"OMI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1140.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fondo complementario da Comunidade Económica Europea dedicado a proxectos que contribúan a acadar os obxectivos fixados no Tratado da Unión Europea, nos sectores de medio ambiente e das redes transeuropeas de infraestruturas de transporte e nos estados membros cun produto nacional bruto inferior ao 90% da media comunitaria. O seu fin é fomentar a cohesión económica e social e a solidariedade entre os estados membros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Editorial fundada en México o 13 de setembro de 1943 e asociada ao Banco Nacional Hipotecario y de Obras Públicas. Posteriormente, ligouse ao Banco de México e logo ao goberno estatal. As súas dúas primeiras obras foron El dólar de prata (1944), de W. P. Shea, e Karl Marx (1944), de H. J. Laski. Malia que naceu coa pretensión de publicar obras relacionadas coa economía, co tempo ampliou a súa actividade cara ás humanidades e as ciencias sociais. En 1984 celebrou o seu cincuenta aniversario coa publicación de El libro de los seres imaginarios, de J. L. Borges. Con máis de tres mil títulos editados e máis de dúas mil cincocentas reimpresións, a súa tiraxe total supera os trinta e cinco millóns de libros. Edita a revista La Gaceta e colabora asiduamente coa UNESCO.
-
GALICIA
Xeógrafo, matemático e político. Na Universidade de Santiago de Compostela doutorouse en Teoloxía en 1812 e en Artes en 1814; tamén obtivo o grao de bacharel en leis e canons. Na universidade compostelá foi profesor de retórica, lóxica e matemáticas, ata que en 1818 gañou a cátedra desta última especialidade. En 1817 comezou a traballar na Carta Geométrica de Galicia, que rematou en 1834 (aínda que a impresión do mapa demorouse ata 1845). A súa actividade política liberal levouno a ser procesado pola Real Audiencia en 1814; en 1815 restituíronlle os seus dereitos. Adherido ao levatamento de 1820, foi secretario da Deputación Provincial de Galicia. En 1825 sufriu novas represalias políticas, que cesaron en 1826. En 1834 obtivo a cátedra de Física, Mecánica e Delineación na Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago. Co cambio de réxime foi nomeado director do Observatorio Astronómico de Madrid e catedrático da Escuela de Ingenieros Geógrafos. Entre 1836 e 1844 foi deputado en...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antibiótico que se obtén por fermentación de cepas de Streptomyces fradiae. É activa contra bacterias Gram-positivas e Gram-negativas. O seu mecanismo de acción baséase na inhibición do enzima que participa na biosíntese dos peptidoglicanos da parede bacteriana. Adminístrase en forma de sal sódico ou cálcico, e por vía oral.
-
-
Sistema de impresión en cores que utiliza os clixés correspondentes ás tres cores básicas e á cor negra.
-
Procedemento fotográfico que se emprega para reproducir os obxectos coas súas cores naturais.
-
-
-
Técnica de obtención de fotografías de obxectos invisibles a simple vista mediante a aplicación dunha cámara fotográfica a un microscopio.
