"Az" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2426.

    1. Recipiente, xeralmente de barro, máis estreito e alto e de menor capacidade ca a cazola.

    2. Cazo de pequeno tamaño.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Quenlla da familia dos triáquidos, coa primeira aleta dorsal pequena, arredor de 2/3 da aleta caudal e triangular, e máis adiantada ca as aletas pélvicas. Presenta unha boca con menos de 110 fileiras de dentes en cada mandíbula, sen barbadelas alongadas e con sucos labiais externos pequenos.

      2. cazón branco [port: cação pintado; cast: musula estrellada; ingl: starry smooth houd] [Mustelus asterias, Fam dos triáquidos]

        Quenlla de ata 1,4 m, de cor gris a marrón por enriba, con numerosas manchas brancas, e branca por debaixo. Presenta un fociño suavemente redondeado, coa distancia entre os orificios nasais de 1,3 veces o ancho da mesma, coa boca de perfil triangular, ollos ovais e cinco fendas branquiais curtas. As aletas dorsais teñen un perfil similar, aínda que a segunda é un pouco máis pequena; as aletas pectorais son anchas e a aleta caudal presenta unha gran fenda subterminal no lóbulo superior; o lóbulo inferior está algo desenvolvido. Os dentes son case tan anchos coma longos. Son ovovivíparos, paren normalmente 20 crías, de 30 cm. Acadan a madureza sexual aos 80 cm. Habita en fondos de area e lama ata os 100 m de profundidade, dende as Illas Shetland e o S de Noruega ata as costas africanas e o Mar Mediterráneo. Aliméntase, sobre todo, de peixes, cangrexos e moluscos. A carne emprégase para a súa comercialización.

      3. cazón común [port: perna de moça; cast: cazón; ingl: tope shark] [Galeorhinus galeus, Fam dos triáquidos]

        Quenlla de ata 2 m de lonxitude, de coloración gris a marrón por enriba e branca por debaixo. A primeira aleta dorsal é triangular, a segunda aleta dorsal, máis pequena e case do mesmo tamaño ca a aleta anal, cunha gran fenda subterminal no lóbulo superior da aleta caudal. O fociño é longo e cónico, con ollos en forma de améndoa, e cunha membrana nictitante externa. Ten o espiráculo ben desenvolvido, dentes similares nas dúas mandíbulas, os tres anteriores rectos e o resto oblicuos, cunha cúspide primaria e varias menores na marxe externa. Presenta cinco fendas branquiais, curtas e de tamaño similar, a cuarta e a quinta están sobre ou detrás da orixe da aleta peitoral. Está presente en todos os mares, agás no NO do Atlántico e no NO do Pacífico. Na costa L atlántica distribúese dende o arquipélago da Madeira ata Islandia e N de Noruega; é raro no Mediterráneo, pero común no litoral galego. Vive nas proximidades do fondo, entre os 40 e 100 m, e aliméntase, sobre todo, de peixes e luras....

      4. cazón liso [port: cação liso; cast: musola; ingl: smooth-hound] [Mustelus mustelus, Fam dos triáquidos]

        Quenlla de ata 1,5 m, coa superficie dorsal de cor gris ou marrón, e branca por debaixo. Presenta un fociño algo arredondado, coa distancia entre os orificios nasais de máis de 1,4 veces o ancho da mesma. Distribuído pola plataforma continental dende Irlanda e o canal da Mancha ata as costas africanas, está presente tamén no Mediterráneo. Vive por riba dos 150 m e aliméntase, sobre todo, de peixes, cangrexos e moluscos. Paren, ao longo de todo o ano, ata 20 crías de 35 cm, que acadan a madureza sexual aos 75 cm. Ten unha escasa importancia económica.

    1. Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘castelán’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de aparellos empregados na pesca do cazón.

