"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Campo dentro da lingüística diacrónica e da lexicoloxía histórica, que mide o tempo pasado entre os estadios dunha lingua por medio de formas que son identificables etimoloxicamente, ou ben que tenta determinar os cambios lingüísticos para establecer os sistemas léxicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor alemán. Estudiou con G. B. Sammartini en Milán e estableceuse en Viena como kapellmeister do teatro imperial. Estreou óperas cómicas de estilo francés e reformou a ópera evitando os excesos vocais que dificultaban a comprensión do texto e adecuando as teorías do neoclasicismo incipiente. Estreou en Viena Orfeo ed Erudice (1762), Alceste (1767) e Paride ed Elena (1770) e, en París, Iphigénie en Aulide (1774), Alceste (1776) e Iphigénie en Tauride (1779).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calquera sal ou éster do ácido glutámico.

    2. Po branco soluble en auga e alcohol. Emprégase como aditivo alimentario potenciador do sabor en derivados cárnicos ou sopas preparadas. Algúns especialistas coinciden en sinalalo como responsable do sabor umami (tamén denominado quinto sabor). Tamén recibe o nome de glutamato sódico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos gnatostomados.

    2. Vertebrado do grupo dos gnatostomados.

    3. Subfilo de cordados que inclúe a todos os vertebrados que posúen maxilares e extremidades pares. Comprende seis clases: os mamíferos, as aves, os réptiles, os anfibios, os peixes óseos e os peixes cartilaxinosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos gnatóstomos.

    2. Vertebrado do grupo dos gnatóstomos.

    3. Grupo de vertebrados provistos de mandíbulas. Inclúe todos os vertebrados agás os agnatos, que carecen dela, como por exemplo os ciclóstomos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos gnatostómulos.

