"Est" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2747.
-
-
Que ou quen destrúe.
-
Embarcación de guerra de tonelaxe media, de entre as que compoñen unha escuadra, que destaca pola súa velocidade e armamento. Na súa orixe tivo o nome de destrutor de torpedeiros, porque se utilizaba para combater este tipo de navíos. Acadou moita importancia na loita de todas as mariñas de guerra, que o consideraban un barco superior ao torpedeiro. Gracias á súa velocidade, facilidade de manobra, potencia de artillería e capacidade para transportar un gran número de cargas de profundidade, foi o antisubmarino máis empregado durante a Primeira Guerra Mundial, aínda que o seu apoxeo tivo lugar na Segunda Guerra Mundial. Actualmente comparte coa fragata e a corveta as funcións antisubmarinas e aéreas, debido á súa maior potencia e tonelaxe (8.000 t). Entre as clases de destrutores de última xeración cómpre salientar a Arleigh Burke, Uss Constellation e DD21 Zumbalt.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
olver claro ou transparente o que estaba escurecido ou turbio.
-
FILOSOFOS
Filósofo e político. Foi membro dos Estados Xerais en 1789. Elaborou a doutrina da Ideoloxía, que procuraba a análise das ideas co fin de descubrir as sensacións nas que se baseaban. Escribiu Les éléments d´idéologie (Os elementos da ideoloxía, 1801-1819), que comprendía: Idéologie (Ideoloxía, 1801), Grammaire générale (Gramática xeral, 1803), Logique (Lóxica, 1805), Traité sur la volonté (Tratado sobre a vontade, 1815) e Commentaire sur l’esprit des lois (Comentario sobre o espírito das leis, 1819).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
espir.
-
-
Que merece ser detestado.
-
Que é extremadamente malo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de destestar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ter antipatía ou aversión a algo ou alguén.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estrutura formada por un hexágono de seis átomos de carbono, no que dous átomos opostos están unidos mediante un enlace simple longo que cruza o anel, e con dous dobres enlaces C=C, un a cada lado do hexágono. É a estrutura proposta para o benceno.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida o 1 de xullo de 1881 na Coruña e que cesou o 26 de febreiro de 1882. Subtitulada “Pasatiempo semanal ilustrado”, editou un total de dezasete números, nos que colaboraron, ademais do seu director literario Vicente Platel, B. Losada e Antonio Mª de la Iglesia. Incluíu diversas seccións dedicadas á moda, á creación literaria e ás actividades sociais en xeral.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Humorista e cantante. Coñecido como O’Xestal, comezou a súa traxectoria musical como barítono no coro Brétemas e Raiolas e como instrumentista (bombo) no cuarteto de gaitas Os do Couto. Participou tamén no Ballet Galego Rey de Viana. Colaborou coas agrupacións Cántigas da Terra, Follas Novas e Toxos e Froles, e cos grupos de gaitas Os Mariñáns, Os Calristas e Os Perilláns. Como humorista, acompañado dun grupo de gaitas, realizou numerosas actuacións por Galicia, por diversos centros galegos (Suíza, Inglaterra, España, Uruguay e Arxentina) e no Círculo Español de Nova York. Na súa discografía figura: O Xestal cos seus gaiteiros (1960), Grupo Folklórico O Xestal (1962), O San Fins do Castro (1962), Cuentos gallegos (1969), Unha vella ruxumeira (1970), Cancións e contos galegos (1973), Contos que van pra feira (1982) e Novos contos do Xestal (1982).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cineasta. Comezou no mundo cinematográfico a principios dos anos trinta como socio do Cineclub Español, e antes da Guerra Civil filmou varias obras que lle permitiron entrar no ACAM, primeiro club de cine afeccionado de Madrid. Viviu na Coruña desde principios dos anos sesenta. Neses anos realizou unha serie de obras que o converteron nun dos cineastas afeccionados máis destacados. Dos seus filmes, cargados de ironía, sobresaen Sever Odnum (1964), El jurado (1965), El cine amateur (1965), filme polo que obtivo varios premios, El festival (1967), Al Nasr Altair (1969) ou Los Suevos (1974). Outros aspectos da súa obra son, por unha parte, a sonorización de filmes clásicos do cine mudo da súa filmoteca doméstica para logo difundilos entre os seus discípulos, como M. Castelo ou X. F. Villaverde, e, por outra parte, sonorizacións nas que introduciu cambios substanciais, como a dos rótulos orixinais adaptándoos ás circunstancias sociopolíticas. Proba disto último é a súa obra Nosferaru o el manuscrito...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Catedrático de Literatura Española no Institut Jaume Balmes de Barcelona e director do Institut del Teatre, formou parte do movemento vangardista catalán e colaborou no primeiro, e único, Full Groc (1929). Da súa produción cómpre destacar: El reverso de la belleza (1956), Discursos para sordos (1968), América vibra en mí (1969), El barroco literario (1970), El calendario inútil (1970), El ocio atento (1974), En torno a Azorín (1975) e Entre la vida y los libros (1984). Membro da Real Academia Española e da Real Acadèmia des Bones Lletres de Barcelona, recibiu o Premio Nacional de Literatura en 1936.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Obra de Pascual Madoz publicada en Madrid entre 1845 e 1850 e agrupada en dezaseis volumes. Contén datos sobre as entidades de poboación de España e as súas características xeográficas, onde se recollen aspectos sociais, demográficos e económicos.
