"AVI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 908.
-
PERSOEIRO
Militar, primeiro marqués de Leganés (1627) con Grandeza de España (1634) e comendador maior de León na orde de Santiago. Curmán do conde-duque de Olivares, foi presidente do Consello de Flandres e gobernador de Milán (1635-1637), onde recobrou a Valtellina. Derrocado máis tarde polo mariscal francés Henri de Lorraine, conde de Harcourt, retornou a Madrid, e posteriormente foi lugartenente de Catalunya (1645-1647) ao servizo de Filipe IV.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista, historiador e político. Letrado do Consello do Estado e profesor titular da Universidad Complutense en Dereito da Comunicación Audiovisual. Foi membro do Comité Executivo Nacional do PP, secretario de Estado de Relacións coas Cortes (1996-2000) e voceiro do grupo parlamentario popular no Senado (1995-1996). Deputado desde 1996, foi nomeado ministro de Xustiza (2002-2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Científico. Foi membro do CSIC, en 1968 pasou a ser membro da comisión de Selenoloxía da NASA e foi vicepresidente da Asociación Astronáutica Española. Membro da Real Academia de Medicina de Barcelona, recibiu a Orde de Alfonso X el Sabio e a medalla ao Mérito Militar de primeira clase.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo. A partir de 1954, en colaboración con Ramón Masats e Ricard Terré, realizou unha serie de exposicións (1958 e 1959) coas que reivindicou o valor documental e estético da fotografía urbana que facía. A partir da década de 1960 traballou como fotógrafo independente de publicidade e moda para publicacións como Triunfo, La Vanguardia ou El Periódico. Publicou o libro Barcelona, blanc i negre (1964), Costa Brava Show (1966) e a autobiografía Full de contactes (1998, Premio Gaziel). Recibiu o Premio Luis Navarro de Fotografía Moderna (1954). Tras a súa morte o Institut de Cultura de Barcelona instaurou o Premio de Fotografía que leva o seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión histórica do L de Europa, dividida entre Romanía e o estado de Moldavia. Limita ao O cos Cárpatos Orientais, ao N e o L con Ucraína e ao S co curso inferior do río Siret e Ucraína. Ata o s XIII foi poboada, sucesivamente, por romanos, godos, hunos, eslavos, ávaros, búlgaros, maxiares e tártaros. Apareceu como estado feudal baixo Bogdan I (1359-1365), primeiro príncipe independente de Moldavia. Os príncipes sucesivos, especialmente Pedro I (1374-1392) e Alexandre o Bo (1400-1432), conseguiron agrandar o territorio, pero a plenitude non chegou ata Estevo III o Grande (1457-1504), quen derrotou os húngaros (1467) e aos turcos (1475). Desde 1538 quedou sometida aos turcos, e durante os ss XVI-XVIII intensificouse a opresión sobre os labregos (dominación da Sublime Porta). Rematada a Guerra Ruso-turca, (1806-1812) unha parte de Moldavia, Besarabia, foi incorporada a Rusia pola Paz de Bucarest. Despois do derrocamento do réxime turco-fanariota (1821) foi ocupada totalmente por Rusia (1828),...
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión do L de Romanía, situada entre os Cárpatos e o val do Siret, ao O, e o val do Prut ao L, e que constitúe a fronteira co estado de Moldavia. Ten unha extensión aproximada de 37.400 km2 e comprende a vertente L dos Cárpatos Orientais, que constitúe unha gran reserva de auga para a rexión S, unha zona subcarpática onde hai xacementos petrolíferos e de lignito e, máis ao L, unha sucesión de chairas e altiplanos. En conxunto é unha rexión rica e destaca a agricultura de cereais. A cidade máis importante é Iaşi.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Estado do L de Europa, que limita ao O con Romanía e ao N, ao L e ao S con Ucraína (33.700 km2; 4.285.000 h [estim 2001]). A capital é Chişinău.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía
O relevo desenvólvese nunha chaira moi desmembrada por vales fluviais e barrancos, e a meirande parte dela está comprendida entre os ríos Dniéster e Prut. No centro atópase a máxima elevación do país, o Kodry de 429 m. Ao N, a paisaxe está dominada pola estepa de Bel’cy, entre os 150 e 200 m de altitude, ao S, a chaira de Budzhak está rota por numerosos barrancos, e ao L atópanse algúns contrafortes dos altiplanos de Volin-Podol’sk. O clima é moderadamente continental, con invernos curtos e veráns prolongados e cálidos. Os ríos máis importantes son o Dniéster e o Prut, e os lagos principais o Beleu e o Drachele. Os bosques son principalmente de follaxe caduca. A agricultura está moi mecanizada e os cultivos máis estendidos son os vitícolas e... -
GALICIA
