"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. A principios da década de 1950 estudiou dirección no Centro Sperimentale di Cinematografia de Roma. Despois do triunfo da Revolución Cubana de Fidel Castro, formou parte da directiva do Instituto Cubano del Arte y la Industria Cinematográfica, para o que dirixiu algúns documentais de propaganda. Deste xeito, converteuse no realizador oficial do réxime castrista, para o que realizou películas como Historias de la revolución (1960), Cumbite (1964) ou Memorias del subdesarrollo (1968). Tamén dirixiu La última cena (1976), Hasta cierto punto (1983), Fresa y chocolate (1993) ou Guantanamera (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Titulado na Escuela de Arquitectura de Madrid (1923), a súa obra reflectiu distintos estilos. Nas súas primeiras obras, como o Cine Callao de Madrid (1926), empregou elementos procedentes da arte decorativa. Asumiu o racionalismo entre 1928 e 1939, como no antigo aeroporto de Barajas (1930), e despois da Guerra Civil asumiu o historicismo nacionalista na sede do ministerio do Aire (1941). Realizou vivendas urbanas, nas que incorporou a terraza-xardín, e edificios de oficinas, entre os que destaca o da Unión y el Fénix, no Paseo de la Castellana (1965). En Vigo proxectou en 1942 o Teatro-Cine Fraga, sede da Fundación Caixa Galicia, inaugurado en 1948, e no que amosou as referencias rexionalistas do Barroco e o neorrenacemento.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sindicalista. Militante do PCE (1966-1991), foi elixido secretario xeral de CC OO no IV congreso confederal (1987), cargo no que permaneceu ata o ano 2000.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor italiano. Adheriuse ao grupo Corrente. Comprometido coa loita antifascista, foi un dos fundadores da Fronte Nuovo delle Arti. A súa obra, de estilo expresionista, tivo un carácter marcadamente ideolóxico. Das súas obras destaca Crocefissione (1941), motivada polo desenlace da Guerra Civil Española. Posteriormente, evolucionou cara ao neocubismo e ao neorrealismo. Foi senador polo Partito Comunista (1976).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno perceptual, chamado tamén efecto precedencia, de grande importancia na acústica arquitectónica e na electroacústica, que consiste na integración dos sons por parte da fonte receptora, o noso cerebro, cando as ondas sonoras directas e reflectidas chegan cunha separación menor a 50 m/s. Unha forma simple de demostrar este fenómeno é a partir dun equipo de son estereofónico. A diferenza en tempo de cada canal dun sinal estéreo determina a dirección que se percibe do son, ata un máximo de 50 m/s de retardo entre ambos os dous sinais. A partir deste tempo, o cerebro deixa de percibir a dirección para recoñecer o sinal retardado como un eco do primeiro son estéreo.
-
-
estimenta que denota unha profesión ou grao, especialmente as que usan algúns relixiosos.
-
Roupa que leva unha persoa por devoción ou por unha promesa feita nun voto.
-
-
Modo de actuar ou de comportarse que se adquire pola frecuente repetición dun acto.
-
Facilidade con que se fai algo froito da práctica e da repetición.
-
Disposición relativamente estable que tende a reproducir os mesmos actos e que se alcanza pola experiencia.
-
-
Disposición orgánica como consecuencia dunha acción repetida.
-
Aspecto externo do enfermo a efectos de diagnóstico. Préstase especial atención á facies, ao tegumento e ás súas coloracións, á posición e ás deformacións.
-
Aspecto xeral dunha planta que se percibe na distancia.
-
Tendencia dos minerais a presentarse baixo unha determinada forma xeométrica, é resultado da súa estrutura interna. Pódese observar macroscopicamente, sen necesidade de aparello óptico, ou microscopicamente.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos haematopódidos.
-
Ave da familia dos haematopódidos.
-
Familia de aves pertencente a orde dos caradriformes. Acolle o xénero Haematopus.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero pertencente á familia dos haematopódidos. Comprende os ostreiros. Son aves relativamente grandes, de estrutura robusta e pico longo, forte e comprimido lateralmente, con ápice apropiado para apancar. As patas son robustas, os tres dedos anteriores son curtos e aplanados na súa base e non presentan dedo posterior. As alas son longas e aguzadas e a cola curta. Presentan unha coloración xeral negra ou abrancazada, pico alaranxado e patas da color do sangue. O seu medio é a beira do mar, estuarios, lagoas e algunhas zonas interiores. Corren de forma rápida e voan velozmente incluso a grande altura. Gregarias e ruidosas, illanse en parellas para reproducirse. Aliméntanse especialmente de moluscos, que conseguen abrir co seu potente pico, e tamén de crustáceos, larvas e insectos. Os ostreiros están distribuídos por todo o mundo. A especie máis común nas costas galegas é o ostreiro euroasiático Haematopus ostralegus.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas leñosas da familia das cesalpiniáceas. Inclúe a especie H. campechianum, importante por subministrar a hematoxilina.
-
PERSOEIRO
Físico e químico alemán. Estudiou na Universidade de Marburg onde se doutorou en 1901. Traballou na Universidade de Londres (1904) onde colaborou con W. Ramsay en investigacións relacionadas cos fenómenos radioactivos. Descubriu no mineral torianita unha nova substancia radioactiva, á que chamou radiotorio, posteriormente considerado novo isótopo do torio (torio-228). Na Universidade McGill de Montréal colaborou con E. Rutherfor para ampliar coñecementos sobre radioactividade e descubriu outras dúas substancias, o mesotorio-1 (radio-228) e o mesotorio-2 (actinio-228), que son intermedias entre o torio e o radiotorio. En 1918, xunto con L. Meitner, descubriu o protactinio. A finais de 1938, Hahn e F. Strassmann, bombardearon uranio con neutróns e descubriron que como resultado do proceso aparecía bario, un elemento cunha masa moito menor ca a do uranio, a explicación a este fenómeno ía enunciar a teoría da fisión nuclear. Este descubrimento foi a base para que EE UU lograse construír a bomba...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Aire quente que se expira pola boca.
-
Bafo que desprende algo.
-
Vento moi suave.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Olor anormal do alento. Normalmente asociado a patoloxías renais, hepáticas, do tracto dixestivo e respiratorio ou simplemente como resultado do metabolismo bacteriano na cavidade bucal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno segundo o que unha placa ou unha cinta condutora ou semicondutora pola que circula unha corrente eléctrica uniforme é atravesada perpendicularmente por un campo magnético externo, tamén uniforme, xérase unha forza electromotriz perpendicular á corrente e ao campo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ás plantas que viven en solos salinos. Tamén poden vivir en terreos sen sal, pero refúxianse nos salobres para evitar a competencia doutras plantas máis vigorosas e incapaces de resistir a salinidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao parasito que só obtén do seu hóspede os sales nutritivos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Plancto propio das augas mariñas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tumor benigno e de crecemento autolimitado constituído por unha mestura anormal dos elementos constitutivos dun tecido. De maneira conxénita, preséntanse hamartomas localizados en distintos órganos dun mesmo individuo, como a síndrome de hamartoma múltiple ou síndrome de Cowden.
-
DISTRITOS
Distrito de Sri Lanka (2.609 km2; 525.370h [estim 2001]). A capital é Hambantota (11.200 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da rexión de Waikato, Nova Zelanda (167.200 h [1998]), no litoral O da Illa do Norte.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da provincia de Ontario, Canadá, no extremo occidental do lago Ontario (322.352 h [1996]). É o núcleo metalúrxico máis importante do país. Ten industrias alimentarias, téxtiles e químicas.
VER O DETALLE DO TERMO