada Liga Internacional de Mujeres Ibéricas e Hispano-Americanas y Cruzada de Mujeres Españolas, que se creara o 1 de xullo de 1932. Acollía a mulleres pertencentes á burguesía ilustrada coruñesa. Foi presidida por Elvira Bao de Varela, era secretaria Amparo López Jean, que sería socia das Irmandades da Fala e do Partido Galeguista, e presidenta da organización en 1934. Nos seus estatutos, aparecen como obxectivos: “Contribuír por todo medio lícito ao triunfo da paz e fraternidade humana, da xustiza social e da democracia, defender o réxime republicano, defender os dereitos femininos dese momento e traballar polos non recoñecidos aínda, impulsar a cultura, especialmente a feminina, practicar a beneficencia e a asistencia social, procurar lecer ás asociadas, etc”. A Agrupación declarou que non estaba afiliada a ningún partido político pero actuaría con tendencia francamente...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución creada en xaneiro de 1962 en Santiago de Compostela e promovida por Alexandre Álvarez Coira, Emilio Lavandeira Prieto e Xulio Cabo Rey. A idea xurdira en xullo de 1961 nunha homenaxe ao fotógrafo compostelán Luís Ksado. Trala súa fundación pasou a ser filial da Agrupación Fotográfica Gallega ata o ano 1963, no que se independizou. Formaron parte da súa xunta directiva, Luís Ksado, como presidente, Benxamín A. Lois Rial, Xulio Cabo, Roberto López Freire, Emilio Lavandeira, Cándido Masa, Santos López, Alexandre Álvarez Coira, Manrique Villafranca e Xosé Franco García. Organizou dúas exposicións locais de fotografía, unha monográfica sobre castelos de España, outra de temática relixiosa, tres a nivel nacional e o I Salón Ibérico de Fotografía, tamén coa participación de fotógrafos portugueses. No seu seo naceu en febreiro de 1965 o Cine-Club de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín mensual editado pola Agrupación Fotográfica Compostelana. Incluía información sobre as propias exposicións e mostras de fotografía de diversos autores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización obreira de carácter socialista, fundada en setembro de 1891. Organizaba veladas culturais e as celebracións do Primeiro de Maio e do aniversario da Comuna de París. A Agrupación de Compostela é froito do proceso de expansión do PSOE, sendo a terceira organización deste partido, despois de Ferrol e A Coruña, aparecida en Galicia. Atopou unha boa acollida entre os obreiros da cidade de todos os oficios, polo que constituíu a Federación Local de Trabajadores. Traballou, conxuntamente coas organizacións de Ferrol e A Coruña, cara ao establecemento de núcleos socialistas en Pontevedra, Vigo, Betanzos e Ourense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario político aparecido en Ferrol no ano 1932 no que se formulaban reivindicacións dos obreiros, propostas de folga e asuntos de interese local.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa románica do concello de Carballedo con nave e ábsida rectangular cuberta por unha bóveda de canón apuntada sostida por un arco faixón. Neste edificio, construído arredor do 1220 ou 1225, destaca a influencia dos modelos de basas, capiteis e ventás de Santa María de Oseira, mosteiro cisterciense ao que estivo vinculada dende 1207. Outro dos trazos característicos de Aguada é a diversidade de motivos figurados: serpe atacando a un peixe, arpías, aves afrontadas e figuras humanas portando obxectos nas súas mans.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Utensilio que impide que os libros caian nun andel a medio encher.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Recibir sen ceder o peso dunha cousa ou un esforzo calquera.

    2. Soportar algo que pode agobiante ou frustrante.

    3. Ter conta de algo para que non caia.

    4. Manterse sen caer, sen ceder.

    5. Estar nun lugar ou permanecer sen alteracións.

      1. Suxeitar un cabo ata poñelo tirante facendo forza.

      2. Capear un temporal.

      3. Orde do patrón coa cal o barco debe permanecer no mesmo lugar e non ser levado pola corrente, servíndose para tal fin dos remos ou mesmo do motor. Esta situación prodúcese cando o patrón necesita observar os fondos ou o movemento dos bancos de peixes.

      4. aguantar o rumbo

        Manter o rumbo que teña un barco nun momento dado.

    6. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cambiar unha persoa para ser máis bela.

    2. Forza para aguantar ou aguantarse.

    3. Cantidade de velame que un navío pode soportar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Forza para aguantar ou aguantarse.

    2. Cantidade de velame que un navío pode soportar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cotobade baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pedagogo e educador cubano de orixe portorriqueña. Fundou un laboratorio de investigación pedagóxica para o estudo da infancia. Dirixiu as revistas cubanas Revista de educación e Revista de instrución pública, e publicou numerosas obras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa da parroquia homónima do concello de Barro. Románica de nave única e capela semicircular, conserva interesantes temas esculpidos, tanto nos capiteis do seu interior (nun deles aparece un músico), como nos da porta principal e o seu tímpano, con figuras humanas e animais. Na súa porta occidental denótase unha clara influencia da arte do obradoiro mateano, polo que debeu de ser construída cara ao final do s XII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Realizou o retablo da capela maior da igrexa parroquial de Salta (Vimianzo) e a imaxe da Virxe situada no altar maior desa mesma igrexa.

    VER O DETALLE DO TERMO