"RG" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2188.
-
PERSOEIRO
Pintor grego. Estudiou debuxo e pintura no Politécnico de Atenas entre 1900 e 1902. Trala morte do seu pai en 1904 chegou a Italia; residiu durante un tempo en Múnic, onde estudiou na Academia de Belas Artes, e entre 1911 e 1915 en París. En 1912 expuxo por primeira vez no Salon d’Automne e en 1913 no Salon des Independants. En 1915 regresou a Italia para participar na Primeira Guerra Mundial; dous anos máis tarde coñeceu a Carlo Carrá e xuntos iniciaron a pintura metafísica. A súa obra atopábase dentro da liña característica da pintura metafísica que seguiu ata 1919 e que se considerou como precursora do surrealismo. A súa serie Piazze d’Italia (1913), na que se reflitía unha profunda soidade á que se abrían espacios infinitos, é unha visión desolada e angustiosa do mundo que se dirixía cara a unha catástrofe bélica. Nestas obras, en raras ocasións aparece a figura dun ser vivo, pero si bonecos ou manequíns. Os edificios están inspirados no Renacemento de Ferrara e Florencia....
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico e enxeñeiro. Modificou, en 1906, o método Linde para a obtención de aire líquido e fíxoo máis económico. No ano 1910 os estudios sobre as descargas eléctricas en gases mostráronlle a posibilidade do seu uso en iluminación. Primeiro aplicouno só aos rótulos luminosos, pero cando, posteriormente, recubriu interiormente os tubos con substancias fluorescentes que emitían unha luz branca, a súa utilización estendeuse. No ano 1911 separou os compoñentes do aire por destilación fraccionada. En 1917 sintetizou amoníaco a partir do aire e do hidróxeno. Dende 1926 estudiou novas fontes de enerxía e construíu unha central oceanotérmica que aproveitaba as desigualdades de temperatura no fondo do mar para obter enerxía, pero non resultou rendible comercialmente. Foi membro da Académie des Sciences dende 1924. Polo apoio que lle deu ao goberno de Vichy durante a Segunda Guerra Mundial foi acusado de colaboracionista.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor danés. Exerceu como profesor na Royal Academy. Durante a súa estadía en Francia coñeceu os métodos da pintura ao aire libre, aínda que continuou pintando en estudo a partir dos apuntamentos tomados do natural. Realizou sobre todo escenas campesiñas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz cinematográfica. Os inicios da súa carreira interpretativa foron irregulares ata 1978, ano no que triunfou con An unmarried woman (Unha muller solteira) de P. Mazursky. A seguir actuou en La Luna (1979) de B. Bertoluci, Starting Over (1979) de A. K. Pakula, Hanna K. (1983), Shy People (Xente tímida, 1987), Whispers in the Dark (Rumores na escuridade, 1992), Rich in Love (Exquisito no amor, 1993) e Naked in New York (Indefenso en Nova York, 1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político francés. Deputado por París (1876-1893), militou cos republicanos radicais e fíxolle perder a maioría ao goberno moderado de Ferrey (1885) ao denunciar a súa política colonial. O caso Dreyfus outorgoulle popularidade, logo de publicar no diario L’Aurore, que el mesmo dirixía, o artigo de Émile Zola “J’accuse” (1898). Foi senador (1902) e ministro do Interior (1906). Destacou polo seu labor a prol da separación entre a Igrexa e o Estado. En 1910 separouse do partido radical e en novembro de 1917 foi designado cabeza de goberno por Raymond Poincaré. No Tratado de Versailles (1919) fixo incluír as cláusulas de ocupación do Rin e de indemnizacións de guerra. Retirouse da política logo de ser derrotado nas eleccións á presidencia de 1920.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Psiquiatra francés. Describiu a sintomatoloxía de diversas psicoses exóxenas e estudiou os delirios crónicos sistematizados. É o creador da teoría do automatismo mental, que establece que a enfermidade psíquica é consecuencia da produción espontánea, automática e involuntaria dunha serie de elementos semiolóxicos, produto da excitación neuronal. A súa obra Oeuvre psychiatrique (Obra psiquiátrica, 1942), recollida polos seus discípulos, publicouse postumamente.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
estido de capela composto de chaqueta e pantalóns, negros ou escuros, camisa negra e colariño branco.
