"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
PERSOEIRO
Pintor. Viviu dende o ano 1937 en Galicia, primeiro na Coruña, onde cursou estudos na Escola de Artes e Oficios, e máis tarde en Santiago de Compostela. Tras unha viaxe a París e unha estancia en Madrid retorna á Coruña. A súa obra presenta unha grande influencia dos impresionistas franceses en canto á cor, e posúe unha coidada composición.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor, escenógrafo, figurinista e director de escena, cine e dobraxe. Principiou a súa andaina como actor e escenógrafo no grupo Teatro Circo en espectáculos como Crónica do sol de inverno (1971). Logo iniciou unha longa estancia en Madrid, onde se uniu ao grupo La Picota. De volta en Galicia participou na fundación de Troula, co que dirixiu: O velorio (1978), a partir dun texto homónimo de Francisco Taxes; Anastas ou a orixe da constitución (1979) a partir dunha obra de Juan Benet; ou Pedro Madruga (1980), sobre un guión de Miguel Gato. Co Centro Dramático Galego ten dirixido espectáculos como: Caderno de Bitácora (1985), partindo dun texto homónimo de Francisco Taxes; Un refaixo para celestina (1993), sobre unha adaptación da coñecida obra de Eduardo Blanco Amor; e Viaxe e fin de Don Frontán (1995), sobre textos de Rafael Dieste ou Lugar (1999) a partir da obra homónima de Raúl Dans. Como actor participou en moi diversas...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Licenciada en Filoloxía Hispánica, realizou a súa memoria de licenciatura en 1986 sobre a lingua de Rosalía de Castro. Ten publicados estudios de crítica literaria no Anuario de Estudios Literarios Galegos e en Grial. Participou nos volumes colectivos Carles Riba e Galicia (1993), Comentarios de textos populares e de masas (1994) ou Luís Seoane. Día das Letras Galegas (1994). Fixo tamén as edicións Rosalía de Castro para nenos (1988), O catecismo do labrego e outros textos en prosa (1992), de Valentín Lamas Carvajal e Entrevistas con E. Blanco-Amor (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta e xornalista. Realizou estudios na Escola de Altos Estudios Mercantís da Coruña. É unha das figuras máis destacadas da Xeración das Festas Minervais e autor dunha extensa obra poética cun pouso inequivocamente existencial e certo Socialrealismo, recoñecida e estudada por Xesús Alonso Montero, Basilio Losada Castro, Xosé Luís Méndez Ferrín, Anxo Tarrío Varela, entre outros. Fundador nos anos cincuenta do grupo poético Amanecer. Ten colaborado en diversos libros colectivos e revistas, e participado en numerosos recitais poéticos. Comezou a súa andaina literaria no 1982 co libro Memoria dun silencio, séguenlle os libros Fértil corpo do soño (1985); Restauración dos días (1986); As voces consagradas (1992); As doazóns do incendio (1993); Habitante único (1997); Luz de facer memoria (Premio Miguel González Garcés, 1998). En castelán publicou Desnudo en barro (1983) e Cenizas en el salmo (1985).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Prateiro. En 1640 encárgaselle pola mordomía do Hospital Real de Santiago o arranxo e pintado da cruz de acibeche do citado hospital, cruz que hoxe non existe.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Catedrático de Teoloxía Escolástica (1816). Presidiu a Academia de Sagrada Teoloxía e interveu no alistamento do Batallón Literario. No 1811 fundou o semanario compostelán El Sensato que continuou a publicarse ata 1815. Ao regreso da monarquía absolutista de Fernando VII, estivo baixo sospeitas pola publicación dese xornal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor arxentino, coñecido tamén polo pseudónimo Fray Mocho. É autor de narracións costumistas e picarescas de extraordinaria popularidade: Un viaje al país de los matreros (1897), Cuentos de Fray Mocho (1906). As súas obras completas publicáronse en 1954.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Diplomático e escritor romántico. Amigo de Espronceda, publicou no 1852 unha continuación de El diablo mundo e numerosos poemas imitando os de Zorrilla, Espronceda e Lord Byron. A súa obra máis salientable é a narración La protección de un sastre (1840).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Foi creado en 1988 pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. Dotado economicamente con 1.000.000 de pesetas e convocado con carácter anual, podían acceder a el tan só textos teatrais inéditos. O premio incluía a publicación e, de ser o caso, a representación da obra premiada. Nas sete edicións que tivo resultaron gañadores do Premio: Roberto Salgueiro con O arce do xardín (1988); Euloxio R. Ruibal por Azos de esguello (1989); Agustín Magán por Os rebertes (1990); Roberto Vidal Bolaño con Saxo tenor (1991); Xosé Cid Cabido e Andrés Vila con Copenhague (1992) e Manuel Riveiro Loureiro por O prazo. Convocouse por última vez en 1994, debido a unha reestruturación na política de premios da Consellería de Cultura, pola que se decidiu outorgar un único galardón, o Premio das Letras e das Artes de Galicia, no que se recoñece o labor de toda unha traxectoria vital dedicada á cultura galega. En xaneiro de 1999 o Instituto Galego das Artes...
