"RAM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1337.

  • SERRAS

    Macizo montañoso do Sistema Central, situado entre as serras de Gredos ao SO e a de Somosierra ao NL, e que atravesa a Comunidad Autónoma de Madrid e a provincia de Segovia. Culmina no pico de Peñalara a 2.469 m de altitude. Nela nacen os ríos Manzanares, Guadarrama e Eresma. Converteuse nun centro turístico e de deportes de inverno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, duque de Medina de Torres (1626-1668) e marqués de Toral. En 1625 casou con María de Guzmán, filla do conde-duque de Olivares, o que o converteu en protexido deste. Foi tesoureiro do consello de Aragón, presidente do consello de Italia e vicerrei de Nápoles (1637-1644).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rexión do S da Península Arábiga, constituída por un altiplano árido calcario duns 1.000 m de altitude que domina todo o litoral do Iemen e que se inclina lixeiramente sobre o deserto de Al-Rub’ al-Hālī. A poboación concéntrase na costa, e dedícase fundamentalmente á pesca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escolla de artigos sobre teatro realizada por G. E. Lessing entre 1767 e 1769. Lessing defende a preceptiva aristotélica, critica a Corneille e a Racine, e presenta como modelo os dramas de Shakespeare.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sala de oración da mesquita, cuberta e delimitada, constituída polas naves perpendiculares ao muro da alquibla.

    2. Zona do palacio musulmán destinada ás mulleres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade de masa que equivale a cen gramos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Descrición proporcional dos elementos celulares do sangue. Ten como finalidade principal consignar o número de eritrocitos, o contido de hemoglobina destes eritrocitos, o número de leucocitos e a proporción dos diferentes leucocitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Catedrático da Universidade de Vigo e director de Bioenxeñería e Cronobioloxía en Vigo. É Doutor Enxeñeiro de Telecominicacións e Master’s Degree en Estatística, Patobioloxía e Cronobioloxía. Foi director en funcións e subdirector da ETSI de Telecomunicacións na Universidade de Vigo. Obtivo o Premio Internacional de Cronobiología (1985), o Premio Internacional de Crono-Farmacología (1986), o Premio Nacional de Tesis Doctorales (curso 1985-1986), o Premio de la Fundación Científica de la Asociación Española contra el Cáncer e o Norberto Montalbetti Prize (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e escritor. Licenciado en Leis, foi catedrático de Decretais na Universidade de Santiago de Compostela e xuíz subdelegado de imprentas e librerías en Galicia. En 1810 Fernando VII nomeouno conselleiro de Estado. Na lexislatura 1810-1813 foi deputado pola provincia de Santiago e defendeu nas Cortes a restauración da monarquía absoluta. Foi autor de Pensamientos militares de un paisano (1809) e Último recurso de la Nación Española para conservar su existencia política, deducido de la historia de nuestras regencias (1813).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Diagrama que se obtén ao representar as estrelas, mediante puntos, sobre un plano de coordenadas en que o eixe de abscisa indica a temperatura efectiva (ou o tipo espectral ou o índice de cor) da estrela, e o eixe de ordenadas sinala a luminosidade (relativa á do Sol) ou a magnitude absoluta visual da estrela. Segundo as coordenadas, hai o diagrama HR cor-magnitude e o diagrama HR cor-luminosidade; cando as coordenadas son a temperatura efectiva e a magnitude absoluta bolométrica, trátase do diagrama HR teórico. A maioría dos puntos sitúanse nunha banda alongada, a secuencia principal, sobre a que existe unha agrupación correspondente ás estrelas xigantes e unha que inclúe as estrelas superxigantes, e abaixo, a das ananas brancas. Emprégase para estudar as estrelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Figura plana que resulta da superposición de dous triángulos equiláteros, un dos que xira 60° ao redor do centro común. A estrela de David é un hexagrama.

    2. Figura formada por seis rectas.

    3. Hexágono inscrito nunha cónica e, máis exactamente, o hexágono que resulta de atopar os puntos de intersección dos seus lados opostos (teorema de Pascal). OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto de reacción básica que se sublima a 263°C. Emprégase coma desinfectante, antiséptico urinario e acelerador na vulcanización do caucho. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exceso de líquido contido na membrana que forma o saco do amnios, que normalmente non é superior a un litro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • pluviograma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Diagrama que representa a variación dos niveis de tensión, de intensidade e de potencia, ao longo dun sistema de transmisión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Tiro (970 a C-940 a C). Mantivo estreitas relacións comerciais con Israel e proporcionoulle materiais e obreiros aos reis David e Salomón para a construcións de edificios. Fixo construír o porto de Elat e mellorou o de Tiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Representación gráfica, formada por rectángulos, das frecuencias dunha variable. O ancho do rectángulo representa intervalos divididos en zonas de valores observados, e a altura o número de observacións por intervalo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Representación gráfica dunha serie de observacións, ordenadas e expresadas en función do tempo, relativas a unha variable física, económica, meteorolóxica, etc, que permite poñer de manifesto a tendencia, a periodicidade e, en xeral, a variabilidade da magnitude considerada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Negativo fotográfico transparente impresionado a consecuencia da interferencia de dous feixes de luz coherentes e que, iluminado e observado axeitadamente, reproduce unha imaxe en relevo do obxecto fotografado. O principio óptico do holograma foi descuberto por D. Gabor en 1947, pero non foi posto en práctica ata o desenvolvemento dunha fonte eficiente de luz coherente, o láser, que foi aplicado neste eido por E. N. Leith, J. Upatnieks e C. W. Stroke en 1963. A luz emitida por un láser divídese en dous feixes mediante un espello semitransparente. O feixe de referencia ilumina o negativo fotográfico, mentres que o feixe obxecto ilumina o obxecto a fotografar; a luz que este difracta ilumina tamén o negativo fotográfico. A interferencia destes dous feixes sobre o negativo fotográfico produce a impresión dunha trama de franxas interferenciais. Así obtense o rexistro do holograma. Mediante a iluminación do holograma por un feixe láser, un observador que mira a través do holograma...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rabino e escritor xudeu. Destacou como predicador e escribiu un comentario filosófico sobre o Pentateuco, ‘Aqedat I ṣḥ aq, punto de referencia para o estudo da situación relixiosa e filosófica dos xudeus da época.

    VER O DETALLE DO TERMO