-
PERSOEIRO
Oficial da mariña inglesa, conde de Cumberland. Loitou contra a Armada Invencible (1588) e realizou numerosas expedicións de piratería contra as costas hispánicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico francés. Destacou como un dos mellores especialistas de trama policial, modalidade que empregou para expresar ideas pesimistas sobre a sociedade actual. Entre as súas producións destacan Le corbeau (O corvo, 1943) e Quai des Orfevres (O paseo dos ourives, 1947). En 1953 gañou o Premio do Festival de Cannes por Le salaire de la peur (O salario do medo, 1952).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do land de Baviera, Alemaña, na marxe dereita do río Main (44.200 h [1990]). A economía baséase principalmente na industria, sobre todo maquinaria e porcelana. En 1248 pasou ao poder dos duques de Henneburg e, posteriormente, ao dos margraves de Meissen (1343) que dende 1826 se titularon duques de Saxonia-Coburg-Gotha. Durante os ss XV e XVI cobrou grande importancia grazas á súa situación na ruta comercial de Hamburgo a Augsburgo. Anexionouse a Baviera en 1920. Do seu patrimonio salienta o castelo dos duques, onde se conserva a súa biblioteca, e a igrexa de San Mauricio (s XV).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fórmula (penso; xa que logo, existo) que usou Descartes para expresar a primeira evidencia filosófica: a existencia do suxeito pensante, patente incluso no medio da dúbida metódica.
-
PERSOEIRO
Realizador e guionista. Ademais de dedicarse ao cine traballou como director de pequenas pezas teatrais na Sala Nasa de Santiago de Compostela. En televisión cómpre destacar a súa participación como guionista e realizador en anuncios publicitarios e en series emitidas pola TVG (Pratos combinados ou Mareas vivas). Debutou como guionista e director cinematográfico con Mofa e Befa en Gran Liquidación (1995), á que seguiron O Matachín (1996) e A ti cómo se che di adeus? (1998). Tamén traballou como actor en varias curtametraxes e como crítico de cine para El Correo Gallego e Santiago 7 días.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Solución coloidal de prata obtida por redución de sales solubles de prata. Emprégase en medicina como bactericida.
-
PERSOEIRO
Economista inglés. Vinculado ao partido laborista, fundou o Guild Socialism, foi presidente da Sociedade Fabiana (1952) e profesor en Oxford (1944-1957). Da súa produción destaca A History of Socialist Thought (Historia do pensamento socialista, 1953-1960), enciclopedia histórica do movemento socialista internacional.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tópico literario extraído do inicio do Idilio XIV de Ausonio (s IV): Collige, virgo, rosas dum flos novus et nova pubes (‘Colle, doncela, as rosas cando a flor é nova e nova é a xuventude’). Constitúe unha reformulación do tópico horaciano do carpe diem que reflexiona sobre o paso do tempo e o carácter efémero da beleza, simbolizado na imaxe da rosa. O tópico empregouse na Idade Media, adoptando ás veces a forma da parodia, como acontece na poesía dos goliardos nos Carmina Burana. No Renacemento converteuse nunha constante creativa; está presente na obra dos poetas Pierre de Ronsard, Bernardo Tasso ou Garcilaso de la Vega (“En tanto que de rosa y azucena”). Coa chegada do Barroco, adquiriu un compoñente angustioso derivado do recoñecemento do tempo como elemento constitutivo fundamental do ser humano: a vida non é máis ca un continuo avanzar cara á morte.
-
FILOSOFOS
Filósofo inglés. Foi profesor de metafísica no Magdalen College de Oxford. O fundamento da súa metafísica foron os campos da experiencia, que dividiu en varias zonas (arte, relixión, ciencia, historia e filosofía) correspondentes aos momentos parciais da verdade que se unifican na historia. No seu sistema metafísico defendeu que a historicidade é un carácter fundamental do real, polo que a realidade só é accesible a través dunha idea ou interpretación histórica. Entre as súas obras cómpre destacar An Essay on Philosophical Method (Un ensaio sobre o método filosófico, 1933), The Principles of Art (Os principios da arte, 1938) ou An Essay on Metaphisics (Un ensaio sobre metafísica, 1940); postumamente publicáronse outras obras súas, como The Idea of History (A idea da historia, 1946) ou Essays in the Philosophy of History (Ensaios sobre a filosofía da historia, 1965).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo e empresario teatral. Entre as súas obras destaca The Jealous Wife (A esposa celosa, 1761) e The Clandestine Marriage (A voda clandestina, 1764).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director de orquestra. En 1960 fundou a Orquestra de Cámara de Israel e foi director da Ópera de Bucarest, da Orquestra Sinfónica de Haifa (Israel), da Orquestra Sinfónica do Ulster e da de Baltimore. Así mesmo, asumiu a dirección das orquestras de Vancouver, Helsinqui e RTVE.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político venezolano de tendencia socialcristiá fundado en 1946 por Rafael Caldera. En 1958 formou parte da Junta Patriótica que substituíu o ditador Marcos Pérez Jiménez. Gobernou o país cos presidentes Rafael Caldera (1969-1974) e L. Herrera Campins (1979-1984).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo do Estado francés creado en 1945 para canalizar a busca fundamental e aplicada da enerxía nuclear. Dispón de diversos centros de estudios nucleares (Fontenay-aux-Roses, Saclay, Grenoble e Cadarache) e xerou algunhas sociedades filiais, de estatuto privado, para as actividades economicamente rendibles.