Político e mestre. Foi conselleiro de Educación e Ciencia na embaixada de España en Portugal e fundador e presidente (1982-1990) do Centro Democrático e Social de Pontevedra, polo que foi elixido deputado ao Congreso de los Diputados (1986-1989). Foi director do Instituto Cervantes en Rio de Janeiro e ten publicados diversos artigos de crítica literaria sobre Torrente Ballester, Kafka ou Umberto Eco.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Foi colaborador de El Eco de Santiago ata 1920, cando marchou a Madrid. Alí traballou en Vida Nueva. Publicou Monicreques (1910), Valores nuevos de la política. Basilio Álvarez y los agrarios gallegos (1916), La patria del almirante e El más valiente (1922).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Músico e compositor. Discípulo de L. Millet, E. Morera e J. Pahissa, a súa obra conseguiu unha gran proxección internacional. Despois do seu primeiro éxito, Cinco canciones negras (1945), experimentou con diferentes estilos e tendencias. Así, tivo unha época antillana (Cuarteto Indiano, 1951), abstracta (Concierto breve, 1953), impresionista (Sonatine pour Ivette, 1960) e ecléctica (Concertino 1+13, 1975). A súa produción operística limítase ás obras El gato con botas, Una voce in off e Babel 46 (1967, estreada en 1994). Recibiu o premio Ciutat de Barcelona (1982), o Premio Nacional de Música (1991) e a Medalla de Oro al Mérito en Bellas Artes (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión da República Checa, a máis poboada do país, situada entre Bohemia, ao O, e Eslovaquia, ao L (21.724 km2; 3.651.234 h [2001]). É unha rexión de contacto entre os últimos contrafortes do macizo herciniano de Bohemia e os Cárpatos Brancos. Entre ambos os dous insírese o val do Morava, que se abre, ao S cara á chaira Panónica e ao NL cara á conca do Oder. Constitúe unha ampla depresión, recuberta de sedimentos terciarios e cuaternarios que está bañada pola rede do Morava. Ao N, entre a serra do Hrubý Jeseník e os primeiros contrafortes occidentais dos Beskidy occidentais, comprende a Silesia, rica zona carbonífera. De chans fértiles, Moravia é unha das rexións agrícolas ricas de Europa Central. Produce cereais como o trigo e a cebada, patacas, remolacha azucreira, lúpulo, froita, liño, uvas e tabaco. Grazas aos seus ricos xacementos de lignito desenvolveuse unha importante industria siderúrxica e metalúrxica. Tamén son importantes outras industrias, máis estendidas, como a...
VER O DETALLE DO TERMO -
KRAJ
Kraj da República Checa (7.066 km2; 1.133.916 h [2001]. A súa capital é Brno.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Kraj da República Checa (5.554 km2; 1.277.095 h [2001]). A súa capital é Ostrava.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alberto Pincherle.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Festival de teatro organizado pola Asociación Cultural Abrente en 1973. Co tempo converteuse no punto de encontro do teatro galego emerxente, marco de reflexión e debate arredor das posibilidades dun teatro de expresión galega e sobre a viabilidade dun teatro profesional. Entre 1973 e 1978 Ribadavia constituíu a cita anual do teatro en galego e por alí pasaron compañías como Ditea, Antroido, Teatro Circo, O Facho, Tespis, Troula, Candea, Malveira, Histrión 70, Grupo de Teatro Auriense, Martín Códax, Teatro Popular Queizán, A Farándula, Artello ou Máscara 17. Asociado á Mostra, a Asociación Cultural Abrente tamén organizou o Concurso de Textos Dramáticos, que deu a coñecer a autores como Manuel Lourenzo, Roberto Vidal Bolaño ou Euloxio R. Ruibal. En 1984 a Mostra, que deixara de celebrarse desde 1979, volveu presentarse como Festival Internacional de Teatro, con dirección de Rubén García. Desde esa data constitúe un dos festivais de teatro de maior relevancia de Galicia.
-
PERSOEIRO
Escritor. Exerceu como profesor na Universidade de Lisboa desde 1957, sendo un firme opositor á ditadura de Salazar. Fundador da revista Tábola Redonda (1950), o seu primeiro éxito foi Secreta Viagem (1950). Da súa extensa bibliografía destacan Hospital das Letras (1966), As Quatro Estações (1980), Os Ramos os Remos (1985) e Tópicos recuperados (1992). Recibiu o Prémio APE (1986).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filósofo. Introduciu e propagou a filosofía analítica en España. Da súa obra destacan La Concepción analítica de la filosofía (1974), e que recompilou escritos de prestixiosos filósofos analíticos, La razón sin esperanza (1977), El fundamento de los derechos humanos (1989) e Desde la perplejidad. Ensayos sobre la ética, la razón y el diálogo (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Museo fundado en 1947 pertencente á colexiata de Iria Flavia (Padrón). Atópase na Casa dos Cóengos, situada fronte á igrexa. Naceu coa finalidade de servir para a compilación, organización e exposición de obxectos, esculturas e pinturas de carácter relixioso ou sacro, dos ss XV-XVIII.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo situado no pazo de Baamonde, coñecido como a casa da Fundación, en Ribadavia. Concibido por Manuel Chamoso Lamas como Museo del Valle, iniciou o seu funcionamento en 1969 como sección etnográfica do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense e en 1993 tomou a denominación actual. Membro do Consello Galego de Museos, a súa colección está constituída por coleccións etnográficas que proceden de diferentes comarcas ourensás e unha mostra de utensilios e apeiros relacionados co mundo vitivinícola. Conta cunha biblioteca, cun arquivo documental, sonoro e fotográfico, e un fondo documental sobre o teatro galego.