"PAL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 751.
-
-
Que ten forma de palma ou de palmeira.
-
Aplícase, na arte exipcia, á columna con capitel formado por follas de palmeira estilizadas e colocadas verticalmente.
-
-
-
Que ten as dedas unidas por unha membrana.
-
-
Relativo ou pertencente aos palmípedes.
-
Ave da antiga orde dos palmípedes.
-
Antiga orde de aves, establecida por G. Cuvier, que comprendía entre outras, os pingüíns, os pelicanos, os flamengos, as garzas e os abetouros. Esta clasificación quedou obsoleta.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome dado polos gregos a Tadmor, antiga cidade-estado do deserto sirio-arábico, situada a 145 km ao L de Homs. Documentada no II milenio a C, Salomón fortificouna (950? a C) e a partir do s III a C foi un importante centro comercial de Oriente e Occidente. Conquistada por Tiberio (14-37) e sometida ao gobernador de Siria, coñeceuse como Hadriana Palmira (129) e converteuse en colonia romana (215?) en tempos de Caracalla, momento en que tivo o seu máximo desenvolvemento comercial, chegando ata India e Occidente. A expansión dos sasánidas de Persia e a mingua do poder romano favoreceron a súa autonomía, facilitada polo árabe Odainath, asasinado por Zenobia, que posteriormente foi proclamada raíña polo seu fillo Wahballat. Conquistada por Abū Bakr al- Ṣ iddīq (634), formou parte do Califato de Damasco. Coñécese o plano da antiga cidade e descubríronse numerosos monumentos influídos polas artes grega, mesopotámica e persa. Foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1980).
-
CIDADES
Cidade do departamento de Valle del Cauca, Colombia, situada á beira do río Cauca (226.509 h [1999]). É a segunda cidade en poboación do departamento, e a capital agrícola de Colombia.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente á antiga cidade de Palmira, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante da antiga cidade de Palmira.
-
ariedade do arameo occidental, testemuñada a través das inscricións de Palmira (ss I-III), onde se encontraron inscricións en palmireno ao lado de inscricións redactadas en latín, grego, ou bilingües (grego e arameo). O palmireno está estreitamente relacionado co arameo do Imperio, pero presenta innovacións ortográficas e gramaticais, que se explican polo seu desenvolvemento autónomo e pola influencia do arameo oriental, a causa do comercio dos palmirenos con Mesopotamia. Usaba un alfabeto propio.
-
-
PERSOEIRO
Humanista. Catedrático de Retórica en Zaragoza e València (1561-1579), foi un dos epígonos do erasmismo español. Destaca a súa extensa obra didáctica formada por diversos opúsculos como De vera et facili imitatione Ciceronis (1560), El latino de repente (1573), Rhetorica (1567) e Vocabulario del humanista (1569). A disertación Campi eloquentiae (1573) marcou a plenitude do latín ciceroniano. Traduciu ao castelán as Elegantiae de Paulo Manucio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo que ten a súa orixe no nome da cidade de Palmira (Siria), equivalente ao hebreo Tadmor. Tamén se considera como derivado de palma, nome que se lle dá á celebración do domingo de Ramos, e de onde pasou a denominar os palmeiros, peregrinos a Terra Santa, que levaban unha palma como símbolo. A súa festividade celébrase o domingo de Ramos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calquera sal ou éster do ácido palmítico. Dos sales metálicos, que se coñecen como xabóns, destacan o monopalmitato de aluminio, Al(OH)2(C16H31O2), que se emprega como impermeabilizante nas industrias de curtido, papel e téxtiles, e o palmitato de cinc Zn(C16H31O2)2, que se emprega como aditivo do caucho e lubricante na industria dos plásticos. Dos alcalinos, o sódico e o potásico interveñen na composición de moitos xabóns de baño. Entre os ésteres destacan o palmitato de cetilo, principal compoñente do espermaceti, e a palmitina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ácido carboxílico saturado presente na constitución das graxas vexetais e animais, que se emprega na manufactura de xabóns e na obtención de palmitatos metálicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Triglicérido do ácido palmítico, que se emprega en medicina e nas industrias do xabón e do coiro.
-
-
Nome que se dá a diversas palmeiras de América meridional, especialmente á especie Euterpe Edulis, que presentan brotes comestibles.
-
Gromo tenro e comestible da especie de palmeiras Euterpe Edulis.
-
-
-
Enfermidade das vacas que produce inflamación dos ubres e presenza de sangue no leite.
-
Medida lineal aproximativa de arredor de 21 cm, na que se toma en conta a distancia que hai entre a punta do dedo polgar e a do dedo maimiño, tendo a man aberta e os dedos estendidos.
-
Medida que se utiliza para cubicar a madeira.
-
Medida antiga que equivalía aos catro dedos da man unidos.
-
-
-
Medida lineal aproximativa de arredor de 21 cm, na que se toma en conta a distancia que hai entre a punta do dedo polgar e a do dedo maimiño, tendo a man aberta e os dedos estendidos.
-
Medida que se utiliza para cubicar a madeira.
-
Medida antiga que equivalía aos catro dedos da man unidos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade das vacas que produce inflamación dos ubres e presenza de sangue no leite.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sufrir palmoeira a vaca.
-
-
GALICIA
Avogado e político. Foi asesor xurídico da Semana Verde de Galicia (1982-1991) e secretario xeral letrado da Fundación Semana Verde de Galicia (1991-1996). Elixido deputado no Parlamento de Galicia desde 1989, foi conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais (1996-1999) e presidiu, entre 1996 e 1998, a Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA). É secretario xeral do PP de Galicia desde 1999 e conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local desde 2003. Recibiu a Cruz de Honor de San Raimundo de Peñafort (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Colaborador de publicacións como Serra d’Or e El Pont, destacan as suas obras poéticas Lotus (1972), L’aneguet lleig (1977) e El porxo de las mirades (1982, Premi Carles Riba). Como narrador publicou a triloxía El jardí dels set crepuscles (1989, Premi Joan Creixell, Premi Serra d’Or e Premio Nacional de la Crítica 1990), o libro de contos Contes per a vells adolescents (1998, Premi Víctor Català 1997), El Quincorn (1998, Premi Sant Jordi) e o libro de aforismos Els proverbis (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Berenguer de Palol.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Anélido do arquipélago de Samoa, que sofre o proceso de epitoquia, en que se produce a reprodución sincronizada e en que aparecen individuos especializados que ascenden á superficie para liberar os gametos.