"Lac" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 769.

    1. Lámina ríxida de metal, madeira, plástico, ou outro material, xeralmente destinada a ser aplicada sobre unha superficie plana.

    2. Estrutura, xeralmente de formigón armado, ou doutros materiais, que cobre unha superficie ou que serve de base para outra estrutura ou construción.

    3. Parte superior dunha cociña con fogóns integrados sobre unha prancha metálica, de pouco grosor, que se encasta dentro dunha abertura practicada nun mármore ou moble, de xeito que constitúe xunto con el unha superficie case continua.

    4. Lámina de vidro recuberta nunha das súas caras dunha emulsión fotosensible que serve para obter probas fotográficas negativas.

    5. Disco de gramófono

    6. placa calefactora

      Calefactor formado por unha prancha quentada por resistencias eléctricas ou por gas, que se emprega para quentar recipientes, especialmente cando estes conteñen disolventes inflamables.

    7. placa de asentamento

      Placa destinada a garantir o carácter plano do soporte con escorregamento dun elemento metálico ou dun material diferente (formigón, neopreno, etc).

    8. placa de carga

      Dispositivo utilizado en probas do mesmo nome, destinadas a coñecer as condicións de asentamento dunha zona do terreo ou do firme dunha vía baixo o efecto dunha carga estática normalizada, aplicada por graos, a un ritmo tamén normalizado.

    9. placa de fixación dos tubos

      Cada unha das placas situadas nos extremos dunha caldeira ou dun cambiador de calor, provistos de buracos que se fixan nos tubos.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Interceptar, en rugby, o avance dun contrario que ten a pelota, suxeitándoo pola cintura ou polas coxas cos brazos e facéndoo caer a terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de placar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Falso medicamento preparado co mesmo aspecto ca un medicamento determinado, pero que non contén máis ca producos inertes sen principios activos. Empréganse en farmacoloxía clínica para conseguir un efecto psicoterapéutico, co fin de diferenciar o efecto real dun medicamento en ensaios do efecto debido á suxestión.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Órgano materno dos mamíferos terios, que consiste nunha zona de contacto entre o útero e o corion e o alantoide do embrión, a través do que se establece, durante a xestación, o intercambio de osíxeno e de substancias nutritivas da nai ao embrión e de dióxido de carbono e de produtos do metabolismo do embrión á nai. No home, ao termo da xestación ten forma de torta aplanada de consistencia mol e esponxosa. Na cara fetal, envolta polo amnio e en relación coa cavidade amniótica fetal, insírese o cordón umbilical, portador do sangue ao feto.

      2. placenta previa

        Placenta que se insire no segmento inferior uterino. Durante o parto preséntase antes ca o feto e pode ser causa de importantes hemorraxias.

      1. Parte resaltada do carpelo onde se insire un primordio seminal.

      2. Protuberancia de tecido foliar de onde arrincan os esporanxios nos soros das pteridófitas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Forma de implantación dos tecidos embrionarios na placenta. Distínguese a placentación difusa, propia dos artiodáctilos, na que os tecidos embrionarios presentan moi poucos entrantes que penetran no endometrio materno, a placentación anular, propia dos carnívoros e doutros animais, na que as vilosidades ou entrantes do embrión forman un anel cilíndrico ao redor do endometrio, e a placentación hemocorial, na que as vilosidades do corion ao penetraren no endometrio e destruíren os tecidos imprégnanse do sangue dos capilares maternos destruídos.

    2. Disposición das placentas, e polo tanto dos primordios seminais, no ovario e nos carpelos. Segundo a posición dos primordios seminais no ovario, hai unha placentación central ou axial se se sitúan no eixe, e unha placentación parietal, se se atopan nas paredes dos ovarios. En canto á posición dos primordios seminais no carpelo, distínguese unha placentación marxinal, se se insiren na marxe do carpelo, e unha placentación laminar, cando se sitúan na lámina carpelar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • placentario.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á placenta.

      1. Relativo ou pertencente aos placentarios.

      2. Mamífero da infraclase dos placentarios.

      3. Infraclase de mamíferos terios caracterizados polo feito de reter as crías durante un tempo considerable dentro do útero, alimentándoas por medio dunha placenta formada polo alantoide.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Piacenza ou aos seus habitantes.

