"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Construción situada en Friol. As súas orixes están nunha fortaleza do s XIII. Foi propiedade dos Pardo, descendentes da casa real de León e no s XIX agregouse ao condado de Maceda. O conxunto da casa e da torre reconstruíse e modificouse. A torre ten planta cadrada e foi reducida en altura; nela destaca unha ventá de falso arco monolítico na fachada N, mentres que na O consérvanse dúas, por onde se une á vivenda. Construída no s XVIII, ten planta cadrada e dúas alturas. Conserva un balcón corrido sobre soportes de pedra e balaústres de ferro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico nacionalizado británico. Estudiou, con L. Meitner, a fisión do uranio. Traballou en Los Alamos (EEUU) na preparación da bomba nuclear, e dende 1947 foi catedrático na Universidade de Cambridge. En 1933, mediu, con O. Stern, os momentos magnéticos do protón e do neutrón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e vidreiro. De orixe flamenga, documéntase en Galicia entre 1523 e 1533. En Santiago traballou na capela e na sancristía do Hospital Real (1525-1532) na realización de vidreiras. Con Tristán de Taboada realizou o retablo da capela da Santa Cruz na catedral compostelá, onde se lle atribúe A lamentación sobre Cristo morto, pintura mural situada no sepulcro do arcebispo Alonso Sánchez Moscoso na capela do Santo Espírito. Traballou tamén en San Martiño Pinario e no mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. A súa pintura encádrase no estilo hispanoflamengo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de fritir e frixir.

    2. Alimento que se fritiu.

    3. Doce feito cunha masa composta por fariña, leite, ovos e outros ingredientes, que se frite en aceite ou graxa.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Ovario desenvolvido que contén a semente, ou sementes, xa formadas. As sementes están envolvidas por unha cuberta protectora denominada pericarpo, composto polo epicarpo e o endocarpo e, en moitos casos, cunha capa intermedia, as máis das veces carnosa, denominada mesocarpo.

      2. Pedúnculo, receptáculo, etc, acrescente, máis ou menos carnoso, e as máis das veces comestible polo home.

    1. Aplícase a calquera produto vexetal que produce a terra, comestible ou aproveitable polo home e os animais.

    2. Proveito, utilidade ou beneficio que se tira de algo.

    3. Produto que dá periodicamente unha cousa ou un ben pola súa natureza e sen alteración da súa substancia. Son froitos naturais os produtos espontáneos da terra e as crías ou os produtos espontáneos dos animais; froitos industriais os producidos polos predios de calquera maneira coa intervención do traballo do home; e froitos civís os rendementos que se obteñen da mesma cousa ou por razón dela, entre outros, o interese e as alzas de diñeiro, alugueres das edificacións e arrendamentos de terreos e censos. Segundo a relación co tempo poden clasificarse en pendentes, separados, percibidos e que non se poden recibir.

    4. Froito que se come cru unha vez secado.

    5. Liñaxe que trae por armas, en campo de ouro, unha póla de roseira cunha flor de goles e as follas de sinople, no centro do escudo, acompañada de tres estrelas de azul, dúas nos cantóns do xefe e a terceira en punta. Tamén se recolle coa forma Frutuoso.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Ovario desenvolvido que contén a semente, ou sementes, xa formadas. As sementes están envolvidas por unha cuberta protectora denominada pericarpo, composto polo epicarpo e o endocarpo e, en moitos casos, cunha capa intermedia, as máis das veces carnosa, denominada mesocarpo.

      2. Pedúnculo, receptáculo, etc, acrescente, máis ou menos carnoso, e as máis das veces comestible polo home.

    1. Aplícase a calquera produto vexetal que produce a terra, comestible ou aproveitable polo home e os animais.

    2. Proveito, utilidade ou beneficio que se tira de algo.

    3. Produto que dá periodicamente unha cousa ou un ben pola súa natureza e sen alteración da súa substancia. Son froitos naturais os produtos espontáneos da terra e as crías ou os produtos espontáneos dos animais; froitos industriais os producidos polos predios de calquera maneira coa intervención do traballo do home; e froitos civís os rendementos que se obteñen da mesma cousa ou por razón dela, entre outros, o interese e as alzas de diñeiro, alugueres das edificacións e arrendamentos de terreos e censos. Segundo a relación co tempo poden clasificarse en pendentes, separados, percibidos e que non se poden recibir.

