"xia" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 855.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da bioloxía que trata dos parasitos de toda clase e da relación destes co hospedador, aínda que na práctica se limita aos protozoos, helmintos e ectoparasitos, deixando de lado os outros microorganismos, a pesar de seguir sendo considerados parasitos por definición. Algúns autores inclúen tamén os fungos parasitos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase aos raios que inciden nunha superficie óptica cunha inclinación moi pequena respecto do eixe óptico. O seu estudo é o obxecto da óptica paraxial. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
-
Estudo dos proverbios, sobre todo como expresión da alma e dos costumes populares.
-
Conxunto de proverbios.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado de susceptibilidade anormal do organismo tras a aplicación dun estímulo, nos estímulos consecutivos.
-
-
Rama das ciencias biolóxicas e da medicina que estuda as causas das enfermidades e a fisioloxía dos organismos que as padecen. Subdivídese en varias ramas: a patoloxía clínica, a médica ou interna, a cirúrxica ou externa, e a comparada ou experimental. Fálase tamén de patoloxía xeral para referirse aos estados patolóxicos das diversas enfermidades en diferentes órganos.
-
Conxunto de síntomas dunha enfermidade.
-
-
-
Ciencia que ten por obxecto os antigos escritores cristiáns e as súas obras, en todos os aspectos (no doutrinal só recibe o nome de patrística), desde os inicios (exceptuando os libros canónicos) e ata o s VIII, en Oriente. Adoita dividir o legado literario cristián antigo en tres épocas: a prenicena, que comprende os Padres Apostólicos, os apoloxistas (Xustino), a primeira reacción antiherética (Ireneo de Lyon), os biblistas (Hipólito e Oríxenes) e os moralistas (Clemente de Alexandría, Tertuliano e Cebrián); a época de ouro, coa presenza de figuras como Atanasio e Cirilo en Alexandría, Basilio o Grande, Gregorio de Nisa e Gregorio de Nazianzo en Capadocia, Diodoro de Sicilia e Teodoro de Mopsuesto en Siria helénica, Afraates e Efrén en Siria oriental, Epifanio en Chipre, Eusebio e Cirilo de Xerusalén en Palestina e Hilario, Ambrosio, Agustín e Xerome en Occidente; e a época poscaledoniana, con Gregorio I, Boecio, Casiodoro e Gregorio de Tours en Occidente e en Oriente, o Pseudo-Denís,...
-
Colección de escritos dos Santos Padres da Igrexa.
-
-
-
Ciencia e arte da educación. Refírese aos principios, métodos, instrumentos e conxunto de mediacións para o ensino e a formación completa do neno, o que actualmente se estendeu de modo xenérico á consideración da formación das persoas en calquera momento vital. As opcións educativas sucedidas no curso da historia, con fundamentación relixiosa e filosófica, deron lugar a intuicións, utopías e realizacións asumidas a partir do s XIX pola pedagoxía propiamente dita, que as considera sistematicamente no plano teórico e práctico de novas formulacións científicas. Destacan as diferentes achegas históricas: a figura do mestre que transmite os coñecementos pola palabra e a austera convivencia na natureza do budismo; a aprendizaxe da codificación e descodificación do saber no texto escrito da escola chinesa; a formación do escriba e do guerreiro ao servizo dos gobernantes de Exipto e Babilonia; a do rabino a cargo dos libros sagrados e do pobo escollido; a formación do heroe homérico ao final dun...
-
Rama da pedagoxía que trata de formular un modelo pedagóxico, ou en todo caso, articulados procesos de intervención educativa, extraídos das conclusións da verificación experimental á que previamente se someten contidos de estudo e procedementos didácticos. As súas expresións naceron a fins do s XIX como consecuencia e reflexo do clima científico positivista e do vivo desenvolvemento da psicoloxía experimental.
-
Principios, contidos e procedementos de ensino musical. A pedagoxía musical tiña, na cultura grega clásica, dous aspectos diferenciados: o ensino teórico puramente especulativo e a interpretación. Na Idade Media os principios teóricos da música formaban unha das catro partes do cuadrivio. Os intérpretes formábanse nas capelas musicais de igrexas ou mosteiros. En Italia había xa escolas especializadas nos ss XVII e XVIII, se ben no resto de Europa os conservatorios non apareceron ata o inicio do s XIX.
-
Disciplina que estuda e desenvolve os coñecementos e as estratexias de intervención educativa, para levar a termo unha intervención sobre colectivos ou individuos con necesidades e dificultades específicas de integración social; unha intervención que debe cooperar ao logro da súa autonomía e desenvolvemento. As diversas ciencias que aquí teñen aplicación son a psicoloxía, a socioloxía e a antropoloxía. Os técnicos profesionalizados neste campo son, de ordinario, asistentes sociais, psicólogos, pedagogos, educadores sociais, monitores de tempo libre e animadores socioculturais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da pedoloxía que estuda os organismos que habitan no solo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
edafoloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Campo de estudo científico que, como tal, se definiu a finais do s XIX en Alemaña, para abordar de modo dialéctico o estudo das dimensións física, intelectual e psicoafectiva da etapa infantil e adolescente do desenvolvemento humano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dolmen situado en Baio (Zas). Conserva nove ortostatos de dimensións moi variadas, dous fragmentos da laxe que actuaría de tampa e parte da mámoa que recubriría todo o conxunto. A posición orixinal das laxes variou e incluso algunhas das lousas foron extraídas.
-
PERSOEIRO
Relixioso francés. En 1845 fundou a terceira orde de María e abandonou esta congregación para fundar a dos relixiosos do Santísimo Sacramento en 1856. A súa festividade celébrase o 1 de agosto.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Rodeiro. De época románica aínda que con reformas posteriores, ten planta rectangular e ábsida máis reducida. Na parte sur do presbiterio engadíuselle unha sancristía acaroada. Na fachada destaca a porta con arco de medio punto con decoración e capiteis decorados.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Artista de teatro. Arrepentida da súa profesión, marchou disfrazada de home a Xerusalén, onde levou unha vida austera e de penitencia. Represéntase ricamente vestida con túnica e manto ou con traxe medieval, e cun luxoso colar. Como atributos persoais porta un botafumeiro e a máscara dos comediantes. A súa festividade celébrase o 8 de outubro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina do monxe Pelaxio que parte dun optimismo natural en canto á capacidade absoluta da vontade para evitar o mal e facer o ben. Afirma que a graza é unha axuda extrínseca para obrar o ben, máis facilmente, pero de ningún xeito é necesaria para a salvación. Nega o pecado orixinal e, en consecuencia, nega tamén a necesidade do bautismo dos nenos e a eficacia da penitencia.
-
-
Relativo ou pertencente a Pelaxio ou ás súas doutrinas.
-
Partidario de Pelaxio ou do pelaxianismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo que ten a súa orixe no grego Pelagios ‘mariño, home de mar’ a través do latín Pelagius. A forma patrimonial galega deste nome é Paio. A súa festividade celébrase o 8 de outubro.
-
GALICIA
Mestre. Dedicouse ao ensino das ciencias físico-naturais aplicadas á agricultura e á industria e foi deputado antes e despois da revolución de 1868, ademais de ministro do Tribunal de Contas de Filipinas. Publicou, entre outras obras, Memoria descriptiva de la colonia española de Fernando Poo y sus dependencias (1854).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que estuda os diferentes medios de prevención e representación dos delitos no seu aspecto de penas e medidas de seguridade, singularmente o aspecto da súa execución.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da medicina que estuda o embarazo, o parto e o período posnatal.