"llo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1518.

  • Aplícase ás cousas que lles correspondería ser semellantes e non o son.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Novela publicada por Carlos Casares en 1996. Ambientada nos anos anteriores e posteriores á Guerra Civil española, combina a temática amorosa coa crónica político-social e a reflexión filosófica. A través da perspectiva externa dunha muller innominada (“Ela”), que observa desde a ventá da súa casa o protagonista (“El”), nárrase a historia dun triángulo amoroso en dous tempos: lembranzas do pasado e sucesos do presente. O “Deus” é un intelectual co que “Ela” tivo unha intensa relación amorosa na súa xuventude. A identificación do protagonista coas aspiracións do novo réxime franquista fan que “Ela” torne progresivamente a súa admiración inicial polo desprezo absoluto. Non obstante , co paso dos anos, “El” evoluciona desde o entusiasmo inicial á frustración e á perda de fe nos ideais que apoiara ata chegar á postración do presente, símbolo de illamento e decadencia. A indagación ética sobre a condición humana e o compromiso do intelectual co tempo que lle tocou vivir, así como a reflexión...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación manuscrita que apareceu en 1899 en Muros e que cesou ao ano seguinte. Colaboraron na súa redacción Ramón de Artaza Malvárez e Xoán Xosé Rodríguez Lojo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e cronista de Indias. Marchou a Cuba no 1514 e participou na primeira expedición a México (1517), dirixida por Francisco Hernández de Córdoba, e na segunda (1518), con Juan de Grijalva. Acompañou a Hernán Cortés durante a terceira (1519) e tomou parte na conquista de Nueva España, do Yucatán, de Guatemala e de Honduras. Dende 1539 viviu en Santiago de los Caballeros de Guatemala, onde casou con Teresa de Becerra, filla do conquistador de Guatemala. Nomeado rexedor perpetuo de Santiago (1551), recibiu tamén o nomeamento de Hijodalgo e o Certificado de Armas, outorgado por Filipe II. Escribiu Historia verdadera de la conquista de la Nueva España, publicada en 1632, crónica sobre as accións colectivas que fixeron posible o triunfo de Cortés, que refuta as versións de Francisco López de Gómara na Historia general de las Indias y conquista de México (1552) e das Cartas de Hernán Cortés. É unha das narracións máis destacadas da conquista, que revive procedementos da crónica medieval e...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Artista plástica. Licenciouse na facultade de Belas Artes de Pontevedra (1997) nas especialidades de pintura, deseño e audiovisuais. Recibiu, entre outras, unha bolsa Erasmus e outra da Universidade de Kingston (Londres, 1995). Participou, entre outros, no III Taller Pablo Picasso de Unión Fenosa (A Coruña, 1997). As formas xeométricas (rectángulos, cadrados e trapecios) son unha constante nas súas composicións. A súa obra presenta un entrecruzamento plástico que se forma a partir da transparencia da mancha e de diversas liñas que percorren o lenzo dividindo o espazo e acoutando zonas. Malia a importancia da liña e do círculo, é a cor a que determina o maior poder de suxestión da obra na procura dunha expresividade en certo modo lírica que vai avaliada pola poética que suxiren os títulos. Entre outras obras, destacan Mancha de parto, As teas paridas, Un caserío de 1584. E dous marroquís, As miñas voces preferidas e No interior do meu corpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político. Representou a Donegal (1932-1937) e a Monaghan (1937) no Dáil Eireann. Foi ministro de Agricultura (1948-1951 e 1954-1957) e, como xefe do Fine Gaël, dirixiu a oposición no Dáil Eireann (1959-1965).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político irlandés. Colaborou na fundación da liga irlandesa nos EE UU, xunto con Parnell e Davitt. Deputado polo condado de Typperary (1880) e líder da Federación Nacional Irlandesa (1896), sucedeu a John Redmond na dirección do reunificado Partido Nacionalista de Irlanda (1918). Ao ser derrotado polo Sinn Fein abandonou o parlamento. Foi un dos promotores do Plan of Campaign, reforma da propiedade agrícola de Irlanda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de tenias ao que pertence a especie D. latum, que para completar o seu ciclo vital ten como hospedeiros: primeiro os copépodos, logo os peixes e, por último, os depredadores destes, entre os que está o home -ó que lle afecta cando inxire os peixes crus, mal cociñados ou afumados-.