"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • Entidade oficial de crédito a longo e medio prazo, constituído en Madrid no ano 1962 como sucesor do Instituto de Crédito para a Reconstrución Nacional, creado no ano 1939 para financiar a reparación dos danos materiais da Guerra Civil española. No 1982 foi disolto debido á súa absorción polo Banco Hipotecario de España (BHE); en 1991 á súa vez integrouse en Argentaria (Corporación Bancaria de España).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Holding bancario creado no 1972 polo paquistaní H. Abedi. Con presenza en sesenta e sete países, foi suspendido no 1991 e conducido á liquidación por mor das súas actividades fraudulentas e ilícitas (droga, terrorismo, corrupción, branqueo de diñeiro).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria internacional de cooperación monetaria e bancaria con sede en Basilea, Suíza, fundada en 1930 e co obxectivo de canalizar os pagamentos impostos a Alemaña en concepto de reparacións trala Primeira Guerra Mundial (1914-1918). A depresión económica mundial da década de 1930 e a moratoria no pagamento das reparacións dende o 1931 dificultaron as súas operacións. A partir dese momento, orientouse cara á cooperación monetaria entre os bancos centrais e as autoridades monetarias dos estados membros. Logo do 1945, tralo nacemento doutras organizacións internacionais de cooperación económica, as operacións do BPI evolucionaron de acordo coas novas necesidades, de xeito que actúa como coordinador dos bancos centrais dos países membros da OCDE. Así mesmo, levaba a xestión da Unión Europea de Pagamentos, figura substituída despois polo Acordo Monetario Europeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria domiciliada en Madrid. Naceu dentro do grupo BBV en 1988 ao fusionarse o Banco del Comercio, entidade comercial filial do Banco de Bilbao, e o Banco de Financiación Industrial/Indubán, vinculado ao Banco de Vizcaya. As súas actividades diríxense á banca de empresas, á banca global e á de particulares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución internacional con sede en Londres creada en 1990 co obxectivo de facilitar a transición dos países europeos de economía planificada cara á economía de mercado. Foi fundado por 30 países: Australia, Canadá, Corea do Sur, os estados europeos, EE UU, Israel, Marrocos, México, Nova Celandia e Xapón, así como polo Banco Europeo de Investimentos e a Comisión Europea. En 1999 estaba constituído por 60 membros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria constituída no ano 1963 coa finalidade principal de facilitar o comercio entre os países socialistas. O capital do banco estaba formado polas achegas dos países fundadores, entre os que se contan: Unión Soviética, a República Democrática Alemana, Checoslovaquia, Polonia, Hungría, Bulgaria, Romanía e Mongolia, aos cales se adheriron Cuba (1974) e Vietnam (1977). Antes da súa existencia, este comercio organizábase mediante acordos bilaterais, de xeito que cada parte entregaba o mesmo que recibía. A rixidez deste sistema fixo que xa dende 1957 se procurase establecer un sistema de cambios multilaterais no que tan só as importacións totais de cada país igualarían as exportacións totais. Dese xeito, creouse unha oficina de compensación en Moscova de escaso resultado práctico. A creación do BIEC supuxo un novo intento de aplicación sistemática das relacións multilaterais. Cando un país exporta, o banco abona o importe na súa conta e cárgao na conta do país importador. O único...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria con sede en Washington e integrada no grupo do Banco Mundial (ás veces trátanse como entidades equivalentes). Os estatutos do BIRF asináronse o 27 de decembro de 1945 por 38 países; sen embargo, non iniciou as súas actividades ata o 25 de xuño de 1946. Un acordo posterior entre o consello de gobernadores do Banco Mundial e as Nacións Unidas, converteu o BIRF nunha entidade bancaria dependente da ONU dende 1947. Entre os países fundadores do BIRF están: EE UU, Reino Unido, Francia e a India. En 1952 incorporáronse Xapón e a República Federal de Alemaña. En 1980 determinouse que tiña que ser a República Popular de China quen representase a China no Banco, substituíndo a Taiwán. Posteriormente, no 1992 incorporáronse Suíza, Rusia e os restantes países da CEI. No ano 2000 os países membros eran máis de 180, entre os que se incluían todos os da Unión Europea e bastantes do Terceiro Mundo. A estrutura orgánica do BIRF componse dunha xunta de gobernadores, que é o órgano deliberante...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria francesa fundada no ano 1966 como resultado da fusión do Banco Nacional para o Comercio e a Industria (constituído no ano 1932) e o Comptoir National d’Escompte de París (fundado no ano 1848). Chegou a ser mediante esa fusión, no 1968, o primeiro banco da Comunidade Económica Europea polo volume de depósitos e o terceiro banco do mundo capitalista. Introduciuse no mercado español no 1981 adoptando o nome de BNP España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade fundada en Barcelona en 1897 ao fusionarse a sociedade aseguradora La Previsión, fundada en 1880, e o Banco Vitalicio de Catalunya, creado en 1881. En 1991 pasou a formar parte do Holding Asegurador Central-Hispano-Generali.