      2. Natural ou habitante de Piacenza.

      1. Relativo ou pertencente a Plasencia ou aos seus habitantes.

      2. Natural ou habitante de Plasencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inflamación da placenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exame radiolóxico que se practica sobre a placenta, tras a inxección na aorta abdominal dunha substancia opaca. Tamén se pode realizar mediante unha ecografía bidimendional por ultrasóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Neoplasia formada a partir dunha porción de placenta retida despois dun aborto ou dun parto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e xornalista. Iniciou os seus estudos de dereito en Santiago de Compostela e licenciouse en Oviedo. Colaborador de El Heraldo Gallego, director de La Ilustración Gallega y Asturiana, onde publicou algunhas poesías en galego, e fundador de varios xornais en Madrid, foi tamén director de La Europa e El Norte. Manifestou as súas ideas monárquicas como militante do partido reformista no folleto La izquierda dinástica, que asinou co pseudónimo de Mr. Wihg, e varios artigos e novelas curtas baixo o título de Juvenilia, con prólogo de Murguía, editados na Biblioteca Gallega en 1893.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Frade mercedario e escritor. Cofundador de Logos e colaborador de diversas publicacións, como Nós e Misión, e do Seminario de Estudos Galegos, relacionouse co círculo intelectual do galeguismo. Na súa obra tense ocupado de temas relacionados con Galicia e de autores como Airas Nunes, Pero d’Armea, Tirso de Molina e Rosalía de Castro. Publicou a recompilación da poesía de Francisco María de la Iglesia D’o mar e d’a terra (1930) e o estudo A espiritualidade do Cancioneiro da Vaticana (1936), así como o libro de poesías Algas (1959). É tamén autor do estudo biobibliográfico Fray Serafín de Freitas (1956), da biografía Fray Bartolomé de Olmedo, capellán de los conquistadores de Méjico (1961), da extensa Bibliografía mercedaria (1963 e 1968), da colección de artigos sobre Pontedeume Crónicas de mi rincón natal (1977) e do estudo Trahamunda, a santa de Poio (1990), en colaboración con Xosé S. Crespo...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Consentimento do poder civil a unha disposición ou promulgación da autoridade eclesiástica, nos países en que as relacións entre a Igrexa e o Estado se rexen por normas concordatorias.

    2. Consentimento que un estado dá a outro, co que acepta como persoa grata o representante diplomático que se quere enviar. Posteriormente é necesario a entrega das cartas credenciais.

    3. Fórmula de adhesión ou voto positivo nun concilio.

    4. Aprobación favorable ou consentimento que se dá a algo ou a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade ou estado de plácido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está tranquilo ou en calma ou que produce sensacións agradables.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación sen ánimo de lucro declarada de interese galega, integrada polos concellos de Cambados e Vilagarcía de Arousa, a Asociación de Tradutores Galegos e o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI). O seu obxectivo principal é dar a coñecer a vida, obra e pensamento de Plácido Ramón Castro del Río. Desde o ano 2000 e cada 25 de xaneiro celebra a Conferencia Anual Plácido Castro en memoria deste galeguista e en 2001 instituíu o Premio de Tradución Plácido Castro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso beneditino. Fillo do patricio Tertulio, San Bieito mandouno a Sicilia, onde fundou os primeiros mosteiros da orde. Houbo de afogar no lago Subiaco pero foi salvado milagrosamente por san Mauro, a quen mandara san Bieito; por iso se considera patrón dos afogados. Segundo a lenda, uns corsarios mouros martirizárono xunto con outros monxes. Na súa iconografía viste o hábito negro dos beneditinos con báculo de abade e porta a palma do martirio; ocasionalmente tamén leva un corte no pescozo e sinala a boca cun dedo, xa que lle cortaron a lingua antes de degolalo. A súa festividade celebrábase o 5 de outubro, ata que o Concilio Vaticano II o eliminou do calendario litúrxico universal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo de orixe latina derivado de placĭdus, co significado de ‘plácido, suave, tranquilo’, por derivación do verbo placeo ‘pracer’, que designaba aquilo que era ‘agradable’. Por influencia de pax ‘paz’ adquiriu o sentido de ‘quedo, apracible, sosegado’. Presenta como hipocorístico a forma Pacho. Con este nome destacan san Plácido (s VI), que fundou os primeiros mosteiros beneditinos en Sicilia, e santa Plácida de Rubiáns, virxe e mártir, cuxas reliquias viaxaron do cemiterio de San Ciríaco de Roma á súa igrexa parroquial en Galicia. A festividade de san Plácido celebrábase o 5 de outubro, ata que o Concilio Vaticano II o eliminou do calendario litúrxico universal, mentres que a santa de Rubiáns se celebra o primeiro domingo de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO