"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Designación xenérica dos silicatos dobres de aluminio e doutro metal, monovalente ou divalente. Os aluminosilicatos son sólidos, xeralmente de orixe natural e de constitución complexa. Nalgúns aluminosilicatos, como o berilo, os grupos SiO4 forman estruturas cíclicas, e noutros, como as micas, forman capas de dúas dimensións. O caso máis corrente é, sen embargo, aquel no que se forman estruturas continuas tridimensionais, con substitución parcial do silicio por aluminio. Pertencen a este grupo os feldespatos, as zeolitas, a sodalita, a lazurita e outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Deputado nas Cortes Constituíntes do 1869 e Gobernador Civil de Lugo. Polo seu discurso Necesidad de escribir la Historia filosófica de Galicia desde los tiempos más remotos hasta nuestros días, y su utilidad para el porvenir foi premiado co Caravel de Prata nos primeiros Xogos Florais de Galicia, celebrados na Coruña no 1861, traballo publicado no Álbum de la Caridad. Durante os anos 1859, 1860 e 1861 colaborou no Boletín Judicial de Galicia, e en 1872 firmou en Viveiro o manifesto Electores del distrito de Vivero. Morreu en Valladolid, onde ocupaba o cargo de fiscal da Audiencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • No mes de maio de 1977 principia a súa actividade, en Lugo, Alvarellos Editora Técnica. A nacente editorial abre as súas portas coa novela Botei corenta anos, da que é autor Enrique Alvarellos Iglesias, fundador e director da propia empresa. Dous firmes obxectivos centran a actividade desta editorial: dar a coñecer a escritores novos da nosa narrativa, e, por outra banda, recuperar, por medio de edicións facsímiles, obras dos séculos XVIII e XIX, hoxe moitas delas esquecidas e que configuran parte da historia da nosa Terra. Durante os primeiros anos de funcionamento da editorial, o esforzo concentrouse na nova narrativa galega daqueles días: Xabier Alcalá, Manuel María ou Xabier Rodríguez Barrio foron algúns dos autores editados, xunto con outras obras de ensaio como El Mariscal Pardo de Cela, de Eduardo Pardo; Lugo en sus Orígenes, de Narciso Peinado; ou Onomástica Persoal do Noroeste Hispano, de Eligio Rivas. No eido das publicacións facsímiles, destacan...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manuel Antonio Álvares de Azevedo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Monxe franciscano. Foi lector de vísperas e examinador sinodal do arcebispado. Publicou en 1679 Sermón en la festividad de Pentecostés, predicado en la Santa Apostólica y Metropolitana Iglesia del gloriosísimo Apóstol Santiago, único patrono y tutelar de las Españas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Foi o máximo expoñente pictórico do que se coñece como Rexionalismo artístico galego, pero tamén do español, xunto con pintores da categoría de Julio Romero de Torres, Zuloaga, Zubiairre, Anglada, Valle, todos eles influenciados polo coñecido Rexeneracionismo do 98 de corte romántico. En 1892 trasládase a Madrid para iniciar estudios de Dereito e Filosofía e Letras, alternándoos cos de Belas Artes na Real Academia de San Fernando. Ingresou tamén no taller de Manuel Domínguez, pintor de cadros de historia. No 1897 abandonou os estudios de Dereito para dedicarse integramente á pintura, que domina tecnicamente á perfección, o que lle vai permitir obter en 1899 polo seu cadro de contido histórico El anarquista y su familia el día de la ejecución, unha bolsa na Academia de Belas Artes de Roma. Este período de catro anos reforzará nel o seu amor polos clásicos renacentistas e pola mitoloxía, pero tamén lle servirá para viaxar e admirar a arte flamenga do século XVI,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora. Realizou estudios de pintura na Escola de Belas Artes de San Fernando (Madrid, 1960). Medalla de ouro da Academia Europea das Artes (1996). En 1983 crea en Madrid a Fundación Sotomayor. Realizou numerosas exposicións