"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reacción característica das pentosas e dos ácidos urónicos que ocorre ao quentalos en condicións axeitadas con ácido clorhídrico para producir a súa rápida conversión en furfural; este dá lugar, con orcinol e cloruro férrico, a coloracións avermelladas ou rosadas que poden ser extraídas con n -butanol. En análises clínicas, foi substituída por métodos enzimáticos automatizados.
-
PERSOEIRO
Arqueólogo e historiador da arte italiano. Foi profesor de Historia da Arte Antiga en diversas universidades italianas ata 1965. Como director xeral de antigüidades (1945-1948) levou a cabo a reorganización dos museos italianos e a restauración dos monumentos afectados pola guerra. Dirixiu a Escola Nacional de Arqueoloxía e a publicación colectiva Enciclopedia dell’arte antica, classica e orientale (Enciclopedia da arte antiga, clásica e oriental, 1958-1967). Entre os seus traballos sobresaen: Storicità dell’arte classica (Historicidade da arte clásica, 1943), La fine dell’arte antica (A fin da arte antiga, 1970) e Dall’elenismo al medioevo (Do helenismo ao medievo, 1975).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor arxentino nacionalizado en Francia. É autor de obras de temática fantástica; entre elas destacan Los desiertos dorados (1967), Ritual (1973), Detrás del rostro que nos mira (1977), El amor no es amado (1983), etc. Obtivo o Premio Fémina (1985) coa súa primeira novela Sans la miséricorde de Christ (Sen a misericordia de Cristo).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fundouse no ano 1845 pero sen abrirse ao público xa que os seus fondos aínda estaban sen organizar. No ano 1851 a Comisión Provincial de Monumentos decidiu reunir nela os libros procedentes dos conventos suprimidos de San Francisco, Santo Domingos e os de San Agustiño da cidade da Coruña, amais dos do convento de Montefaro da Vila de Ares. No ano 1881 pasou a ser considerada biblioteca pública. A esta biblioteca contribuíron doazóns de Emilia Pardo Bazán, Antonio Casares, López Ferreiro e outros destacados autores galegos. En 1893 a Deputación dispuxo duns locais axeitados para a biblioteca, para almacenar uns fondos que seguían enriquecéndose. Os fondos máis antigos que posúe datan do século XVI, aínda que o groso do fondo antigo é dos séculos XVIII e XIX. Entre os chamados materiais especiais cómpre mencionar a biblioteca musical composta por partituras e documentación diversa, doada polos descendentes do músico coruñés Canuto Berea. No ano 1984 a biblioteca trasladouse do Pazo Provincial...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Inaugurouse o 17 de maio de 1982 cuns fondos iniciais que doou Ben-Cho-sey, pseudónimo de Xosé Ramón Fernández Oxea. Estes fondos incluían desde algunhas obras do s XVIII ata numerosas obras do s XIX e libros de temática relixiosa e científica. No ano 1983, amais de recibir novos fondos que pertenceron a Eduardo Blanco Amor e, no 1984, os que formaran parte da colección de Alberto Vilanova Rodríguez.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Creouse nunha sesión da Deputación do 13 de setembro de 1941. Concibida nun principio como biblioteca especializada en Dereito, Lexislación, Historia moderna e contemporánea e Antropoloxía de Galicia aínda que os fondos máis antigos datan de 1757, a maioría da colección é actual. Conta tamén cos libros de actas das sesións da Deputación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Biblioteca pública con sede en Madrid, centro do sistema de bibliotecas do estado español. Foi fundada por Filipe V o 2 de xaneiro de 1712 como Biblioteca Real cun dobre obxectivo: fomentar o estudo nos seus súbditos e reunir as bibliotecas dos nobres emigrados que loitaban na guerra en apoio de Carlos de Austria. Por un privilexio real, precedente do actual depósito legal, os impresores debían depositar un exemplar dos libros impresos en España. En 1793 creouse a Imprenta Real e a ela trasladouse a actividade editorial da Biblioteca Real. En 1836 a Biblioteca pasou a depender do Ministerio da Gobernación e recibiu por vez primeira o nome de Biblioteca Nacional. Durante o s XIX ingresaron por incautación, compra ou doazón a maioría dos libros antiguos e valiosos que posúe a Biblioteca (70.000 volumes procedentes dos conventos madrileños afectados pola desamortización). A súa nova sede ocupa a planta principal do edificio con 35 salas e cun gran salón de lectura con capacidade para 320 persoas....