    4. Froito que se come cru unha vez secado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome cristián-romano, procedente do latín frutuosus ‘fértil, frutífero’. Presenta a variante Frutuoso. Dous dos santos máis antigos no culto hispánico levan este nome: san Froitoso de Braga ou de Montelios (s VI), celebrado o 16 de abril, e san Froitoso de Tarragona, celebrado o 20 de xaneiro.

    2. Liñaxe que trae por armas, en campo de ouro, unha póla de roseira cunha flor de goles e as follas de sinople, no centro do escudo, acompañada de tres estrelas de azul, dúas nos cantóns do xefe e a terceira en punta. Tamén se recolle coa forma Frutuoso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Dumio e arcebispo de Braga. Vinculado á familia do Rei Sisenando, trala morte dos seus pais formouse na escola episcopal de Palencia. Despois da súa ordenación impulsou a vida monacal e fundou os mosteiros de Compludo, preto de Astorga, e diversos cenobios, como San Pedro de Rupiana. O Rei Recesvinto nomeouno abade-bispo de Dumio (653-656) e máis tarde consagrouno arcebispo de Braga (665-667) e metropolitano de Galicia. Fundou diversos mosteiros en Galicia -entre outros, o Peonense, na ría de Pontevedra, ou o de Castrobón-, en Andalucía e nos arredores de Braga. Atribúenselle dúas regras monásticas, a máis importante foi a Regula monachorum.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Tarragona. Morreu queimado vivo no ano 259 xunto cos diáconos Augurio e Euloxio. O seu culto, que se remonta ao s VI, é dos máis antigos de Hispania. Na iconografía represéntase vestido de bispo (con casula ancha, ou capa, mitra e báculo), e ás veces cun libro na man; leva como atributos persoais unha cacharela aos seus pés. A súa festividade celébrase o 20 de xaneiro (antes da reforma do calendario litúrxico festexábase o 21 de xaneiro).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Vigo a partir de 1981. Subtitulouse “Xornal cultural do Instituto Politécnico Nacional” e incluíu información sobre especies animais e enclaves naturais, datos sobre cinematografía, historia, deportes e algunhas contribucións literarias. Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas tiraban un número especial con datos biográficos sobre o homenaxeado e numerosas poesías de diversos autores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras co significado de ‘fronte’.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Parede contra a que se lanza a pelota no xogo de pelota.

      2. Instalación na que se disputa o xogo de pelota ou pelota vasca. O frontón, que pode estar cuberto ou ao aire libre, consta dun terreo de xogo de 50 a 70 m de lonxitude por 10 ou 12 m de largo, limitado por dúas paredes de entre 12 ou 14 m de altura que forman ángulo recto entre elas.

      1. Remate triangular dunha fachada ou dun pórtico. Na arte grega naceu como consecuencia da necesidade de soster as dúas vertentes dos templos e decorábase con esculturas que se adaptaban ao marco triangular. Nos estilos posteriores tivo unha función plenamente decorativa.

      2. frontón curvo

        Frontón que consta dun arco de circunferencia cortado por unha base horizontal. Alterna cos frontóns triangulares nos vans dunha fachada.

      3. frontón partido

        Frontón triangular no que os seus lados ascendentes non chegan a xuntarse. En ocasións enrólase a xeito de volutas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Pantón baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á rexión frontal e á parietal do cranio.

    2. Aplícase á sutura articular entre os ósos frontais e os parietais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso de formación dunha fronte entre dúas masas de aire.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Canción de inspiración popular a tres voces, inicialmente, ou a catro voces, posteriormente, onde a soprano ten preponderancia e as outras esbozan un acompañamento confiado aos instrumentos. Un dos principais centros de composición foi Mantua e entre os compositores destaca Marchetto Cara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que leva por armas, en campo de goles, unha cruz, de ouro, coas puntas voltas, acompañada, nos ocos que forma, de catro vieiras, de prata; bordo de ouro. Outra variante trae, en campo de goles, unha cruz floreteada de ouro, acompañada de catro vieiras de prata, unha en cada oco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Da súa produción destaca El enigma del camino de Santiago (1977), El enigma de Colón (1980), Leyendas gallegas (1980), Tesoros templarios, secretos masones (1981) e Con Ferrandis hemos topado (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO