"Van" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 703.

  • Denominación xenérica dos anións poliatómicos que teñen vanadio como átomo central e dos sales que conteñen estes anións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao vanadio.

    2. Que contén vanadio.

    3. Aplícase aos compostos de vanadio con valencia 5.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Clorovanadato de chumbo, de fórmula Pb5Cl(VO4)3, que cristaliza no sistema hexagonal. É de cor amarela, alaranxada ou castaña, e ten unha dureza de 3 e unha densidade de 7.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elemento químico, de número atómico 23 e peso atómico 50,9415, que pertence ao grupo VB da táboa periódica. É un dos metais da primeira serie de transición e o vixésimo segundo elemento máis común da cortiza terrestre. Foi descuberto por N. Sefström (1839) e preparado en forma pura por Roscoe (1867). O vanadio natural está constituído por unha mestura de dous isótopos, con masas 50 e 51; o vanadio 50 é radioactivo e un dos radioisótopos que existiron ao longo de todo o tempo xeolóxico. O vanadio aparece na natureza en forma de numerosos minerais, como a roscoelita ou a vanadinita. Desde o punto de vista químico é estable no aire a temperatura ambiente e oxídase rapidamente a temperatura elevada. É resistente á auga, ás solucións salinas, ás bases acuosas e aos ácidos sulfúrico e clorhídrico, pero non ao ácido nítrico, á auga rexia e aos álcalis fundidos. Actúa principalmente nos seus compostos con valencia 2, 3, 4 e 5. Ten unha grande aplicación en siderurxia como compoñente minoritario...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Amasar o pan.

    2. Dar forma á masa.

    3. Pasar o gran por unha criba para limpalo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Representante do barroco inglés, das súas obras destacan o Castle Howard (1699-1714), o Blenheim Palace (1705-1724), o castelo de Easton Neston e os palacios de Eastbury e Seaton Delaval.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antibiótico illado de Streptomyces orientalis, que se emprega contra as bacterias Gram-positivas, especialmente os estafilococos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa de Canadá, en Columbia Británica (32.100 km2; 509.460 h [1986]). Situada no Océano Pacífico, ao S do arquipélago da Raíña Carlota, é paralela á costa, da que a separan as numerosas illas dos estreitos da Raíña Carlota, de Georgia e de Juan de Fuca. Na banda oriental concéntranse os núcleos urbanos principais: Duncan, Nanaimo, Port Alberni, Courtenay, Campbell e Victoria, capital de Columbia Británica. Os recursos económicos derivan da explotación forestal, a minaría (carbón, ferro e cobre), a actividade agropecuaria (leite, froita, verdura) e o turismo. Descuberta en 1592 por Juan de Fuca, foi visitada en 1792 polo capitán G. Vancouver e converteuse en territorio británico en 1846.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Columbia Bri­tánica, Canadá (545.671 h [2001] e 1.986.965 h [2001] a área metropolitana). Situada na costa do Pacífico, forma un porto natural na baía de Burrard, brazo do estreito de Georgia. É centro do comercio canadense polo Pacífico e cabeza de liña dos dous ferrocarrís transcontinentais: o Canadian National e o Canadian Pacific. A industria da madeira, a do papel e a alimentaria son as principais actividades fabrís. A área urbana expandiuse por núcleos próximos, como os de New Westminster e North Vancouver.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante. Formou parte de dúas das expedicións de Cook (1772-1775 e 1776-1780). Escribiu A Voyage of Discovery to the North Pacific and round the World (1798), relato da viaxe que fixo entre 1791 a 1794.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Coñecido como Jiři Mahen, escribiu obras poéticas de ton impresionista, ademais de dramas, como Mrtvé More (O mar Morto, 1918), e novelas, como Kamarádi svobody (Camaradas da liberdade, 1909).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino que procede do xermánico vand ‘espírito, alento’. Ben puido ser un nome inventado, derivado do nome dos vándalos, polo frade polaco V. Klablubek (s XIII) para unha heroína da súa lendaria historia das orixes dos polacos, segundo a que sería filla de Krek ou Krakus, o fundador de Cracovia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Traballou con Diego de Siloé na igrexa do Salvador (1536), en Úbeda, onde tamén traballou na igrexa do Hospital de Santiago e nos palacios Vázquez de Molina e Vela Cobos. En 1554 foi nomeado mestre de obras da catedral de Jaén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao vandalismo.

    2. Relativo ou pertencente aos vándalos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tendencia a destruír por gusto perverso, ignorancia ou ostentación de forza, as obras da civilización ou aquilo que pertence ao dominio artístico, científico ou sagrado.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente aos vándalos.

      2. Individuo do pobo vándalo.

      3. Pobo xermánico que, ao inicio da era cristiá, estaba instalado á beira esquerda do curso medio do Vístula. Dividido en silingos e asdingos, establecéronse en Moravia no s II, e despois en Panonia setentrional. En 401 avanzaron cara ao Rin e espalláronse pola Galia. En 409 conseguiron atravesar os Pireneos centrais e occidentais e ocuparon diversas zonas da Península Ibérica. Os vándalos silingos establecéronse en Andalucía, onde foron derrotados polo visigodo Valia en 416-418. Os vándalos asdingos comezaron ocupando a metade setentrional de Portugal e en 425 tomaron Sevilla e despois Cartagena. En 429 establecéronse no N de África, desde onde se apoderaron das Balears, Córsega, Sardeña e Sicilia. En 455 saquearon Roma. Belisario, xeneral do Emperador Xustiniano, destruíu o seu reino e incorporou os territorios ao Imperio de Oriente en 534.

      4. Lingua xermánica do phylum indoeropeo que falaba o pobo vándalo.

    1. Que ou quen realiza actos vandálicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Tarragona, Catalunya (4.373 h [2001]). No seu termo atópanse as centrais nucleares de Vandellòs.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político estadounidense. Senador desde 1928, impulsou a creación da ONU (1945), do Plan Marshall (1948) e da OTAN (1949).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático. Estudou as ecuacións cúbicas e cuadráticas e elaborou, xunto con Lagrande, métodos para resolver ecuacións. Son especialmente importantes os seus estudos sobre os determinantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político belga. Foi un dos dirixentes do Parti Ouvrier Belge (1890), posteriormente Parti Socialiste Belge. Durante a Primeira Guerra Mundial formou parte dos gobernos de unión nacional (1914-1917). Foi ministro de Xustiza (1919-1921) e de Asuntos Exteriores (1925-1927). Como dirixente socialista impulsou unha política reformista e contraria ás teses dos bolxeviques.

    VER O DETALLE DO TERMO