    2. Rede de grandes mallas para pescar cazóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘Castela’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Jaén, na Comunidad Autónoma de Andalucía (9.690 h [1996]). Sitúase na vertente occidental da serra de Cazorla, drenado polo río Cerezuelo. A súa base económica é a agricultura (cereais, oliveiras) e ten unha importante actividade gandeira. Comercialmente, destaca na exportación de aceite. Do seu patrimonio arquitectónico sobresae o núcleo antigo da cidade de Cazorla, o castelo de Yedra e a igrexa plateresca de Santa María, do s XVI.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Aliñación montañosa de Andalucía, limitada ao NO polo amplo cóbado que forma o río Guadalquivir, no L de Villacarrillo, e o río Guadiana, ao SL. Pertence aos últimos contrafortes occidentais das unidades Prebéticas. Forma un parque natural coa serra do Segura e a serra de Las Villas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar que ocupaban as mulleres das clases populares nos corrales de comedias dos teatros españois do s XVII. Situábase ao fondo do teatro, normalmente no primeiro piso, ao que se accedía por unha escaleira lateral. A orixe do seu nome está, posiblemente, na forma semicircular que adoitaba ter ou na alusión metafórica sobre o “fervedoiro” de mulleres que alí se amontoaban.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza da dorna que se utiliza para amarrar os motóns da proa á estribeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cinsa coa que se cobre a tella despois de cocida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade ou actitude de cazurro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘cazola’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen é pouco sociable e reservado.

    2. Que ou quen ten astucia ou picardía para realizar algo que lle convén ou do que vai tirar algún proveito.

    3. Que ou quen é torpe ou obstinado.

    4. Que ou quen demostra escasa intelixencia.

    5. Que ou quen é groseiro e demostra unha mala conduta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e organista italiano. Foi mestre de capela da Accademia della Morte de Ferrara, de Santa Maria Maggiore de Bergamo e de San Petronio de Boloña. Foi un dos creadores da escola instrumental de Boloña e mestre de Vitali. Entre as súas obras relixiosas destacan numerosos oratorios e, no campo instrumental, a colección de sonatas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou pazo de Nigrán Situado en Nigrán, foi construído a finais do s XVI por Xoán de Cea, aínda que a comezos do s XIX sufriu unha serie de transformacións da man de Bernardo de Cea Añel Romay. Trátase dun recinto amurallado cun portal de acceso no que se sitúan escudos de armas dos Cea e dos Gándara. O edificio principal ten forma de L cun patín de acceso na confluencia das dúas coxías. Conserva tamén unha capela brasonada. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1978.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparello de grandes dimensións que se emprega para a pesca de cerco na captura da sardiña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto arquitectónico situado na parroquia de Cedofeita (Ribadeo), tamén coñecido como Casa Grande. Relacionado coa familia dos García Cedofeita desde o s XVI, constitúe un edificio de planta rectangular con muros de cachotería, rematado nunha torre de dous andares, cunha amea nun dos extremos. No interior do recinto amurallado existe unha pequena capela dedicada á Virxe da Soidade que acolle un retablo de 1785.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción nobre do s XIX erixida polo cóengo Xoán Martínez en San Xosé da Carballeira (Nogueira de Ramuín). Trátase dun edificio de planta cadrada con patio interior, muros de cadeirado ben labrados e cunha cheminea decorada con pináculos. Conserva unha pequena capela separada da casa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou torre dos Pardo Construción nobre barroca situada en Castroverde. Trátase dun edificio con planta en forma de L, dotado dunha torre defensiva de tres andares nun dos seus extremos. Destaca pola súa fábrica de cadeirado ben labrado. Na fachada consérvanse dous brasóns labrados en pedra coas armas dos Pardo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Estudiou na Academia de San Fernando de Madrid, da que foi despois membro, e en Roma (1803-1814). Autor do pazo neoclásico de Alòs e de Dou (1818?) de Barcelona, interveu na restauración de Monserrat. Estudiou os restos do templo romano de Barcelona que identificou cun dedicado a Hércules.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción nobre situada en San Martiño do Cello (Lalín). Construído no s XIV, ten planta rectangular con patio pechado por muros e alpendre.

    VER O DETALLE DO TERMO