"Rin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1743.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Centro de formación dos oficiais dos distintos corpos da Armada Española situado en Marín. A súa orixe está na Real Compañía de Guardias Marinas creada por J. Patiño en 1717 e instalada no castelo da Villa de Cádiz, e nas dúas compañías creadas en 1776 con sede en Ferrol e Cartagena. En 1824 as tres compañías departamentais xuntáronse no Colegio Real y Militar de Guardias Marinas con sede no Arsenal de La Carraca (Cádiz) que funcionou ata 1828. En 1842 creouse o Colegio Naval en San Carlos e en 1870 a Escuela Naval Flotante na fragata Asturias, con sede en Ferrol e que permaneceu aberta ata 1909. A Escuela Naval Militar creouse en 1913 en San Fernando (Cádiz) e en 1943 trasladouse a Marín, onde se creara en 1931 a Escuela de Artillería y Tiro Naval. Entre as distintas actividades formativas cómpre destacar o cruceiro de instrución a bordo do buque-escola J. S. Elcano, realizado no terceiro curso e cunha duración non inferior a seis meses. A festividade do Carme, o 16 de xullo, celébrase...
-
GALICIA
Empresario. Foi presidente de ACTEMSA e Escurís, e fundador de Tunaliment SA e Cartogal (Cartón Galicia SA). Recibiu a medalla ao mérito do traballo da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa situada en Santiago de Requeixo (Chantada). Construída no s XVIII, ten unha soa nave. O presbiterio cóbrese cunha falsa bóveda e o arco triunfal é semicircular. No interior conserva retablos neoclásicos do s XIX. A fachada, reformada despois da súa construción, ten unha espadana de dous vans.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista deportiva trimestral aparecida na Coruña en novembro de 1999 e editada por Canle de Comunicación SL. Dirixida por Juan Carlos Rodríguez Sánchez e distribuída por Editorial 9, inclúe información sobre bioloxía, arqueoloxía submarina, turismo náutico, pesca e fotografía submarina. Ademais, trata temas relacionados coa gastronomía e as rutas de ocio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista fundada en México en 1940 por intelectuais españois no exilio. Patrocinada pola Junta de Cultura Española, o seu director foi José Bergamín e o seu redactor xefe Juan Larrea. Trátase dunha publicación sen liña estética ou política definida, na que se reflectía a situación dos exiliados políticos no país.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proteína presente na membrana dos eritrocitos que é a responsable de fixar a dobre capa de lípidos no citoesqueleto. Realiza un papel fundamental no mantemento da forma discoide destas células. As alteracións na espectrina repercuten na forma dos eritrocitos que se volve máis redonda e menos deformable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia que forma parte da maioría das graxas sólidas vexetais e animais, especialmente do sebo. Pódese obter por reacción do ácido esteárico con glicerol en presenza do Al2O3. É incolora, insípida, soluble en etanol e cloroformo e insoluble en auga. Emprégase na fabricación de candeas e xabóns, no puído de metais e tamén como impermeabilizante en industrias téxtiles e papeleiras. Tamén recibe o nome de triestearina.
-
PERSOEIRO
Arquitecto. Estudiou na Escuela Superior de Arquitectura de Madrid, onde coñeceu a Antonio Tenreiro, co que colaborou entre 1921 e 1969. En 1921 iniciaron a construción do Banco Pastor da Coruña; nel empregaron o formigón armado e un vocabulario próximo ao eclecticismo historicista que tentaba enlazar coa arquitectura do rañaceos da Escola de Chicago. A súa colaboración serviu para depurar o eclecticismo e introducir os novos criterios xurdidos do Grupo de Artistas y Técnicos Españoles para el Progreso de la Arquitectura Contemporánea (GATEPAC). Na transformación da fronte do Cantón herculino empregaron as novas tecnoloxías aplicadas á construción. Entre as construcións realizadas en colaboración destacan as casas Barrié (1926), Montero (1926) e Estúa (1928). No Cine Savoy (1931) introduciron elementos expresionistas ou de arte decorativa na utilización das formas curvas nos balcóns. Durante a primeira metade dos anos 30 traballaron na proxección de numerosos edificios do ensanche coruñés,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militante anarcosindicalista. Tomou contacto co obreirismo organizado en Bos Aires, a onde emigrara moi novo. Cando traballaba de cargador no porto, participou en diversos conflitos laborais e integrouse na Federación Obrera Regional Argentina (FORA). En 1919, tralos sucesos da Semana Trágica bonaerense, foi deportado e trasladado a Tui. Na década dos anos vinte, como representante dos traballadores dos serradoiros, colaborou na conformación do Sindicato General de Trabajadores, que dominou a actividade societaria tudense ata a Guerra Civil; foi un dos fundadores do Sindicato Provincial de Aserradores, de carácter unitario e que reunía sociedades obreiras do ramo radicadas en Tui, Ponteareas, Vigo, Vilagarcía, Salvaterra, Caldelas e Guillarei. En 1922 foi encadeado no transcurso dos acontecementos de Sobredo e posteriormente deportado; trasladouse a Santiago de Compostela, onde residiu no período da Ditadura de Primo de Rivera.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
estraloque.
-
-
Zapón ou trapela por onde sae unha amarra.
-
Cabo que parte do extremo superior do mastro da dorna e se suxeita ao banco de escota.
-
Cadea para atar ou amarrar a xugada que turra do carro.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dificultade e atraso na evacuación de excrementos acompañada dunha opresión no ventre.
-
-
Atrasar ou dificultar o curso e a evacuación do contido intestinal en alguén.
-
Padecer estrinximento.
-
-
PERSOEIRO
Pintor e escultor grego. Activo en Atenas, das súas obras só se conserva unha estatua de Apolo (370? a C). Realizou, entre outras obras, dúas esculturas de bronce de Filipo de Macedonia e Alexandre o Grande, dúas estatuas colosais de Grecia e A virtude e o Combate de cabalería. Decorou o pórtico do Zeus Eleuteiro en Cerámico. Atribúeselle a redacción dun tratado sobre a proporción e a cor.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Silicato de sodio e ferro, de fórmula NaFeSi2O6. Cristaliza no sistema monoclínico e é de cor verde escura. Ten dureza 6 e densidade3,5-3,6.
-
-
Relativo ou pertencente á secreción externa dunha glándula.
-
Aplícase á glándula de secreción externa. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á glándula que ten secreción externa e interna, como é o caso do ovario. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se localiza ou desenvolve fóra do útero.
-
-
Que vén de fóra, que non é característico directamente da cousa mesma, senón de circunstancias exteriores.
-
Aplícase ao semicondutor que contén impurezas que inflúen nas súas propiedades eléctricas.
-
Valor legal dunha moeda sen importar o seu peso ou o seu valor real.
-