"RC" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2791.

  • Que ocupa o número catorce nunha serie. OBS: Nesta acepción adquire valor de ordinal e, polo tanto, equivale a décimo cuarto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor italiano. Estivo en diversas cortes italianas. Publicou Ricercari, motetti, canzoni (Ricercari, motetes, cancións, 1523). O seu fillo, Girolamo Cavazzoni (1525? - 1577?), coñecido como d’Urbino, foi un dos organistas italianos máis destacados do s XVI e traballou en Santa Bárbara de Mantua entre os anos 1565 e 1577. En 1543 publicou un libro de ricercari.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da serra do Eixe, situado na parroquia de Vilanova, concello da Veiga. O seu cumio acada os 1.437 m de altitude. Recibe o seu nome polas formas de erosión das súas vertentes, orixinadas polas correntes superficiais das augas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Forma de relevo provocada pola incisión das augas torrenciais. Prodúcese en medios áridos, sobre rochas brandas situadas en pendentes fortes, onde a cuberta vexetal é rara ou incluso inexistente.

    2. Camiño fondo entre montañas por onde pasa un regueiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sindicalista e propagandista libertario. Comezou traballando no Instituto coruñés e posteriormente se vinculou á escola laica da Antorcha, na que se dedicou á súa reorganización e a impartir clases. En 1898 fundou a Sociedad Cooperativa de Obreros e mantivo unha intensa actividade como asesor e inspirador de diversas sociedades de resistencia e do primeiro agrarismo nos arrabaldes da Coruña. Como secretario da Sociedad de Oficios Varios acusárono de ser o principal responsable dos sucesos de maio de 1901 e condenárono a 12 anos de cadea. Indultado no 1902, fundou o cadro de declamación do Centro de Estudios Germinal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • [CNRS] Institución pública creada en 1939, dependente do ministerio francés, responsable da investigación científica. Encárgase de desenvolver, coordinar e subvencionar programas científicos, amais de reunir información sobre a situación da ciencia en cada momento. Comprende tamén o INAG (Institut National de Astronomie et de Géophysique) e o IN2P3 (Institut National de Physique Nucléaire et de Physique des Particules). Como primeiro organismo francés de investigación, abrangue todos os ámbitos científicos e controla máis de 1.500 laboratorios e centros relacionados coa ciencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción que cerra un terreo, normalmente feita con estacas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Construción nobre situada en Santa María da Pedra, Cariño. Trátase dunha edificación con planta en forma de U e cunha presenza defensiva na que escasean os vans. No 1705 pertenceu a Antonio Santiso Montenegro e á súa dona, Ana María Piñeyro; posteriormente pasou a mans da liñaxe dos Guzmáns e dos Cora, como amosan os brasóns existentes na fachada do edificio.

    2. A unha distancia curta no espacio.

    3. A pouca distancia no tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. A unha distancia curta no espacio.

    2. A pouca distancia no tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción nobre situada en Santa María da Pedra, Cariño. Trátase dunha edificación con planta en forma de U e cunha presenza defensiva na que escasean os vans. No 1705 pertenceu a Antonio Santiso Montenegro e á súa dona, Ana María Piñeyro; posteriormente pasou a mans da liñaxe dos Guzmáns e dos Cora, como amosan os brasóns existentes na fachada do edificio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción nobre situada en Santa María de Cullergondo (Abegondo). A súa construción (s XVI) relaciónase con García Sanjurjo Montenegro e María Yáñez de Ramil. Declarouse Ben de Interese Cultural en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de cercar.

    2. 1 cerca.

    3. Lugar delimitado por unha cerca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen cerca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador occitano, probablemente xograr. A súa obra (1135-1152) consta dunha tenzón, tres cansós e varias pastorelas, algunhas de temática amorosa e outras didáctico-morais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Situarse arredor dalgunha cousa que se indica.

    2. Pechar un terreo ou unha edificación cun muro, un valado ou unha cerca.

    3. Rodear algún lugar que se quere atacar para impedirlle a comunicación co exterior.

    4. Rodear algunha cousa impedindo o paso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fase larval do ciclo vital dos trematodos, comprendida entre a redia e a metacercaria. As cercarias teñen o corpo ovalado e unha longa cola que lles serve para o desprazamento na auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de arquitectos e decoradores franceses. O iniciador da estirpe foi Jacques Androuet du Cerceau o Vello (París 1510?-Annecy 1585?). Da súa obra arquitectónica non se conserva nada. Realizou gravados nos que representou de forma compilada motivos decorativos, deseños de mobles, deseño de vivendas urbanas e planos arquitectónicos. Introdutor dun repertorio manierista, a súa obra teórica influíu notablemente nos modelos arquitectónicos da Francia do s XVII. Escribiu o Livre d’Architecture (Libro de arquitectura, 1559) e Les plus excellents bastiments de France (As construcións máis notables de Francia, 1576-1579). Jean Baptiste Androuet du Cerceau (París 1545?-1590?), fillo de Jacques o Vello, foi nomeado arquitecto ordinario do rei en 1584. Trazou o Hôtel Lamoignon (1584) e probablemente proxectou o Hôtel d’Angoulême de París (1584). Participou nos proxectos de renovación urbanística de París coordinados por Enrique IV, dirixiu a construción da Pont Neuf...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de san Martiño que dá nome ao concello de Cerceda por ser onde está a capital municipal, o lugar do Campo da Feira.

    VER O DETALLE DO TERMO