en diversas cidades como Pontevedra, Pamplona, Londres, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conde de Soutomaior (1468-1486), tamén chamado Pedro Madruga xa que, segundo a tradición, acostumaba erguerse cedo. Fillo bastardo de Fernán Yáñez de Soutomaior, a súa nai pertencía á familia Zúñiga da casa de Monterrei. Destinado a ser clérigo, foi excluído de todo dereito sucesorio polo seu pai; grazas ao apoio do seu irmán Alvar Páez de Soutomaior, que era fillo lexítimo, foi nomeado o seu descendente, para acadar o título en 1468, durante a loita Irmandiña. Mentres reinou Enrique IV (1455-1474) beneficiouse do favor e da debilidade da coroa consolidando e incrementando os seus dominios: inicialmente, o castelo de Soutomaior, as casas fortes de Trinidad, Alba, Cotobade e Fornelos, xunto coa posesión en feudo dun total de vinte freguesías en terra do Salnés. Cara ao ano 1467, obtivo de Enrique IV un xuro de herdade de 150.000 maravedís sobre as rendas reais de Pontevedra, Vigo e Redondela, feito que na práctica supuña o control desas vilas. Todas estas circunstancias motivaron...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia da nobreza castelá. Descende de Illán Pérez, Alguacil Maior de Toledo (1139). Pertenceulle o condado de Oropesa, e os duques de Alba incorporaron o condado de Lerín, os marquesados de Villanueva del Río, El Carpio e Eliche, o ducado de Montoro e o condado-ducado de Olivares, entre outros. Unha rama recibiu os marquesados de Villafranca del Bierzo e de Villanueva de Valdueza, o ducado de Fernandina, o principado de Montalbán e o marquesado de Tavara, o condado de Villada e os ducados do Infantado e Lerma. En 1685 emparentaron cos Montcada de Sicilia e os Fajardo de Murcia, e incorporaron os ducados de Medina Sidonia, Bivona, Montalto, o principado de Paternó, os marquesados de Los Vélez, Martorell e Molina, o ducado de Zaragoza e o condado de Erill.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Décimo terceiro duque do Infantado, de Lerma, de Pastrana e de Francavilla, marqués de Tavara. Organizou un rexemento contra os franceses en Catalunya e na Guerra dos Taronhes (1800). Privado de Fernando VII, formou parte das xuntas da Terceira Rexencia (1812) e da Xunta Provisional de 1823. No 1824 foi Presidente do Goberno e Ministro de Estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Vicerrei de Nápoles (1532-1553). Fillo do segundo duque de Alba e de Isabel de Zúñiga. Marqués de Villafranca del Bierzo polo seu matrimonio con María Pimentel-Osorio e paxe de Fernando II de Aragón. No 1512 participou na conquista de Navarra e posteriormente nas campañas de Flandres, Alemaña e Italia. En Nápoles implantou a Inquisición e realizou melloras urbanísticas, reduciu o poder da nobreza e combateu o bandoleirismo. No 1540 decretou a expulsión dos xudeus do Reino de Nápoles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Piedrahita, Ávila 1507 - Lisboa 1582) Xeneral e político, terceiro duque de Alba. Serviu no exército de Carlos I. Defendeu Catalunya e Navarra dos franceses (1542), venceu ao Elector de Saxonia en Mülberg (1547) e crebou a Liga Esmalkalda. Vicerrei de Nápoles (1556-1557), defendeu a cidade durante a guerra de Filipe II contra o Papado (1557). Gobernador dos Países Baixos (1567), onde constituíu o Consello dos Balbordios. No 1568 detivo a incursión de Luís de Nassau e Guillerme de Orange, que volveron para ocupar o país aproveitando a sublevación popular contra o establecemento dun imposto, a alcabala, permanente sobre as transaccións (1571). Substituído no cargo por Luís de Requesens (1573), no 1580 dirixiu as campañas en Portugal que levaron ao coroamento de Filipe II como Rei portugués coa aprobación do Parlamento luso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cuarto marqués de Villafranca del Bierzo debido á morte sen sucesión do seu irmán Fadrique (1569). Segundo fillo de Pedro Álvarez de Toledo y de Zúñiga. Educado en Nápoles, no 1535 