"CIA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3047.

  • Produción cinematográfica rodada en 1926 por Hispánica Films, dirixida polo creador italiano Rino Lupo. O guión e os rótulos foron realizados polo escritor ourensán Antonio Rey Soto, cofundador da produtora galega Celta Films. Os exteriores rodáronse en diversos lugares de Galicia como Vigo, Redondela, Vilasobroso, Mondariz e Ribadavia, ademais do Porto e arredores. Para recrear interiores recorreuse aos estudios portugueses Invita Film. A protagonista é Carmiña, unha rapaza orfa que vive co seu padrasto nunha aldea galega onde a maior parte das terras pertencen a Armando, conde de Vindey. Carmiña namórase del e, tras numerosas dificultades e contratempos, consegue casar co conde. A película, anunciada na prensa como “un canto de amor á terra”, recibiu críticas diverxentes, acusada de oportunismo ao aproveitar as paisaxes galegas para ambientar un mediocre melodrama rural. Non obstante , algúns autores reivindican unha vontade por parte dos autores, sobre todo do guionista, por poñer en...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela e doutor pola Universidad de Madrid. En 1914 nomeárono profesor do Instituto Rubio de Madrid e publicou Regímenes alimenticios de las enfermedades del aparato digestivo y de la nutrición, premiado pola Real Academia de Medicina, da que entrou a formar parte en 1934. Participou nas I Jornadas Médicas Gallegas (1929) co traballo La úlcera duodenal latente. A partir de 1936 traballou sobre os cancros gástricos e intestinais, as hernias diafragmáticas e sobre a alimentación humana en xeral. Colaborador de publicacións especializadas, como a Revista Ibero-Americana de Ciencias Médicas, ou España Médica, participou na dirección de revistas médicas, como a Revista Médica Gallega. Ocupou a secretaría xeral da Academia Médico-Quirúrgica Española e a presidencia da Sociedad Española de Patología Digestiva y de la Nutrición. Foi procurador nas Cortes franquistas, en representación...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador da Arte. Estudiou na Universidade Pontificia Compostelá e foi ordenado presbítero en 1909. Interesouse pola arqueoloxía da man de Oviedo Arce. En 1916 nomeárono secretario da sección de historia e arqueoloxía galegas da Real Sociedad de Amigos del País de Santiago e en 1925 membro correspondente da Real Academia Galega, da que sería numerario en 1940. Fundador do Seminario de Estudos Galegos, encargouse dende 1928 da sección de arqueoloxía e historia da arte e participou no equipo de Terra de Melide, obra colectiva na que foi responsable da parte de arqueoloxía relixiosa. Subvencionado pola Junta de Ampliación de Estudios, entre 1928 e 1931 perfeccionou os seus coñecementos en diversos museos de Francia, Inglaterra e Alemaña. En 1935 foi nomeado membro correspondente do Instituto Español de Estudios Medievales e en 1938 a Junta Técnica del Estado designouno delegado para informar sobre a arte relixiosa compostelá. En colaboración con Sánchez Cantón e Pedret traballou na recuperación...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mapa a escala 1:100.000 titulado Carta Geométrica de Galicia Dividida en sus Provincias de Coruña, Lugo, Orense, Pontevedra y subdividida en Partidos y Ayuntamientos. Elaborada polo doutor Domingo Fontán Rodríguez, baseábase nun levantamento apoiado nunha rede xeodésica realizada por el mesmo, tomando como punto central da triangulación a torre do Reloxo da catedral compostelana. Fontán comezou os traballos de preparación en 1817 e rematou a carta en 1834. Dividíase en 12 follas, e para unha maior utilidade, incluía escalas gráficas en quilómetros, leguas de 20.000 pés e millas de 60 destas por grao; as altitudes sobre o nivel do mar expresábanse en varas castelás (0,835 m); as lonxitudes ían referidas ao meridiano de San Fernando. A Carta Geométrica foi o primeiro mapa de Galicia debuxado segundo un levantamento xeodésico de todo o territorio e gozou de gran prestixio pola súa minuciosidade e perfección técnica. Malia todo, non se puido evitar a demora na publicación,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Declaración programática aprobada en 1989 pola Comunidade Europea (agás o Reino Unido), que comprende diversos apartados relativos aos dereitos dos traballadores. Estes apartados son: liberdade de circulación e de acceso, condicións de vida e de traballo, seguridade social, asociación e negociación colectivas, formación profesional, igualdade do home e da muller, información, consulta e participación, e seguridade e hixiene no lugar de traballo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Demarcación territorial eclesiástica tamén denominada Cartaxinense ou Cartaxinense Espartaria (ss VII-VIII), baseada na provincia romana civil correspondente. Toledo era a súa metrópole. Desapareceu definitivamente durante a época