"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín editado en Vigo en 1989 polo sector de Cultura do Concello de Vigo. Subtitulouse “Cuadernos municipais de cine”. A través dos guións de Biosbardos e dos debuxos de Pepe Carreiro facíase unha breve recensión da película, do autor do libro ou guión orixinal, e incluíase información relativa á cinematografía en xeral.
-
GALICIA
Realizador e guionista cinematográfico. Tras estudar dirección na Escuela Oficial de Cinematografía de Madrid, iniciouse no Cine Club Amateur da Coruña da man de José Ernesto Díaz-Noriega. Nesta etapa dirixiu as películas en formato afeccionado El mirón (1971) e El perro blanco (1972). Posteriormente, entrou a formar parte do grupo Enroba, creado por Enrique Rodríguez Baixeras, co que colaborou en distintos proxectos, e para o que escribiu o guión de A morte do mariscal (1973), en formato Super8, e O documento (1974). En 1975 dirixiu A Tola, curtametraxe en 16 mm basada nun relato de Francisco Taxes, con quen escribiu o guión. Unha vez disolto o grupo, realizou unha serie de proxectos en formato profesional. En 1976 escribiu o guión de dúas películas: Fendetestas (Antonio F. Simón) e O herdeiro, que tamén dirixiu. En 1977 dirixiu Os cigarróns (Viejas costumbres gallegas) e A rapa das bestas. En 1990 realizou...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestre e político. Militante do PSdeG-PSOE desde 1977, foi deputado por Lugo no Parlamento de Galicia na I, II, III e IV lexislaturas (1981-1997). Alcalde de Monterroso desde xullo de 1999. Publicou O entroido de Casa de Naia (1992) e Os muíños de auga na Ulloa (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación de carácter humorístico editada en Vilalba a partir de 1919. Tiña unha periodicidade irregular e unha tiraxe de douscentos exemplares.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte que serve de límite ás parroquias (e concellos) de San Mamede de Carnota, Santa Comba de Carnota (Carnota) e Torea (Muros). O seu cumio acada os 501 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación universitaria quincenal editada por Campus Magazine e a Asociación Universitaria Volvoreta na Coruña dende 1994. Dirixida por Alejandro Rodríguez, conta no equipo de redacción, entre outros, con Marta López, Julio Díaz, Alfredo López, Gloria García, María Tornero e Ramón Domínguez. Cunha tiraxe superior aos 18.000 exemplares, repártese entre o alumnado das distintas universidades galegas. Divídese nas seccións “a-z”, “pasen y lean”, “cartas al director”, “universidade da coruña”, “manda güevo”, “universidade de santiago”, “funda-mental”, “universidade de vigo” e “usted conteste”. Inclúe novas relacionadas co mundo universitario galego, con información sobre profesores, materias, titulacións, ademais de entrevistas e reportaxes das festas que se organizan nos centros.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revolta popular que tivo lugar en Madrid en abril de 1699 con motivo da sucesión de Carlos II o Enfeitizado. Aproveitando a crise de alimentos trala mala colleita de 1698 e o malestar popular, os partidarios do candidato francés dirixiron a rebelión contra os partidarios do pretendente austríaco. A presión dos amotinados levou ao monarca a destituír o conde de Oropesa e a J. T. Enríquez de Cabrera y Toledo, do partido proaustríaco, e a substituílos por Francisco Ronquillo e L. Fernández de Portocarrero-Bocanegra, defensores da solución francesa.
-
MONTES
Monte que serve de límite ás parroquias (e concellos) de Fruíme (Lousame) e Buxán (Rois). O seu cumio acada 548 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Produción cinematográfica italiana realizada en 1963. Foi dirixida por Luchino Visconti e interpretada por Burt Lancaster, Claudia Cardinale, Alain Delon, Paolo Stoppa, Rina Morelli e Romolo Valli. A película encádrase na época histórica do Risorgimento, e reflicte perfectamente os modelos sociais da época. O filme transmite unha mensaxe política que se resume na frase que repiten varios personaxes, “Se queremos que todo quede como está, é necesario que todo cambie”. Esta película gañou a Palme d’Or do Festival de Cannes de 1963 e converteuse nunha das mellores obras de Visconti.