-
PERSOEIRO
Pintor. Estudiou na Art Students League de Nova York e viaxou a Europa (1910-1915), onde coñeceu a obra de Cézanne e dos fauvistas. Cultivou os temas que podían acadar unha forma xeométrica e achegouse ao precisionismo. Entre as súas obras destaca Industry (Industria, 1924?).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Viviu de neno en Rianxo e ingresou no Seminario Conciliar de Santiago de Compostela entre 1893 e 1904, aínda que abandonou os estudios pouco antes de ser ordenado sacerdote. Cursou a carreira de Filosofía e Letras na Universidade compostelá. En 1910 fundou xunto con Castelao o semanario político-literario El Barbero Municipal, de tendencia anticaciquil. As loitas políticas derivadas desta publicación determinaron o seu regreso a Uruguay en 1911. En Montevideo exerceu o xornalismo e a docencia, e destacou como fundador, orientador e animador do grupo de poetas e artistas Teseo, nome tamén da revista que fundou en 1924, de enorme importancia en toda Hispanoamérica e en España como canle de expresión das novas tendencias artísticas. En 1927 recibiu o cargo de cónsul en Londres, ocupouno durante catro anos. En 1931 trasladouse a España e desempeñou o mesmo cargo, sucesivamente, en Bilbao, Cádiz e Madrid. Neste último destino patrocinou a partir de 1935 a revista P.A.N. (Poetas Andantes...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Foi o sétimo fillo do matrimonio formado pola uruguaia de orixe brasileira Olegaria Gonçalves Silveira e o padronés Eladio Dieste Muriel, e recibiu no bautismo os nomes de Rafael, Francisco, Antonio, Olegario e Xoán. A familia regresara da emigración en Uruguay en 1888 e logo dunha estadía en Pontevedra entre 1888 e 1893, instalouse en Rianxo, onde o seu pai desempeñou o cargo de xuíz municipal. Rafael Dieste recibiu a súa formación inicial de mans do seu pai, quen lle ensinou as primeiras letras e francés, para asistir despois a varias escolas locais. Recibiu tamén instrucción de seus irmáns maiores: da súa irmá Olegaria as clases de piano, unha afección que o acompañará toda a vida, e de Eduardo, daquela xa escritor, o interese pola literatura, ao tempo que co seu amigo Castelao comezou a realizar os seus primeiros debuxos. Outras coordenadas da súa aprendizaxe están nos parladoiros aos que asistía co seu pai, no coñecemento dos vellos mariñeiros da súa vila e, sobre todo, nunha...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pedagogo alemán. Director da Escola Normal de Berlín, foi destituído en 1850 por defender a independencia do ensino público respecto do control da Igrexa protestante.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estróxeno de síntese non esteroide, cristalino e incoloro, que se administra por vía oral na terapia hormonal substitutoria. Está totalmente contraindicado para embarazadas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome de cada un dos dous esterois isómeros derivados do colesterol por hidroxenación do dobre enlace 5-6.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estreito que separa Groenlandia de Islandia e que comunica o mar de Noruega co Océano Atlántico.