-
PERSOEIRO
Autor probablemente portugués do que apenas se rexistran datos e que compuxo unha “pregunta” dirixida a Gómez Manrique tal e como figura no Cancioneiro de Baena, que foi composta ao redor de 1467.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico castelán. Dominico, predicador e reformador da súa orde. Foi confesor da Raíña Catalina de Lancáster, muller de Enrique III, e aio do infante Xoán. Defendeu os dereitos do infante para converterse en Xoán II de Castela, quen lle ofreceu o priorado do convento de Scala Coeli. A súa festa celébrase o 19 de febreiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PERSOEIRO
Estadista arxentino, neto de Carlos María de Alvear. Membro da Unión Cívica Radical (1890), participou nas revolucións de 1890, 1893 e 1905. Substituíu a Yrigoyen na presidencia (1922-1928) e seguiu unha política máis moderada. Dende o derrocamento de Yrigoyen (1931), exerceu o liderato do Partido Radical.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aeroporto situado no lugar homónimo da parroquia de Almeiras, no concello de Culleredo, e que dá servizo á área metropolitana da Coruña. Inaugurado o 24 de maio de 1963, ten categoría de aeroporto doméstico, aínda que ofrece servicios regulares con París e Londres cunha frecuencia de tres voos semanais en ambos os casos. Conecta diariamente con Barcelona e Madrid, e tamén ten liñas regulares con Bilbao e Oviedo. En 1997 rexistrou un total de 405.068 pasaxeiros.
-
PERSOEIRO
Condottiero (‘mercenario’) italiano. Loitou a soldo do Papa (1478), da familia Orsini (1496) e do Rei Fernando II de Aragón (1503) contra as tropas francesas polo Reino de Nápoles. No 1507 pasou ao servizo de Venecia. Prisioneiro dos franceses na Batalla de Agnadello (1509-1513), aínda estando ao servizo de Venecia, contribuíu á vitoria francesa de Marignano (1515) contra os suízos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo nome galego procedente do xerm alls ‘todo, moi’ e wit(t) ‘perspicacia’. Deste antropónimo derivan os topónimos Casalvito e Alvite; este último tamén apelido. Dun santo Alvito parece derivar tamén o topónimo Santo Alvites en Celeiro. A festividade de santo Alvito celébrase o 27 de decembro, pero en Galicia celebrouse un Santo Alvito, bispo, o 8 de novembro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sal ou éster do ácido alxínico. Os alxinatos máis importantes son os de sodio, potasio, amonio e calcio, que se empregan en aplicacións onde a pureza da alxina é insuficiente: industria alimentaria, farmacéutica e cosmética.
-
PERSOEIRO
Dramaturgo vasco. Actor, director e autor, participou no intento de consolidar un teatro moderno en lingua vasca, e deixou unha trintena de pezas entre orixinais de xénero humorístico, libretos de ópera, traducións e adaptacións. Son exemplos: Aterako gera (Partiremos, 1888), Bost Urtian (En cinco anos, 1922), Irritza (adaptación de Macbeth, 1924) e outras obras. Foi director da Academia de la Lengua y Declamación Vasca.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción de alzar ou alzarse.
-
Acción de alzarse ou levantarse en rebelión.
-
Acción ou efecto de poxar.
-
Conxunto de animais de caza que foron axotados do tobo, acubillo ou niño.
-
Provocación voluntaria dunha situación de insolvencia económica coa finalidade de prexudicar os acredores. Constitúe delito e pode ser cometido mediante a fuxida do deudor cos seus bens, a simple ocultación ou desaparición do seu patrimonio, a realización de vendas simuladas ou fraudulentas, a asunción de débedas e accións semellantes. Pode afectar nada máis que a unha parte do patrimonio.
-
-
PERSOEIRO
Arquitecto. Formou parte do grupo inicial do GATCPAC e participou na xuntanza deste movemento en Zaragoza o 26 de outubro do 1930.
VER O DETALLE DO TERMO