    2. Invertebrado do subtipo dos gnatostómulos.

    3. Subtipo de pequenos organismos vermiformes non segmentados, co corpo recuberto de cilios, que viven entre os intersticios das areas mariñas. O xénero máis coñecido é Gnathostomula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao animal que se cría en condicións de laboratorio sen microorganismos, ou que soamente contén os microorganismos que se lle introducen experimentalmente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Realizou a súa primeira mostra individual en 1947 e participou en diversas convocatorias da Exposición Nacional de Bellas Artes e do Salón de Otoño de Madrid, onde acadou a terceira (1958), segunda (1960) e primeira (1961) medalla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Foi membro da Xeración de 1900 e pertenceu ao Grupo de los Diez, no que recibiu o nome de El hermano errante. Traballou na Biblioteca Nacional e foi director do Museo Nacional de Bellas Artes. Fundou o periódico Luz y Sombra e colaborou en El mercurio de Santiago, Letras e Zig Zag. Participou na fundación da Colonia Tolstoiana (1904), que postulaba a unidade do home coa natureza, a vida comunitaria e a dedicación ás obras do espírito. Baixo o pseudónimo de Augusto D’Halmar, publicou Juana Lucero (1902), Gatita (1917), Nirvana (1918), Pasión y muerte del cura Deusto (1924), La muerte de don Quijote (1934), Lo que no se ha dicho sobre la actual revolución española (1936), Palabras para canciones (1942), Cristián y yo (1946) e Los 21 (1948). Recibiu o primeiro Premio Nacional de Literatura (1942).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Goián (Tomiño). Ten planta rectangular. Rehabilitouse para converterse nun establecemento hoteleiro. Na porta principal destaca un escudo do s XVIII. Ás beiras da porta consérvanse dous balcóns erixidos sobre ménsulas e cara á zona posterior unha solaina cuberta. Está rodeada cun muro de pedra no que se insire unha pequena capela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Altiplano do extremo SO de Siria, situado ao L de Xordania e do mar de Galilea. Estiveron sometidos ao dominio turco durante catro séculos, pero trala súa fragmentación despois da Primeira Guerra Mundial integráronse no territorio de Siria, administrados por Francia (1923). En 1940, trala caída do mandato francés, quedaron baixo o dominio dos sirios. Conquistados polo exército sirio durante a guerra de 1948, despois do armisticio desmilitarizáronse, pero continuouse discutindo a súa soberanía. Ocupados por Israel durante a Guerra dos Seis Días (1967), permaneceron no seu poder ata que despois da Guerra do Yom Kippur (1973) a ONU enviou forzas que se interpuxeron entre ambos estados. Polo acordo de pacificación de maio de 1974 Siria recuperou unha parte dos Altos do Golán. En 1982 a parte dominada por Israel foi anexionada e colonizada unilateralmente, sen respectar as resolucións da ONU.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está sucio e desaseado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de orgánulos situados no citoplasma celular, preto do núcleo, nas células animais e nalgunhas vexetais. Foi descuberto no ano 1898 por C. Golgi. Os ditiosomas están formados por un montón de sáculos aplanados, que nunca se envolven de ribosomas. Dos sáculos dos ditiosomas emítense gránulos de secreción de natureza glicídica, proteica ou glicoproteica. A síntese dos glícidos ten lugar no mesmo aparato de Golgi. No caso dunha secreción proteica, o ergastoplasma sintetiza as proteínas pero estas transportaranse nos sáculos de Golgi; no caso dunha secreción glicoproteica, o aparato de Golgi sintetiza a metade glicídica da molécula. Tamén recibe o nome de complexo de Golgi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte que serve de límite ás parroquias (e concellos) de Martín (Bóveda) e A Broza (O Saviñao). O seu cumio acada 654 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico e escritor. Foi cóengo de Tarragona e bispo de Tarazona (1927). En 1933 nomeárono arcebispo de Toledo e cardeal en 1935. Ao estoupar a Guerra Civil foi durante un tempo representante oficioso da Santa Sé diante do goberno de Salamanca. Coa súa influencia persoal contribuíu ao recoñecemento da causa do Movimiento Nacional, lexitimado pola Carta colectiva del episcopado español (1937), escrita por el mesmo. Nun acto relixioso en Madrid (1939) recibiu a espada vitoriosa de Franco. Apoloxeta moi activo, escribiu máis de trescentas pastorais e dezaseis libros, entre outros, María, Madre y Señora (1920), El evangelio explicado (1931), en catro volumes, e Por Dios y por España (1940), recollido dos escritos da guerra. Foi un gran propagandista da “Hispanidade” (Discurso de la Raza, 1934).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor polaco. De tendencia vangardista, colaborou na revista Kultura. Só coñecemos tres textos dramáticos seus, Yvonne, Princesa de Borgoña (1938), onde recrea o modelo dunha comedia de salón cunha marcada tonalidade existencialista, O casamento (1953), escrito como unha traxedia de Shakespeare, e Opereta (1966), co formato dun drama histórico do s XX. Da súa produción tamén destacan Ferdydurke (1937), Trans-Atlantyk (1953), Pornografia (1960) e Kosmos (1965). Recibiu o Prix International de Littérature (1967).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Realizador cinematográfico. Licenciado en Ciencias Políticas e xornalista, en 1986 fundou Estudio 13, compañía produtora coa que fixo unha serie de documentais sobre a cidade de Santiago de Compostela, nos que colaborou como guionista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Licenciado en Filosofía e Teoloxía, exerceu a docencia e colaborou en medios radiofónicos. Publicou, entre outras obras, A derradeira dimensión de Otero Pedrayo (1980), Apuntes menores de Risco (1981), Carnaval o entroido (1983), El cardenal Quevedo en Tourem (1997), Santa eufemia de Galicia (1988) e Los Cotos (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Valido de Filipe III (1618-1621), primeiro duque de Uceda (1609) e marqués e duque de La Cea, fillo do duque de Lerma. Trala caída do seu pai (1618) ascendeu ao cargo de valido. Durante o seu goberno, influenciado por Luis de Aliaga e Baltasar de Zúñiga, reanudou a política bélica exterior, coa participación de Castela na primeira fase da Guerra dos Trinta Anos, e apoiou os intereses da nobreza latifundista. Á morte de Filipe III (1621), foi procesado e desterrado da corte polo novo monarca.

    VER O DETALLE DO TERMO