-
PERSOEIRO
Arquitecto. Nacido nunha familia de caldeireiros, chegou a Barcelona en 1870 para estudar arquitectura, onde tamén traballou en diferentes estudios de arquitectos e de mestres de obras. A súa produción pódese dividir en catro etapas. A primeira delas desenvolveuse entre 1878, ano no que se titulou, e 1882. Caracterizouse pola súa comuñón co ideario cooperativista, as obras desta época son de carácter urbano e social. Colaborou con Josep Fontserè no parque da Cidadela, proxectou farois e un posto de flores con quiosco e urinario, e construíu a fábrica e dous edificios de vivendas da cooperativa L’Obrera Mataronense. A etapa central da súa obra estendeuse entre 1883, data na que lle encargaron o templo da Sagrada Familia (ata o 1900). Caracterizouse polo esforzo por superar os estilos históricos e conseguir unha plástica e unhas formas estruturais propias, aspectos básicos do seu estilo. Foron anos de intensa actividade en que coñeceu a Eusebi Güell i Bacigalupi e nos que construíu a casa...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Algarismo que se emprega no estudo dos espacios vectoriais que, dados uns vectores arbitrarios, permite deducir efectivamente os que son linealmente independentes e que, por tanto, tamén son base do subespacio que xeran. Aplícase este método para atopar o rango dunha matriz calquera.
-
PERSOEIRO
Historiador, crítico de arte e escritor. Doutor en Filosofía e Letras (1958), dirixiu as galerías Laietanes de Barcelona (1947-1958) e foi cofundador da Asociación Española de Críticos de Arte, da que foi vicepresidente. Colaborou en diversos volumes de Ars Hispaniae: Historia del arte hispánico e de Summa Artis. Das súas obras de temática artística destacan: Historia y Guía de los museos de España (1955), Bibliografía crítica y antológica de Velázquez (1963), La pintura española del siglo XX (1970) e Historia de la crítica de arte en España (1975), ademais de monografías sobre artistas e cidades españolas. Como literato escribiu El santero de San Saturio (1953), Tratado de mendicidad (1962), Historias del cautivo (1966) e Los gatos salvajes (1968). Foi membro do Instituto Velázquez do CSIC, do Instituto de Coimbra e correspondente de The Hispanic Society of America.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político. Durante a Guerra de Independencia loitou en Asturias como sarxento maior do Corpo de Voluntarios. Foi deputado pola provincia de Lugo nas Cortes de Cádiz (1813).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nome co que se coñece a Rómulo de Carvalho, poeta, profesor de química e investigador de historia das ciencias. Entre o rigor científico e un certo gusto polo popular, a súa poesía tende ao compromiso social. Das súas obras cabe destacar: Movimento perpétuo (1956), Teatro do mundo (1958), Máquina de fogo (1961), Poema para Galileu (1964), Linhas de Força (1967), Poesias Completas (1969) e A Poltrona e Outras Novelas (1973). En 1983 publicáronse os seus Poemas póstumos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor holandés. A súa obra representa unha evolución na paisaxe de fondo tratada de forma naturalista. Doutras obras destaca o tríptico A crucifixión, realizado para o mosteiro dos Irmáns de San Xoán de Haarlem e do que se conservan as táboas A lamentación de Cristo e A cremación dos ósos de San Xoán Bautista.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político brasileiro. Foi xefe da Casa Militar (1964), maxistrado do Tribunal Supremo Militar e ocupou a presidencia da empresa estatal petroleira Petrobrás. Como presidente da República (1974-1979) creou as condicións para a apertura política que levaron á restauración da democracia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo empresarial norteamericano fundado en 1908 por W. Capro Durant. Nun principio dedicouse á fabricación de automóbiles, para o que absorbeu as marcas Buick, Cadillac, Chevrolet e Oldsmobile, e despois diversificou a súa produción a sectores como o dos aparatos eléctricos e electrónicos e o financeiro. Con sede en Detroit, adquiriu as compañías europeas Vauxhall (1925) e Opel (1929). Ao principio da década dos noventa sufriu fortes perdas, feito que o obrigou a pechar un gran número de plantas e a abrirse aos mercados exteriores, sobre todo China e Europa do L. Controla General Motors España SA (1979), con sede en Madrid e ten fábrica propia en Zaragoza.
-
CIDADES
Cidade da Illa de Mindanao, Filipinas, situada no centro da baía de Sarangani, ao S da illa (327.173 h [1995]). Porto pesqueiro e centro industrial. Ata 1954 denominábase Buayan.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da provincia de Bos Aires, Arxentina, que forma parte da aglomeración do Gran Bos Aires (646.891 h [1991]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista e filósofo italiano. Catedrático de Metafísica da Università de Napoli (1738-1753), foi acusado de herexe polas súas ideas empiristas. Ocupou en 1754 a primeira cátedra europea de Economía Política, desde a que recomendou a expropiación dos bens eclesiásticos, a abolición dos dereitos feudais e estableceu un precedente da teoría subxectiva do valor. Das súas obras destacan Disciplinarum metaphysicarum elementa (1743-1752) e Delle lezione commercio (1765).
VER O DETALLE DO TERMO