-
VER O DETALLE DO TERMO
Biblioteca pública fundada en 1796 en Lisboa. Os seus fondos iniciais proviñan da biblioteca da Real Mesa Censória e de moitas librerías dos colexios xesuítas, xunto ás doazóns do intelectual Manuel do Cenáculo e dos clérigos da Divina Providência. O seu primeiro bibliotecario maior, António Ribeiro dos Santos, ocupouse de organizala e de potenciar a súa función de institución cultural, así como de adquirir valiosas obras como a Biblia de Gutenberg e unha Biblia hebrea iluminada do s XIII. Coa extinción das ordes relixiosas en 1834, os fondos da biblioteca enriquecéronse coa chegada das librerías que ata ese momento albergaban os conventos; entre elas, a do Mosteiro de Alcobaça con 455 códices dos ss XII e XIII en latín e numerosas copias de textos portugueses dos ss XIV e XV. Na segunda metade do XIX con António Enes comprouse: a biblioteca do coleccionador Francisco de Melo Manuel, parte da de Tomás Norton, a Colecção Pombalina da familia do marqués de Pombal,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Biblioteca pública con sede en Pequín. Fundada durante os últimos anos do Imperio, en 1910, conserva os antigos catálogos e as coleccións das dinastías Song do sur, Iuan, Ming e Xing. É a biblioteca central chinesa e dispón duns 15 millóns de volumes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Biblioteca pública fundada no 1948 en Toquio. Ten o depósito das publicacións xaponesas. Tamén conserva as publicacións do goberno dos EE UU e constitúe o centro xaponés de intercambio e información de libros. Está dividida en sete departamentos e noutras 35 bibliotecas espalladas polos aparatos executivos e xudiciais do goberno, totalizando un conxunto de 3.900.000 volumes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relación conectiva binaria ‘se e soamente se’, que equivale ao condicional reforzado pola exclusiva ‘soamente’ ou ‘só’, que a converte en equivalencia. En lóxica simbólica vén representada polo signo º.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que fai referencia ou que funciona en dúas direccións.
-
-
Acción e efecto de bifurcarse.
-
Punto no que algo (camiño, vía férrea, etc) se bifurca.
-
No contexto das ecuacións non lineais, situación na que, para un valor crítico dun parámetro λ que nelas figura, cambia o número ou a estrutura das solucións. Este valor crítico de λ recibe o nome de punto de bifurcación. Os fenómenos de bifurcación teñen un papel importante nos casos de empenamento de barras ou placas delgadas, cambio de réxime no movemento dos fluídos e cinética das reaccións químicas, entre outros.
-
Fenómeno lingüístico que provoca, por evolución histórica, que unha forma adquira dous ou máis sentidos diferentes. Xeralmente estes sentidos se relacionan, polo menos por oposición, como por exemplo loitar con eles (‘no seu favor’, ‘contra eles’). Loxicamente, a distancia pode ser maior ou, pola contra, moi imprecisa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produción ou excreción da bile.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Presencia simultánea dunha persoa en máis dun lugar. Atribúeselle, como feito milagroso, a algúns santos como santo Afonso María de Ligorio, Antonio de Lisboa e Filipe Neri.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de celebrar dúas misas por parte dun só sacerdote nun mesmo día.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso metabólico polo que un precursor quimicamente inactivo se converte nun produto reactivo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Incremento da concentración de compostos químicos que, por non ser biodegradables e ter unha taxa de absorción e almacenamento maior ca a de excreción, se almacenan tanto no ser vivo individual como na cadea alimenticia. Nos animais, esta acumulación ten lugar principalmente nos tecidos graxos. Un exemplo é a bioacumulación de pesticidas organoclorados como o DDT que, empregado para combater pragas de insectos, foi o responsable da diminución alarmante das poboacións de aves insectívoras e, especialmente, dos seus depredadores.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema alimentario autárquico a base de cultivos de bacterias, pensado especialmente para as viaxes interplanetarias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Transformación dun substrato complexo en substancias máis sinxelas feita por un organismo vivo. Xeralmente, vai ligada ao metabolismo respiratorio e vai acompañada de liberación de enerxía. Desde un punto de vista sanitario, e sobre todo polo que se refire á polución das augas, representa un procedemento natural de mineralización ou destrución da materia orgánica grazas á acción dos microorganismos.