"Sar" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 930.
-
MUNICIPIOS
Municipio situado no litoral da illa de Mallorca, Illes Balears (6.503 h [2001]). Ten cultivos de secaño, amendoeiras e cereais, e o turismo é a principal actividade económica.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (2.448 h [2001]). Ten cultivos de secaño, viñas, para a produción de viños escumosos, froiteiras e hortalizas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Caldas de Reis baixo a advocación de santo André.
VER O DETALLE DO TERMO -
AFLUENTES
Afluente pola dereita do río Ulla que nace na parroquia de Bando (Santiago de Compostela), baña as de Sar, Conxo e Laraño, as tres en Santiago de Compostela, a de Ortoño (Ames), e a de Ribasar e Seira (Rois), e desemboca da parroquia de Iria Flavia (Padrón), despois de bañar a parroquia de Padrón. Os seus principais afluentes son o Sarela, o Fontecova, o Sanín, o Vilar e o Costaneira.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Santiago de Compostela baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Joséphin Péladan.
-
GALICIA
Comarca situada no SO da provincia da Coruña e no O da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita polo N coa comarca de Santiago (Brión), polo S coa comarca pontevedresa de Caldas (Pontecesures e Valga) e co esteiro do Ulla, polo L, novamente coa comarca de Santiago (Teo) e polo O coas comarcas de Barbanza (Rianxo) e Noia (Lousame). Abrangue unha superficie de 177,3 km2, en que acolle unha poboación de 17.168 h (2001) distribuída nos concellos de Dodro (36,1 km2; 3.210 h), Padrón (48,4 km2; 8.841 h) e Rois (92,8 km2; 5.117 h). Padrón mantén o seu carácter de centro comercial e administrativo de irradiación comarcal. Os tres concellos comparten os servizos públicos máis especializados e tamén os fluxos socioeconómicos con Santiago de Compostela debido á súa proximidade a capital galega.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
Desde o punto de vista xeomorfolóxico, a comarca do Sar enclávase no val homónimo, configurado a partir da Depresión Meridiana.... -
VER O DETALLE DO TERMO
Maximino Rodríguez Buján.
-
PUNTA
Punta da beira dereita da ría de Arousa, situada na parroquia de Bealo (Boiro).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada sobre o río Sar ao seu paso pola parroquia homónima en Santiago de Compostela. Trátase dunha ponte de cantaría do s XIII con tres arcos de medio punto. Atópase no antigo camiño de acceso a Santiago de Compostela desde Ourense. Por ela accedían os peregrinos que seguían a Ruta da Prata.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro situado en Santiago de Compostela. Fundouno en 1136 Diego Xelmírez que levou a cabo o proxecto de Munio Afonso de crear un mosteiro á beira do río Sar que se rexese pola regra dos agostiños. Foi a primeira comunidade agostiña de Galicia. Durante o mandato do prior Jácome Álvarez (1505-1536) converteuse en priorado e en 1548 a comunidade agostiña foi substituída por clérigos regulares. En 1867 converteuse en igrexa parroquial. A igrexa conserva a estrutura románica pero reformouse no s XVIII. Ten planta basilical con tres naves sen cruceiro e tres ábsidas. Accédese ás ábsidas por arcos de medio punto dobrados. A capela maior é de planta poligonal tanto cara ao interior como ao exterior e ten unha dobre arcada, separada por unha imposta lisa, a inferior é cega e a superior ten arcos cegos, decorados con pinturas murais, e outros abertos. As ábsidas laterais teñen planta poligonal cara ao interior e semicircular cara ao exterior. As naves sepáranse por piares cruciformes que...
-
-
Relativo ou pertencente ao pobo sara.
-
Individuo do pobo sara.
-
Pobo das estepas situadas nas terras tropicais e húmidas e na zona seca da chaira do Chad. Cultivan millo, tabaco e dedícanse á cría de gando e de cabalos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino que procede do hebreo sarah ‘princesa’. O personaxe bíblico que levaba este nome chamábase orixinalmente Sarai ‘controvertida’, e máis tarde pasou a ser Sarah, xa que, segundo o relato bíblico, se había de converter en nai de moitos reis. Co tempo o seu nome latinizouse en Sara.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Personaxe bíblica, esposa de Abraham. Estéril, deulle ao seu home como concubina a súa serventa Agar que concibiu un fillo, Ismael. Despois da visita de tres anxos enviados por Deus, concibiu a Isaac na súa vellez, e por el, a numerosa descendencia de Israel. Na iconografía represéntase como unha anciá con túnica e manto sobre a cabeza.
-
PERSOEIRO
Realizador e operador cinematográfico húngaro. No seu primeiro filme Feldobottko (Pedra lanzada cara a arriba, 1967) rememorou as traxedias sociais na posguerra. Dirixiu tamén Holnap lesz fácán (Mañá teremos faisán, 1974), 80 huszár (80 húsares, 1978) e In memoriam Gyöngyössy Imre (1997). Dos seus documentais destacan Pergőtőz (Fogo a discreción, 1982-1983), en homenaxe aos soldados do segundo exército húngaro, inmolado durante a Segunda Guerra Mundial.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Anacoreta. Retirouse ao deserto de Libia e foi mestra doutras mulleres eremitas. Na iconografía represéntase con hábitos monacais e báculo, e con crucifixo, rosario, libro e cranio, como anacoreta. A súa festividade celébrase o 9 de outubro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía de teatro profesional ourensá fundada e dirixida desde 1980 por Ánxeles Cuña. Das súas representacións destacan Cama para dous (1995), A esmorga (1996; Premio María Casares 1997 ao mellor actor secundario), Afección (1997), Tics (Premio Mejor Dirección FETEN, 1998; Premio M. Casares 1999 ao mellor actor, escenografía, vestiario e maquillaxe), Os soños de Caín (1999), O lapis do carpinteiro (2000; Premio Mª Casares 2001 ao mellor actor principal, dirección, adaptación, escenografía, iluminación, vestiario, maquillaxe e espectáculo), A illa amarela (2001), Sexismunda (2001; Premio M. Casares 2002 á mellor actriz protagonista, actor secundario, adaptación, iluminación e maquillaxe), A conxura dos necios (2002; Premio M. Casares ao mellor actor secundario e maquillaxe), Así que pasen cinco anos (Premio M. Casares 2004 á mellor dirección, actor secundario, escenografía, vestiario, adaptación e...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Chuvia conxelada en forma de grans, transparentes ou translúcidos, de 2 a 5 mm de diámetro, que procede da condensación do vapor de auga atmosférico. Cando hai tempestades fórmanse cumulonimbos no seu cume, que están a temperaturas por baixo de 0°C, orixinándose capas de xeo (os falsos cirros); a conxelación rápida da auga forma os grans de sarabia de maior ou menor tamaño.
-
PERSOEIRO
Fotógrafo, irmán de Enrique e Xosé Sarabia González. Participou na Guerra de Cuba (1898) e ao seu regreso a Vigo (1907) iniciuse na fotografía de man do seu cuñado Xosé Gil Gil. En 1909 creou, xunto co seu irmán Enrique, un laboratorio de fotografía e adicouse principalmente á fotografía de exteriores. Desde a década de 1920 asinaron as fotografías co selo “Foto Sarabia”.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo, irmán de Constantino e Xosé Sarabia González. Traballou co seu irmán Constantino en Vigo, no laboratorio e encargouse fundamentalmente da parte de fotografía de estudio.
VER O DETALLE DO TERMO