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • O antecedente máis claro desta agrupación foi a Banda de Música de Tabagón, fundada en 1880 por Manuel González Groba e dirixida posteriormente por Pablo Piedra González, dende 1925 ata a súa desaparición en 1965. Outros grupos musicais que se poderían considerar como antecedentes son A Banda do Maestro Ulloa, Os Cesteiros de Novás (1933) e Música dos rapaces (1946-1949). O promotor desta iniciativa musical foi José Flores Costas, sendo a presentación da Agrupación Musical do Rosal o 4 de maio de 1986, formada por 40 rapaces e dirixida por Laureano Matos Barcia, que acadou en 1987 o II Premio no Certame de Bandas Populares Galegas de Cangas. Dende finais de 1987 dirixiu a banda José Luís Represas Carrera e o grupo participou en distintos encontros e festivais ata que en 1989 organizou o I Festival de Músicos Xoves. En 1989 a banda contou coa dirección esporádica do profesor Vicente Esparza Roselló, logo retomou a batuta José Luís Represas ata que se fixo cargo da dirección Bolívar González...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Foi protexido dos Medici. Celoso de Michelangelo, en 1534 conseguiu que o seu grupo Hercules e Cacus se colocase á beira do seu David, diante do Pazo da Signoria de Florencia. Os baixorrelevos de mármore do coro do duomo florentino (1555-1557), dunha gran calidade, son a súa mellor obra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liga nobiliaria polaca constituída en 1768 baixo a dirección de Michal Krasinskii Kazimierz Pulaski. Loitou, co apoio de Francia, contra a intromisión rusa no goberno do país e foi feito prisioneiro polo Rei Estanislau II Poniatoeski (1771), pero foi vencida en 1772. Non puido evitar a primeira repartición de Polonia (1772).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proba utilizada para diferenciar quimicamente os monosacáridos dos disacáridos, engadindo unha mestura de ácido etanoico e acetato de cobre (II) á solución a estudiar. Baséase no carácter máis redutor dos monosacáridos, que precipitan máis rapidamente o cobre reducido en forma de óxido cuproso avermellado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ignacio Nóvoa Basallo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trala morte do xeneral Francisco Franco, Xefe do Estado, o 20 de novembro de 1975, e diante da perspectiva dunha posible ruptura constitucional do réxime que encarnaba, o Consello de Forzas Políticas Galegas -integrado polo Partido Galego Social-Demócrata, o Partido Socialista Galego e a Unión do Povo Galego- acordou plasmar nun documento os puntos mínimos irrenunciables para a súa participación no proceso de reforma. O Consello aprobou o 7 de abril de 1976 as Bases Constitucionais para a participación da Nación Galega nun Pacto Federal e de Goberno Provisorio Galego e o Proiecto de Medidas Económicas para un Programa de Goberno Provisório Galego. A UPG preparou en abril de 1976 unha edición dos documentos co obxectivo de someter o seu contido á máis ampla discusión. O Proiecto pretendía trazar un esquema xeral dos principios e obxectivos que deberían presidir e orientar, respectivamente, a concepción dunha política de desenvolvemento para Galicia e, máis en concreto,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Principios nos que se centraron os obxectivos do rexionalismo galego. Foron elaboradas por Alfredo Brañas en 1892 coa axuda de Pereiro Romero, Cabeza de León e Álvarez Ínsua, conforme ao patrón das Bases de Manresa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Bizancio (867-886), coñecido como o Macedonio, fundador da dinastía macedónica. De orixe modesta, converteuse en confidente do Emperador Miguel III, a quen fixo asasinar no 867. Recoñecido Emperador, restableceu o creto do malparado tesouro público e reorganizou a administración de xustiza e o exército. Intentou reconciliar a igrexa grega coa romana, motivo polo que destituíu o patriarca Focio por Ignacio (seguindo os desexos do Papa) e reuniu o VIII Concilio Ecuménico en Constantinopla (869-870). Consolidou a presenza bizantina en Rusia, Macedonia, Serbia e Bulgaria, expulsou os árabes de Asia Menor e tentou restaurar a autoridade do Imperio Bizantino sobre a Italia meridional (reconquista de Benevento e Bari). Baixo o seu reinado principiou a reforma legal coa publicación de dous manuais: o Prókeheiros nómos (Manual de dereito) e o Epanagogé. Asociou ao trono os seus fillos Constantino e León; sucedeuno este último.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Bizancio (976-1025), coñecido como Bulgaróctonos ‘matador de búlgaros’. Fillo de Romano II e de Teofán, o seu reinado principiou á morte de Xoán I Tzimisces (976). No 996 iniciou a loita contra Bulgaria e no 1014, trala derrota definitiva do Tsar búlgaro Samuel, converteuna en provincia bizantina (1018). Fixo fracasar a insurrección dos grandes propietarios rurais en Asia Menor e promulgou diversas medidas que favorecían os labregos. Consolidou o dominio do Imperio en Siria e na Italia do Sur.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e militar. Foi o home forte do país dende a década dos anos trinta ata o triunfo da Revolución Cubana. Alistouse no Exército en 1921 e no ano 1933 dirixiu o golpe de Estado que derrocaría o Presidente Carlos Manuel de Céspedes, fillo do primeiro Presidente da República. Convertido en xefe supremo do Exército, fíxose co control do goberno cubano a través dunha serie de gobernos títeres, nos que influíu tanto na súa elección como na súa destitución. En 1940 gañou as eleccións, grazas a ter todo o aparato do Estado ao seu favor, e pasou a ocupar a presidencia ata 1944, momento no que saíu derrotado fronte ao ex-presidente Ramón Grau San Martín. As medidas que levou a cabo tiveron un marcado carácter populista, buscando o apoio das masas mediante a promoción das obras públicas, a educación e a sanidade. En 1952 protagonizou un golpe militar, consentido polos EE UU, contra o entón Presidente Carlos Prío Socarrás, dando lugar a unha ditadura persoal caracterizada pola brutalidade e a...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos anfibios.

    2. Denominación que reciben os anfibios, especialmente as ras e os sapos.

    VER O DETALLE DO TERMO