islámica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Práctica baseada na interpretación do azar por medio das cartas de xogo e que consiste no prognóstico, emitido polo adiviño, dos feitos futuros concernentes a unha persoa. Empréganse as cartas ordinarias ou as simbólicas, chamadas do tarot. No primeiro caso, o adiviño identifica o consultor cunha figura do xogo tendo en conta a súa idade, o sexo e outras características persoais, e extrae, por un procedemento variable, as cartas que dan soporte á predición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo interactivo situado no parque de Santa Margarida, na cidade da Coruña, inaugurado no ano 1985. O seu obxectivo é potenciar a cultura científica na sociedade mediante a implicación dos visitantes no proceso de elaboración da ciencia a través da toma de contacto cos fenómenos naturais, cos principios físicos e coas novas tecnoloxías. Posúe, na planta de acceso, un péndulo de Foucault, un triángulo de Penrose e unha aula de informática; na primeira planta, módulos experimentais interactivos sobre fenómenos físicos; na segunda planta, exposicións temporais con carácter monográfico sobre diferentes temas científicos; a terceira planta está dedicada á natureza e á exposición dunha parte da colección do naturalista galego Víctor López Seoane; e na cuarta planta está o Planetario que conta cun proxector principal e máis de 30 proxectores especiais cos que se poden reproducir os movementos celestes. Dispón, ademais, de biblioteca e salón de actos. Organiza ciclos de conferencias sobre temas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución dependente da Xunta de Galicia inaugurada en Madrid en 1992. Dedicada á difusión da cultura e economía galegas, así como aos labores da propia institución autonómica, realizou actividades de presenza institucional, difusión cultural, empresarial e turística. Celebráronse conferencias, mesas redondas, presentacións de libros, entre as que destaca a da Enciclopedia Galega Universal (EGU) o 18 de novembro de 1999, recitais de música, teatro, cine e literatura, ademais da promoción de festas e eventos tradicionais galegos. Un dos seus obxectivos principais é a difusión da arte galega mediante a celebración de exposicións de artistas novos e consagrados. No eido da promoción económica e comercial, tiveron lugar diversas mostras dos produtos de empresas galegas. Así mesmo, converteuse nun foro de comunicación e cooperación entre empresarios galegos e foráneos, e nun centro de consulta para os empresarios de Madrid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación subtitulada “Revista mensual de la Asociación”, editada pola Casa de Galicia en Bos Aires e dirixida por J. E. Groba. Saíu mensualmente dende 1935 e, aínda que era bilingüe, predominaba o castelán. Polo que respecta ao contido, abunda a información e artigos diversos, principalmente de carácter cultural, acerca de Galicia, con evocacións históricas, efemérides, costumes, actualidade e literatura. Estas informacións compleméntanse con colaboracións literarias e páxinas de divertimento. No seu número 2 reproduce poemas de Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Eduardo Pondal, Lamas Carvajal, Cabanillas, Noriega Varela, Eladio Rodríguez, Xan Fouciño e outros autores. Tamén insire unha breve biografía de Emilia Pardo Bazán e colaboracións de escritores galegos como Idilio Pájaro ou Alberto García. Publicou unha serie de “Trechos Históricos”, asinados por Xaquín Costa, centrados no alzamento dos Irmandiños. As ilustracións intercalan fotografías evocadoras de Galicia, das instalacións...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación en castelán fundada en Montevideo en decembro de 1991. A sociedade editora deste boletín é a Casa de Galicia de Montevideo. O sumario do primeiro número estaba dividido en: “Definición”, “Objetivos”, “Plantas Físicas”, “Masa Social”, “Actividades Asistenciales”, “Actividades Socioculturales”, “Recursos Humanos”, “Financiamiento”, “Proyectos de Desarrollo” e “Apreciación Final”. No tocante ao contido, informa sobre as actividades que realiza a institución, a evolución do número de socios, os servicios médicos que ofrece, os medios materiais cos que conta, os edificios, etc. Intercala fotografías institucionais dos edificios e dos servicios da entidade e varios gráficos que reflicten a súa evolución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín editado anualmente pola Casa de Galicia de Nova York. O primeiro número apareceu en decembro de 1946 baixo a dirección de Víctor Fernández. Tivo varias denominacións ao longo da súa traxectoria; así, en 1946, chamouse Unidad Gallega: Casa de Galicia; en 1956, Casa de Galicia: Unidad Gallega; e en 1959, Casa Galicia: Unity Gallega of U.S. Aínda que informaba principalmente de actividades desenvolvidas pola sociedade, na súa primeira edición afirmaban ser republicanos e galeguistas, feito que reflicten os   artigos sobre Galicia e os poemas e os contos en galego. Nun comezo dividíase nas seccións: “De intereses”, “De restaurant y bar”, “De propaganda”, “De fiestas”, “De damas”, “De instrución y cultura” e “De protección y auxilio”. En 1954 incluía unha “Sección artística”, ao ano seguinte, “Ayuda mutua” e en 1965, no seu 25 aniversario, incorporaba tres seccións denominadas “Nuestra Historia”, “Segunda sección” e “Actividades Sociales”. Inclúe anuncios comerciais e fotos de sociedade...