-
Fotografía obtida con esta técnica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á fotomicrografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Freixomil.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que trae por armas un escudo partido: primeira partición, en campo de prata, cun freixo, de sinople; segunda partición, en campo de goles, con tres bandas, de prata. Outra variante leva, en campo de ouro, tres bandas, de goles; e, brochante sobre el todo, un piñeiro, de sinople. Tamén se recolle coa forma castelanizada Freijomil.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sección dun nervio frénico.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Ourense a partir de 1985 e subtitulada “O Fanzine chachi piruli de Ourense”. Ata a súa desaparición en 1993 publicou sete números e dous especiais (un sobre zombis e outro sobre o Pelegrín). Co apoio da Casa da Xuventude de Ourense, consolidouse durante este período como a principal publicación de banda deseñada de Galicia. A súa orixe está na unión doutras dúas publicacións, Barbaña Cómics e El Vómito del Diablo, aos que se engadiron despois os promotores de Os Graxos da Burga e, desde o quinto número, o colectivo Phanzynex. Cunha tiraxe considerable, distribuíuse por toda Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Palencia, Castela e León, situado no Camiño francés de peregrinación a Santiago (1041 h [1996]). Localizado en Tierra de Campos, atravésao o canal de Castela. A súa base económica é o cultivo de cereais, a gandería lanar e a industria fariñeira. Do seu patrimonio cultural destaca a igrexa de San Martín de Frómista.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa situada en Frómista. De orixe románica, sufriu unha polémica restauración entre 1896 e 1904. Prototipo da arquitectura románica do s XI, caracterízase polas súas proporcións e polo equilibrio entre as liñas horizontais das naves e a verticalidade das ábsidas e das torres e entre os elementos arquitectónicos e escultóricos. Ten tres naves, a central máis ancha e alta ca as laterais, con cúpula no cruceiro e tres ábsidas semicirculares, a central de maior desenvolvemento. As naves cóbrense con bóvedas de canón. No interior destaca a variada decoración dos capiteis con representacións vexetais, zoomórficas e humanas. As portadas sobresaen do muro e cóbrense con beiril soportado por canzorros de animais, motivos vexetais e personaxes humanos. Declarárona Ben de Interese Cultural en 1894.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. En 1871 obtivo o título de mestre de obras e en 1874 conseguiu a praza de mestre de obras militares de terceira clase e foi destinado á comandancia de Vigo, cidade na que acadou o posto de director facultativo das obras municipais. Foi profesor de debuxo da Escola de Artes e Oficios. Paralelamente ao seu emprego como técnico militar, desenvolveu un amplo labor como arquitecto civil e, ao non ter o título oficial de arquitecto, tivo problemas coa Junta Central de Arquitectos e coa Asociación de Arquitectos de Galicia, pero contou co apoio do concello vigués. A súa obra, de carácter ecléctico e monumental, asumiu as novas tendencias modernistas. Entre as numerosas obras que realizou en Vigo destacan as casas de Manuel Bárcena na rúa Policarpo Sanz (1879-1884); a de Pedro Román, sede do antigo Casino e convertida en Biblioteca Central (1889); a de Prudencio Nandín na praza de Compostela (1892-1902); a casa de Ledo na porta do Sol (1893); a de Felipe Collazo na avenida de Montero...
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do ken de Shizuoka, na illa de Honshū, Xapón, situada ao pé do Fuji-San, na vertente occidental (117.624 h [1991]). Ten actividade industrial. Do seu patrimonio cultural destaca o santuario sintoísta de Sengen (s IX).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico de tendencia conservadora editado na Coruña a partir de 1820. Levaba como subtítulo “Año 1º del heroyco alzamiento de esta capital, y el 10 de la promulgación de la Constitución política de la Monarquía en Cádiz”. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Vila e, posteriormente, nos de Pascual Arza. Incluíu noticias estranxeiras, de ultramar, nacionais e información sobre os acordos das Cortes de Cádiz.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en outubro de 1992 na Coruña. Editada por Gestiplan SL, da súa dirección encargábase José Mª Rey Montes. Subtitulouse “Revista de información económica y política”. Tal e como sinala o seu subtítulo, incluíu datos sobre a política que se desenvolvía nas distintas administracións galegas e artigos de carácter económico, centrados nas principais industrias de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Pontevedra a partir do 8 de novembro de 1885. Cesou a súa edición o 25 de abril de 1886. Subtitulouse “Periódico semanal festivo-caricaturesco”. Dirixiuna Torcuato Ulloa. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Carragal Puga. Incluíu, ademais de artigos de opinión, poemas en castelán e galego e algúns contos.
VER O DETALLE DO TERMO -
SEMANARIOS
Semanario satírico ilustrado editado na Coruña entre finais do s XIX e principios do XX. Fundouno e dirixiuno Eladio Fernández Diéguez.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquiveira. Licenciada en Filosofía e Letras, dirixiu o Arquivo da Delegación de Facenda en Vigo (1958) e foi bibliotecaria da Fundación Penzol. Foi directora do Arquivo Histórico Provincial de Ourense (1969) e do Arquivo da Delegación de Facenda en Ourense. Entre as súas obras destacan Archivo Histórico Provincial de Orense: guía del investigador (1977), El Archivo del Monasterio de Celanova (1991), As Barcas e os barcos de pasaxe na provincia de Ourense no antigo réxime (1999), A Cidade de Ourense: unha visión a través dos séculos (2001). Membro correspondente da Real Academia de la Historia (1980), recibiu, entre outras distincións, o Lazo de la Orden de Alfonso X (1974).
VER O DETALLE DO TERMO