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia inglesa de ópticos e construtores de aparellos de precisión. John Dollond (1706-1761) construíu o primeiro obxectivo acromático para lentes astronómicas e unha variada gama de compostos oculares. Peter Dollond (1730-1820) construíu un micrómetro de cuarzo e diversos modelos de lentes con retícula. George Dollond (1774-1852) inventou un instrumento para medir ángulos acimutais e un heliómetro. Foi membro da Royal Society en 1819 e un dos fundadores da Royal Astronomical Society.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornada de revoltas populares que iniciou a Revolución de 1905. Aconteceu o día 22 de xaneiro en San Petersburgo, e a acción represiva do exército e da policía causou gran número de mortos e acabou coa confianza da clase obreira rusa no seu tsar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘calzós’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Donato di Betto di Bardi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico de arte e filósofo italiano. En 1948 fundou, con B. Munari e A. Solati, o Movimento pro Arte Concreta (MAC) e en 1955 presentou, con M. Zanuso, unha exposición sobre deseño industrial italiano en Londres. Foi profesor de estética na Universidade de Milán dende 1956. Colaborou coas revistas Casabella, Nueva Visión, Art d’Aujourd’hui e The Studio. Entre as súas obras destacan as monografías Bosch (1953) e Dürer (1958), e varios ensaios, entre os que sobresaen, Il devenire delle arti (O devir da arte, 1959), Ultime tendenze nell’arte d’oggi (Últimas tendencias na arte de hoxe, 1961), Senso e insensatezza nell’arte d’oggi (Sentido e insensatez na arte de hoxe, 1971) e L’intervallo perduto (O intervalo perdido, 1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Raymond Duchamp.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Escocia, Reino Unido (6.369 km2; 147.900 h [estim 1995]). A capital é Dumfries (32.804 h [estim 1995]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático. Doutorouse en Matemáticas na Universidade de Santiago de Compostela en 1983. Foi profesor na universidade compostelá dende 1979 a 1986 e na Universidade de Vigo dende 1986, onde ocupa o cargo de catedrático de Matemática Aplicada dende 1992. O seu labor como investigador céntrase na análise matemática e numérica de ecuacións en derivadas parciais que rexen diferentes fenómenos da física e da enxeñería; especialmente, en problemas de fronteira libre, métodos de elementos finitos e aplicacións en termodinámica, triboloxía e glacioloxía. Parte deste traballo desenvolveuno en centros estranxeiros, como o Institut National de Recherche en Informatique et Automatique de París (1984, 1985 e 1987) e no Institut National des Sciences Apliquées de Lyon (1989, 1991, 1993, 1996 e 1998). É autor de máis de 60 traballos de investigación publicados en revistas científicas. Ofreceu numerosas conferencias en universidades españolas e estranxeiras e participou en máis de 30 congresos nacionais...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiadora. Doutora en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (1987) e profesora de historia medieval da facultade de Humanidades da Universidade de Vigo dende 1974, da que foi vicedecana (1994-1996) e decana dende 2001. Realizou traballos de investigación relacionados co Bierzo e coa provincia de Ourense; entre outros, destacan os estudios sobre o monacato cisterciense na provincia de Ourense, a antroponimia galaico-leonesa dos s X ao s XIV e a cultura vinícola na zona do Ribeiro, as Rías Baixas e Valdeorras. Colaborou, nas publicacións, Estudios Humanísticos e Estudios Bercianos e nas obras La ciudad y el mundo urbano en la Historia de Galicia (1988), Poder y sociedad en la Galicia Medieval (1992), El monacato en la diócesis de Astorga durante la Edad Media (1995), Historia de Ourense (1996) e Galicia fai dous mil anos. O feito diferencial galego (1997). Entre as súas obras destacan San Pedro de Montes:...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome popular da moeda española de medio escudo de ouro, cuñada nos ss XVIII e XIX, e que equivalía ao duro de prata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Editora Técnica Alvarellos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Wessex (899-924), sucesor do seu pai, Alfredo I o Grande. Unificou a maior parte de Inglaterra ao S do río Humber nunha serie de campañas contra os daneses, coa axuda do seu cuñado Ethelred, rei de Mercia. Trala morte do seu cuñado e da súa irmá, Aethelflaed, incorporou Mercia aos seus reinos. No 920 recibiu a submisión do Rei Reagnald de York e doutros pequenos reinos da Nortumbria, Gales e Escocia. Estableceu unha administración unificada sobre os seus territorios.

    VER O DETALLE DO TERMO