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conferencia que tivo lugar na cidade de Casablanca entre o 14 e o 24 de xaneiro de 1943, e na que participaron Churchill, Roosevelt e De Gaulle, mentres se desenvolvía a Segunda Guerra Mundial. Co obxectivo de establecer futuras estratexias comúns, decidiuse a invasión de Italia despois de rematar as operacións en África, a intensificación dos bombardeos americanos en Alemaña e a esixencia dunha capitulación sen condicións de Italia, Xapón e Alemaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor paraguaio. Cultivou o relato e a novela. Da súa produción destacan as obras: La babosa (1952), onde mestura o castelán e o guaraní,   La llaga (1964) e   Los exiliados (1966).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sindicalista. Responsable do Partido Comunista de España (PCE) na comarca do Bolo. Retornou en 1932 de Euskadi e dedicouse a actividades propagandísticas entre os traballadores do ferrocarril que se estaba a construír entre A Gudiña e Vilar de Barrio. Destacada oradora e organizadora, foi asasinada en agosto de 1936.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arqueóloga. Licenciada en Filosofía e Letras (1967), doutorouse en 1981 coa tese Aportación al estudo de la glíptica romana en España: los entalles del Museo Arqueológico Nacional. Entre 1987 e 1988 foi directora xeral de Cultura da Xunta de Galicia; en 1995, logo de ocupar diferentes cargos na facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela, foi elixida directora do departamento de Historia I. Colaborou, entre outras, nas seguintes revistas: Gallaecia, Brigantium, Museo de Pontevedra e Boletín Auriense. Escribiu Colección de glíptica del Museo Arqueológico Nacional: serie de entalles romanos (1990). É membro do Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos, do Seminario de Estudios Galegos da área de Arte/Comunicación e da Asociación Profesional de Arqueólogos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociacións sen ánimo de lucro formadas por galegos ou descendentes de galegos residentes nunha determinada cidade, rexión ou país, que teñen como fins principais os proxectos de carácter cultural, recreativo, educativo e benéfico. As Casas de Galicia están espalladas por todo o mundo e non existe ningún tipo de uniformidade entre elas dada a distinta capacidade económica das mesmas. Así, por exemplo, as situadas no territorio español, como a Casa de Galicia de Gipuzkoa, de León, de Ondarroa, de Las Palmas de Gran Canaria ou de Valladolid, son modestas asociacións con orzamentos axustados baseados nas cotas dos socios. A súa actividade cultural céntrase na organización de cursos de galego, grupos de música ou baile tradicional, equipos deportivos e a edición de forma irregular de revistas, como é o caso de Aturuxo, a revista da Casa de Galicia de Las Palmas de Gran Canaria. Non obstante , existe un grupo de Casas de Galicia situadas en cidades e países que recibiron durante décadas galegos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Colaborador na prensa da época, dirixiu a Revista Universal Lisbonense e foi redactor de O Agricultor Micaelense. Introduciu o romanticismo no seu país, aínda que a súa obra presenta tamén trazos neoclásicos. Contra este anacronismo reaccionaron os poetas novos de Coimbra e promoveron unha polémica, a Questão Coimbrã, que contribuíu á afirmación do romanticismo proudhoniano e inconformista. Da súa produción destacan as obras: Amor e melancolia (1828), Quadros históricos de Portugal (1839), Escavações poéticas (1844), Crónica certa e muito verdadeira da Maria da Fonte (1846) e Outono (1863).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Coñecido como o poeta da Mahía, estudiou maxisterio en Santiago de Compostela e exerceu como ATS en América, onde colaborou en diversas publicacións como Galicia e Opinión gallega. Entre outras obras, publicou: Estampas gallegas (1955), Mi tierra (1962), Del corazón al lector. Poemas, odas e cantares (1968), Os do meu tempo (1971), Frorilexio poético (1987) e Os cabeiros refolgos (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Emigrou aos EE UU onde comezou a pintar. En 1934 instalouse en Madrid e posteriormente trasladouse a Ferrol. A súa obra caracterízase pola descrición de paisaxes e de personaxes populares cunha forte influencia da estética dos muralistas mexicanos.

    VER O DETALLE DO TERMO