"car" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3676.

  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad Autónoma de la Región de Murcia, drenado polos ríos Argos e Quipar, e atravesado polo canal do Taibilla (21.824 h [1996]). O seu cumio máis elevado é Sierra de Mojantes, a 1.612 m de altitude. O clima é seco pero non moi continentalizado. A economía sufriu un cambio nos últimos anos, xa que, de ser eminentemente agrícola e gandeira, transformouse nunha cidade industrial onde o sector terciario é cada vez máis importante, sobre todo a hostalería e o turismo. A súa situación xeográfica converteuna na cabeza natural e económica da comarca do NO murciano. Na agricultura potenciáronse as novas tecnoloxías polo que melloraron as explotacións. Na industria destaca o calzado, o mármore, o cánabo, o esparto, a pel, a confección e a construción. A cidade esténdese pola aba dun outeiro coroado por un castelo do s XV que pertenceu á orde de Santiago, onde se atopa a igrexa da Santa Cruz. No núcleo antigo destacan numerosos casais e pazos, barrocos na súa maioría. Representa o...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Michelangelo Merisi [ou Amerighi].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente artística da pintura europea do s XVII, influída pola obra de Caravaggio. Os seguidores deste estilo, caracterizados polo emprego do claroscuro, recibiron tamén o nome de tenebristas. En Italia os primeiros en aproveitar as innovacións de Caravaggio foron Orazio Gentileschi (1565?-1640?), Antiveduto Grammatica (1570-1626), Giovanni Battista Caracciolo (1570?-1637), Artemisia Gentileschi (1597?-1651?), Bartolommeo Manfredi (1580?-1601?), Luigi Miradori (?-1657) e Carlo Saraceni (1585?-1620). O seu realismo influíu en pintores académicos como Guido Reni (1575-1642) e Guercino (1591-1666); non obstante, debido á súa ruptura coa tradición clásica, interesou cada vez máis a artistas de tradición non clásica, entre os que destacan o flamengo Louis Finson (1580-1617), os holandeses Gerard Honthorst (1590-1656) e Hendrick Terbrugghen (1588-1619?). En Francia sobresaíron Moïse Valentin (1591?-1634) e Georges de La Tour (1593-1652), dentro da corrente antiacadémica. A influencia...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Grupo de comerciantes, peregrinos ou outros viaxeiros que se reúnen para atravesar o deserto, países perigosos ou lugares de difícil travesía, especialmente de Oriente.

      1. Grupo numeroso de xente, cabaleiros ou coches que van xuntos cara a algún sitio.

      2. Aglomeración de vehículos que circulan nunha estrada a velocidade menor da normal e moi xuntos, feito que impide ou dificulta a fluidez do tráfico.

    2. Expedición guerreira por mar que realizaban os novicios da orde do Hospital de San Xoán de Xerusalén ou de Malta contra os mouros e contra os piratas; era unha proba necesaria para a súa profesión.

    3. ehículo ou remolque acondicionados para ser habitados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Guía dunha caravana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edificio en Oriente destinado a acoller as caravanas. Construídos ao longo das distintas rutas, estaban constituídos por catro corpos, xeralmente cun piso enriba, que formaban un patio cunha fonte no seu centro para as ablucións. Contaban tamén con cociñas, cortes, baños e, ás veces, complementábanse cunha mesquita. Nas cidades, ademais da súa función de hospitalidade, empregábanse para vender as mercadorías e facer todo tipo de operacións comerciais. En Irán desenvolveuse o tipo de catro iwáns das mesquitas ou madrasas e en Siria organizáronse, a partir do s XIII, en patios con arquerías e varios pisos, o inferior para os animais e as mercadorías, e os superiores para os viaxeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome que reciben distintas especies de plantas da familia das cariofiláceas, especialmente as de flores grandes e pétalos de cores vistosas como as dos xéneros Dianthus e Petrorhagia.

