"Rel" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 842.

  • Relativo ou pertencente á relación ou a unha relación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Establecer unha relación entre dúas ou máis persoas ou cousas.

    2. Facer relación dun feito.

    3. Manter unha relación con algo ou alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Utensilio de cociña que consiste nunha lámina metálica chea de pequenos furados cos bordos saíntes e aguzados que se emprega para relar algúns alimentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pasar repetidas veces a lingua por algunha cousa.

    2. Pasar unha ou máis veces a lingua polos labios.

    3. Atopar satisfacción con algunha cousa de carácter material ou inmaterial.

    4. Arreglarse en exceso, especialmente o rostro con enfeites.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafa. De nome Regina Lang, estudou pintura en Stuttgart, Berlín e París, aínda que logo se decantou pola fotografía, influída pola súa irmá. Das súas viaxes polo S de Europa (1934-1939) saíron numerosas series fotográficas pero, de volta a Alemaña, dedicouse á fotografía de moda. Traballou para Vogue (1938), Die Dame (1940-1942) e Madame (1956). Instalada en Múnic (1948), publicou Dreißig Jahre Made Paris (1982), Dreißig Jahre Made Italien (1983) e Faszination Hüte (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de relanzar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte dun río onde a corrente de auga se fai moi lenta ou se detén.

    2. Cada unha das superficies planas dunha escaleira ao final dun tramo, especialmente nos ángulos do oco da escaleira.

    3. Zona plana que interrompe a pendente dun camiño ou dun terreo.

    4. Cambio moi pronunciado na dirección dun camiño, dunha rúa ou dunha estrada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen recae nunha herexía da que abxurara. No Tribunal da Inquisición o reo relapso merecía automaticamente o encarceramento e, a partir de mediados do s XIII, era condenado a morte e relaxado.

    2. Que ou quen reincide ou incorre de novo nun pecado do que xa fora absolto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Esmiuzar ou dividir unha cousa en anacos moi pequenos, especialmente ao pasala polo relador.

    2. Separar a casca do liño da fibra pasándolle o relo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Carballo (Taboada). Realizada en cachotaría e cantaría de granito, a maior parte do conxunto data do s XVIII, aínda que está documentada a súa existencia xa no s XV. Ten planta rectangular con varias dependencias acaroadas. Na fachada principal destaca a solaina, que se abre a un patio exterior, e un escudo coas armas dos Camba, Ulloa e Taboada. Rodeada dun muro, no terreo sitúanse diversas dependencias adxectivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expoñer un feito real ou imaxinario de forma oral ou escrita.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de relativo.

    2. Conxunto de postulados e formulismos que dan unha explicación do mundo físico máis ampla ca a denominada mecánica clásica, de acordo coas experiencias sobre o electromagnetismo desenvolvidas na segunda metade do s XIX. Foi exposta en 1905 por Einstein. A modificación dos conceptos tradicionais comezou coa discrepancia entre os postulados do movemento relativo newtoniano e o experimento de Michelson Morley (1881), que determinou a constancia da velocidade da luz no baleiro e a existencia do éter. H. Lorentz supuxo en 1895 que todos os corpos en movemento respecto ao éter teñen tendencia a contraerse no sentido do movemento, hipótese que non contradicía a mecánica clásica. A teoría da relatividade deduce a contracción de Lorentz a partir dun reformulamento dos conceptos de tempo e espazo da física clásica e establece que a propagación dunha interacción non é instantánea, como postula a mecánica clásica, senón que ten un valor finito, que é o da velocidade da luz, e é constante en todos os...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tendencia ou doutrina segundo a cal todo é relativo e, en consecuencia, non se pode coñecer nada dun xeito absoluto ou cun criterio estritamente obxectivo xa que o coñecemento vese como puramente relativo ao suxeito. Polo que respecta á ética, asúmese en sentido estrito, xa que o valor moral dunha acción ou decisión vese como dependente das circunstancias e relativo a elas. Nun sentido lóxico-epistemolóxico noméase a miúdo subxectivismo, e en relación a un suxeito humano xenérico denomínase antropoloxismo ou relativismo antropolóxico. No sentido xeral e cando se afirma radicalmente, conduce loxicamente ao escepticismo e, despois, ao nihilismo.

    2. Principio que sostén a igualdade intrínseca de todos os sistemas culturais e que os seus diferentes aspectos deben ser analizados segundo os patróns e os criterios propios da mesma cultura que os contén.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao relativismo.

      2. Seguidor do relativismo.

    1. Que se lle pode aplicar a teoría da relatividade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de relativizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que fai referencia ou mantén algún tipo de relación con algo ou alguén.

    2. Que mantén unha relación de subordinación ou comparación respecto a algo ou alguén do que depende para acadar unha definición plena.

    3. Que é parcial ou non completo.

    4. Aplícase á relación que existe entre dous tons, un maior e outro menor, cuxas tónicas están situadas a unha distancia dunha terceira menor e que teñen a mesma armadura na clave.

    5. Aplícase ao elemento lingüístico que se caracteriza por ser nexo subordinante con capacidade anafórica e, ademais, cumprir unha función pronominal ou adverbial dentro da oración que introduce ou dentro dun dos seus constituíntes. Algúns relativos son invariables (que, quen, onde, cando, como) e outros presentan variación (canto, canta, cantos, cantas; cuxo, cuxa, cuxos, cuxas; o que, a que, os que, as que; o cal, a cal, os cales, as cales). Funcionalmente, na maior parte dos casos, son frases (núcleo de frases). Uns son núcelo de FN (relativos pronominais, substitutos ou autónomos) e outros de FAdv (relativos adverbiais). Ademais o cal, canto e cuxo tamén poden funcionar como determinantes. Na maior parte das súas construcións, o relativo precisa dun elemento contextual correferente con el, cos mesmos trazos semánticos, e que non ten necesariamente que cumprir a mesma función sintáctica. Este elemento denomínase antecedente...

    VER O DETALLE DO TERMO