foi nomeado Xeneral das Galeras de Nápoles. No 1554 dominou a insurrección de Siena e loitou en Flandres. Lugartenente Xeneral de Catalunya (1558-1564), enfrontouse ás incursións turcas na costa e ao bandoleirismo. Fomentou a actividade dos estaleiros de Barcelona. No 1564 Filipe II nomeouno Capitán Xeneral da Mar Océana e conquistou o penedo de Vélez de la Gomera. Vicerrei de Sicilia (1565-1566), recibiu os títulos de duque de Fernandina e de Príncipe de Montalbano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, bibliotecario, secretario de Filipe V e un dos fundadores da Real Academia Española. A súa obra poética consta de composicións satírico-burlescas, de entre as que destaca a parodia épica La Burromaquia, e de poemas filosóficos e relixiosos, influídos por Quevedo. Escribiu tamén a Historia de la Iglesia y del mundo (1713).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Oitavo conde de Oropesa (1621), marqués de Jarandilla e de Villar, e conde consorte de Alcaudete. Lugartenente de València (1645-1650), durante o seu mandato celebrouse a derradeira Corte Xeral do Reino de València (1645). Posteriormente foi Vicerrei de Sardeña (1650-1651), e dende 1651, Embaixador en Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fillo de García Álvarez de Toledo y Pimentel-Osorio e de Victoria Colonna. Príncipe de Montalbano, segundo duque de Ferrandina, quinto marqués de Villafranca del Bierzo, condestable de Castela e marqués de Villafranca dende 1578. Almirante das Galeras de Nápoles no 1595 e posteriormente de Castela. Foi Embaixador Extraordinario de Filipe III na Corte de Enrique IV de Francia (1608). Como Gobernador do Milanesado (1616) derrotou a Carlos Manuel de Savoia en Apertola obrigándoo a asinar a Paz de Pavía no ano 1617.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariño e político. Sexto marqués de Villafranca del Bierzo, duque de Ferrandina e príncipe de Montalbano, títulos que herdou á morte do seu pai, Pedro Álvarez de Toledo-Osorio y Colonna (1627). Distinguiuse na loita contra os piratas turcos e bérberes, converténdose decontado en Capitán das Galeras de Filipe III. No ano 1635, xunto con Álvaro de Bazán, apoderouse das illas de Lerins, na costa da Provenza. Máis tarde interveu na recuperación de Salsas (1639-1640), que ficaba en mans francesas. Ao comezar a Guerra dos Segadors procurou axudar á causa de Filipe IV: bloqueou Barcelona por mar e impediu con reforzos que Tarragona caese en mans das forzas catalano-francesas que a estaban a asediar. Malia os seus éxitos, foi preso polo Conde-duque de Olivares. Liberado ao caer en desgraza Olivares (1643), foi rehabilitado e dirixiu as operacións marítimas do resto da guerra. Foi membro do Consello de Estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sétimo marqués de Villafranca del Bierzo, duque de Ferrandina e príncipe de Montalbano como sucesor do seu tío, o sexto marqués, García Álvarez de Toledo-Osorio y de Mendoza. Xeneral da Armada do Océano (1619), loitou contra Holanda. Apoderouse de San Salvador (1625) e San Cristovo (1630). O Conde-Duque de Olivares desterrouno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Continuador da tradición dos cancioneiros medievais, Destacan as súas composicións amorosas, satíricas e relixiosas recollidas nun Cancionero propio, e recompiladas de novo no Cancionero general (1511) de Hernando del Castillo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cóengo de Santiago. Publicou Compendio de la vida, martirio, traslación e invención del glorioso cuerpo de Santiago el Mayor, apóstol de J.C., patrón de las Españas, con una breve noticia del Jubileo y grazas pontificias de su S.A.M. Basílica, frecuentes peregrinaciones de los fieles de todo el orbe católico, decidida protección a los monarcas españoles y sus esforzados capitanes en las guerras con los infieles y la historia cronológica de los Ilmos. Obispos de Iria y Arzobispos compostelanos (1858).

    VER O DETALLE DO TERMO