    2. Flor dalgunha destas especies.

    3. Adorno que se bordaba nas fitas dos sombreiros e que indicaba se unha muller era solteira ou casada, dependendo da súa colocación á dereita ou á esquerda, respectivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido que pode ter a súa orixe nun alcume aplicado a individuos de aspecto feituco, xa que aínda hoxe se conserva a expresión “é como un caravel” para referirse a unha persoa fermosa. Neste caso, a súa etimoloxía remite ao latín vulgar clavellu, diminutivo da voz latina clavus ‘cravo’. Tamén pode proceder dun topónimo formado sobre a base prerromana *car ‘pedra, rocha’. Documéntase no s XIII: “Iohannes Petri dito Caravel” (doc ano 1240 Boletín de la Real Academia Gallega, nº 263, p 183). Adoita aparecer grafado cun -b- non etimolóxico (Carabel).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Denominación das cariofiláceas, tanto silvestres coma cultivadas, que se caracterizan polas súas flores vistosas e grandes.

    2. Plantación de caraveis.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Pecho que consiste nun gancho metálico curvo ou recto, ás veces fixo e outras movible, que encaixa nunha argola ou nunha peza de madeira unida á porta cun cravo, arredor da que xira, para fechar portas, cancelas e, en ocasións, ventás.

      2. Pechadura constituída por un taco de madeira cravado nos marcos das portas ou ventás que, ao fechar, xira sobre el mesmo.

      1. Pasador de madeira ou de metal que se introduce nun furado, nunha peza ou en calquera outro obxecto para suxeitar ou unir algo.

      2. Cada un dos pasadores do eixe do carro que fan que as rodas queden suxeitas.

      1. Peza cilindrocónica dos instrumentos de corda, feita de madeira (ébano, palisandro ou buxo), de metal ou de marfil, na que se aparafusan as cordas, co fin de estiralas ou de afrouxalas e de deixalas suxeitas na afinación desexada.

      2. Chave de madeira ou doutro material para tensar as cordas dos instrumentos musicais.

    1. Peza cilíndrica ou lixeiramente cónica, de aliaxe de aceiro e de superficie rectificada e puída, que se emprega en moitos dispositivos ou montaxes de mecánica fina para inmobilizar en sentido transversal dúas ou máis pezas superpostas.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza de forma variable con furados para colocar caravillas.

    2. Peza de madeira dos intrumentos de corda onde se fixan as caravillas; nos instrumentos con mastro vai no extremo superior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza de ferro, delgada e alongada, que vai colocada de forma atravesada para fechar as portas ou ventás de dúas follas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Política estadounidense. Casou en 1902 con Taddeus H. Caraway, congresista e senador por Arkansas. Cando este morreu, en novembro de 1931, foi designada para substituílo no Senado e converteuse na segunda muller senadora dos EE UU. En xaneiro de 1932 gañou a votación convocada ao efecto e, posteriormente, foi reelixida nas eleccións dese ano e nas de 1934. Abandonou o cargo en 1945. Foi a primeira muller en presidir unha sesión e en dirixir un comité do Senado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capa fina de xeo que se forma sobre a vexetación e a terra ao conxelarse o orballo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Pol baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Nicaragua (1.050 km2; 149.407 h [estim 1995]). A súa capital é Jinotepe (23.538 h). Está atravesado pola cordilleira volcánica centroamericana. O litoral ocupa unha chaira que se inclina cara ao S e que se prolonga ata o istmo de Rivas. O territorio está regado polos ríos Masapa, Grande e Boquita. O departamento divídese en dúas zonas naturais: a costa, con clima cálido, e a zona alta do interior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político costarriqueño. Membro do Partido Liberal Nacional de 1948 a 1969 e director do Banco Central de Costa Rica entre 1963 e 1965. No ano 1974 creou o Partido de Renovación Democrática como contestación por non ser elixido candidato presidencial polo partido no que militaba anteriormente. Líder da coalición da Unidade, onde se agrupaban os partidos conservadores e a dereita liberal, foi presidente entre 1978 e 1982.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político nicaraguano. Foi presidente da República entre 1887 e 1889, ano no que faleceu sen poder rematar o programa de obras públicas que proxectara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carballo que, polas condicións nas que se desenvolveu, presenta unha altura menor ca a correspondente ao seu tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO