"Rin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1743.
-
PERSOEIRO
Químico. Pioneiro na aplicación da mecánica cuántica e da estatística á química. Estableceu unha teoría sobre as proporcións de reaccións absolutas e sobre a actividade óptica, a espectrometría de masas, a bioluminescencia e a adición de dipolos e lonxitude de enlaces en polímeros flexibles.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político, fillo de L. Fábrega Coello. Licenciouse en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela (1926). Dirixente desde 1932 das xuventudes do Partido Radical, Vanguardia Republicana Federal, foi elixido deputado en 1933. Durante a Guerra Civil estivo preso nos campos de concentración de Rianxo e La Santa Espina (Valladolid) ata 1938. Retornou a Ourense e presidiu o colexio de farmaceúticos da provincia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Operación administrativa pola que unha empresa encomenda a unha entidade intermedia, tamén denominada factor, o cobro dos dereitos comerciais, ou das facturas pendentes, a cambio dunhas comisións.
-
-
Consideración desmesurada que un ten da súa propia persoa.
-
Enfado lixeiro e pouco importante.
-
Termo da verba dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘fachendoso’.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción ou comportamento propio dunha persoa fanfurriñeira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Presumir alguén do que non ten ou do que non é.
-
VER O DETALLE DO TERMO
fanfurriñeiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen presume do que non ten ou do que non é.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, e tamén do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘orgullo’.
-
-
-
Pos que se obteñen despois de moer os grans dos cereais, especialmente o trigo, o centeo e o millo. Ten como compoñentes principais o amidón e o glute. O glute, que é insoluble en auga, ten consistencia elástica, e está constituído fundamentalmente por proteínas, como a gliadina e a glutenina, que lle dan á pasta as súas propiedades durante o proceso de panificación. Na tradición oral recóllense ditos como: “Comín fariña por engordar e saíume por cea e por xantar. Derramando fariña non se goberna a casa miña. Onde non hai fariña nin relón, todos roñan e todos teñen razón. En abril e maio fai fariña para o ano.”
-
fariña centea
Fariña de centeo.
-
fariña integral
Fariña á que non se lle quita o farelo.
-
fariña milla
Fariña de millo.
-
fariña triga
Fariña de trigo.
-
-
-
Po ao que quedan reducidas algunhas materias sólidas.
-
fariña de liño
Pos, obtidos das sementes do liño, que se empregan en medicina para a elaboración de emplastos.
-
fariña de ósos
Adobo obtido de ósos de animais previamente descarnados e desecados.
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que se estableceu en lugares como Neda, Moraña, Meis, Mugardos ou Vilariño (Cambados). As súas armas levan, en campo de azul, nove besantes de prata, postos en aspa, e catro cruces trevoadas, de ouro, colocadas nos ocos. Outros traen, en campo de azul, nove monllos de fariña, postos en aspa, e nos catro ocos, unha cruz baleira, de ouro. Outra variante presenta escudo axadrezado de quince pezas, sete de azul e oito de ouro.
-
GALICIA
Arqueólogo. Director do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Dirixiu escavacións arqueolóxicas en diversos puntos de Galicia. Colaborou, entre outras publicacións, en Boletín Auriense, Cuadernos de Estudios Gallegos, Grial e El Museo de Pontevedra. Foi autor de obras como Estudios de numismática romana (1973), Pazos, torres e curral do Bispo de Ourense (1994) e Xesús Ferro Couselo: ensinante, galeguista, arqueólogo, erudito, investigador, o protector do noso patrimonio cultural (1996); e coautor, entre outros, de Museo Arqueolóxico, Ourense (1995) e O convento de San Francisco de Ourense (2000). Membro do Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritora. Cultivou a poesía e o xénero dramático, e colaborou en publicacións da época como Lar ou Terra con títulos como “Ilusión”, “Pétalos líricos” ou ”Vida truncada”. Da súa produción destacan Cadencias (1922), Hosanna: bajo el cielo porteño (1931), Por España y para España! El libro del combatiente. (1937), Seara (1924), Margarida a malfadada e O soldado froita e outros diálogos e monólogos. No eido da literatura dramática é autora do drama Margarida a malfadada, do diálogo cómico O soldado Froita e outros diálogos e monólogos e da zarzuela en tres actos O avarento, con música de José Jané.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e profesor. Licenciouse en Filosofía e Letras pola Universidad de Valladolid, e en Políticas e Económicas, pola de Madrid. Doutorouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela co estudo “La legislación de los sínodos diocesanos de Orense en los siglos XV y XVI, sobre los sacramentos del Bautismo, Penitencia, Eucaristía y Matrimonio”. Foi funcionario do Corpo Técnico da Administración do Estado e do Corpo Técnico do Instituto Nacional de Previsión de Pontevedra, ademais de profesor de ensino medio en Ferrol, Pontevedra e Ourense, e maxistrado de traballo en Pontevedra. En 1934 ingresou no Seminario de Estudos Galegos. É autor de numerosos traballos de investigación, como “Notas sobre motivos ornamentales visigóticos: El ladrillo con relieves”, “Los normandos en Galicia” ou “El Monasterio de Montederramo: estudo histótico-artístico”. Escribiu O libro da heráldica galega (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Doutor en Dereito, ingresou no corpo de secretarios da administración local. Despois de ocupar diversos destinos, foi xefe de estudios do Instituto de Estudios de Administración Local e presidente do Colegio Oficial de Secretarios de Ayuntamientos. En 1981 a Xunta designouno oficial maior para a sesión constitutiva do Parlamento de Galicia. Das súas publicacións destacan Carballiño. Poemas ao xeito vello pra unha vila nova (1957), Cando Colás foi á lúa (1969), Co sorriso nos beizos (1969), O mesón do birollo (1971), A feira do Carballiño (1981), Tiroliro a sete voces (1984), Golfaróns de sangue (1989), Os concellos galegos (1991-1993) e A parroquia rural en Galicia (1996). Recibiu, entre outros premios, o Centolo de Ouro (1972) e o Otero Pedrayo (1982).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintora. Traballou a pintura figurativa e a paisaxe ao óleo e o acrílico sobre tea. Realizou exposicións en diversas cidades galegas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actriz. Iniciou a súa carreira no grupo afeccionado Tespis da Coruña, e desenvolveuna despois nas cidades de Madrid e València. En Galicia participou en espectáculos como Xubileu (1982), realizado por Troula, ou en Agasallo de sombras (1984), Caderno de Bitácora (1985), O enfermo imaxinario (1986) ou Valle-Inclán 98 (1998), producidos polo Centro Dramático Galego. Tamén realizou diversas colaboracións en programas e series de televisión.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e violinista italiano. Formado con Monteverdi, foi Konzertmeister en Dresden. Introduciu innovacións técnicas no violín e sonatas para este instrumento.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico e comerciante. Estableceuse en Colonia en 1709 e dedicouse á fabricación e venda dunha auga perfumada que se coñece co nome de auga de Colonia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xesús Franco González.