"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
-
Relativo ou pertencente aos britanos.
-
Individuo pertencente ao pobo britano.
-
Rama britónica dos pobos célticos que, provenientes da Galia, invadiron a illa de Gran Bretaña na segunda metade do s VI a C. Introduciron a cultura da Tène, propia da segunda Idade de Ferro.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación inglesa, creada no 1831, que ten por obxectivo impulsar e sistematizar a investigación científica e divulgar os coñecementos científicos entre o gran público.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía británica de aviación fundada no ano 1946 para explotar rutas aéreas interiores en Europa e en Oriente Medio. Creou o primeiro servizo postal europeo con helicópteros (1947) e o primeiro servizo interior regular de pasaxeiros, a liña Cardiff-Liverpool (1950). Foi a primeira compañía en utilizar avións movidos por turbohélices. No 1973 quedou integrada na British Airways.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa británica de construción de automóbiles, camións, motores diesel, enxeños marítimos e industriais e maquinaria diversa, fundada no 1952 baixo o nome de British Motor Corporation, que cambiou no 1966 -ó fusionarse coa Austin Motor Company Limited, a Jaguar Cars Limited e a Morris Motor Limited- polo de British Motor Holdings Limited. No 1968 tomou o actual nome ao fusionarse coa Leyland Motor Corporation. En 1974 o estado tomou o control da empresa, que foi reestruturada no 1979 debido á forte crise do sector.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa fundada no 1954 en Londres co obxecto de obter, explotar e refinar petróleo e derivados, sucesora da Anglo-Iranian Oil Company. Estaba controlada polo estado británico ata que en 1979 o goberno desnacionalizou a compañía e puxo en venda unha parte da súa participación maioritaria. Participa na explotación dos xacementos do mar do Norte e ten concesións petrolíferas en diferentes países.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa inglesa fundada en Londres no 1902. No 1967 absorbeu a Yardley and Company Limited. Dispón de filiais e sucursais no Reino Unido, en Canadá, en Australia, en Chile, etc. Entre as súas marcas de tabaco están Benson and Hedges e Senior Service.
-
PERSOEIRO
Santa nacional de Irlanda que veu substituír a antiga divindade Brigantia, deusa da fertilidade, das artes e da ciencia. Bautizada por un discípulo de san Patricio, fundou o convento de Kildare, onde foi abadesa. Esta santa labrega acadou sona pola súa vaca: repartía entre os mendigos penlas de manteiga que ela mesma facía; un día visitárona tres bispos, e deulles leite a fartar muxindo tres veces no mesmo día a súa única vaca. O seu culto está moi espallado entre os países celtas como Gales, Bretaña armoricana, etc. Os irlandeses asimílana á propia Virxe, de feito é coñecida como a “Señora de Eirín”. En iconografía represéntase con vestiduras de abadesa, hábito branco e veo negro, e, como atributos persoais, leva un cirio na man e unha chama sobre a cabeza; ás veces tamén aparece como unha leiteira batendo a manteiga ou unha labrega coidando dunha vaca.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora mística sueca de orixe nobre. Fundou unha orde monástica feminina e recibiu o nome da santa irlandesa. Casada con Ulf Gudmarsson (1316), tiveron oito fillos, entre eles santa Caterina de Suecia. Despois dunha famosa peregrinaxe a Compostela, Bríxida e o seu marido decidiron entrar na vida relixiosa. Logo de quedar viúva aos 40 anos entrou nun mosteiro cisterciense, onde tivo visións místicas, descritas no seu libro das Revelacións. Fundou en Vadstena un mosteiro mixto, onde foi abadesa; tiña como insignia cinco pequenas chamas semellando pingas de sangue, símbolo das cinco chagas de Cristo. Todos os venres, en lembranza da paixón de Cristo, deixaba caer na súa man cinco pingas de cera ardente provocando a aparición dunha ferida. Obtivo a aprobación papal da súa orde no 1370 e morreu en Roma despois dunha peregrinación a Terra Santa. É moi venerada en Suecia, onde se converteu na Sibila dos cristiáns. Consíderase patroa dos peregrinos, pois visitou os tres centros principais...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor romántico, editor e folclorista. Propugnou o uso exclusivo do catalán na produción literaria, e foi un dos iniciadores do movemento catalanista. Entre outras obras publicou: La masia dels amors (O casarío dos amores, 1866), Lo coronel d’ Anjou (O coronel de Anjou, 1872).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Método de transmisión no que o intervalo de frecuencias de transmisións se divide en canles separadas e cada canle emprégase para enviar un sinal diferente. Habitualmente se utiliza para enviar diferentes tipos de sinais simultaneamente.
-
PERSOEIRO
Novelista. Xunto con Franz Kafka foi o máximo expoñente da crise intelectual e social da época. Na triloxía Die schlafwandler (Os sonámbulos, 1929-1932), analizou a descomposición de Austria. Influído por James Joyce, escribiu a novela Der tod des Vergil (A morte de Virxilio, 1941). Redactou tamén ensaios sobre arte, cultura e literatura.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nas representación heráldicas, dise da peza ou figura colocada enriba ou sobreposta a outra, pero sen pecharse nela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sulfato hidratado de cobre, de fórmula Cu4(SO4)(OH)6. É unha variedade de cor verde esmeralda da calcantita, frecuente nas zonas de oxidación dos xacementos de minerais de cobre. Cristaliza no sistema monoclínico; ten dureza 3,5-4 e peso específico 3,8.
-
PERSOEIRO
Islamista. É autor de Geschichte der Arabischen Literatur (Historia da literatura árabe, 1898-1902) e de Geschichte der Islamischen Völker und Staaten (Historia dos pobos e dos estados islámicos, 1939).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor finés. Coñecido polo pseudónimo de Juhani Aho, foi o creador da novela moderna do seu país. Publicou Papin tytär (A muller do pastor, 1883) de influencia naturalista; Lastuja (1891-1921, series de paisaxes e escenas sobre París; a novela Juha (1911) e a gran novela histórica Panu (1897), segundo o psicoloxismo ibseniano.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e escritor. De ideoloxía liberal, foi elixido parlamentario en 1848 e mantivo posturas contrarias ás defendidas por Cavour. Entre outras obras escribiu Canzoni piemontesi (Cancións piemontesas, 1859) e os dramas Eudossia (1825) e Vitige re dei Goti (Vitiges rei dos godos, 1840).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor checo. Fillo do escultor de orixe alemá Jan Brokof. Estudiou en Praga e Viena. Realizou esculturas monumentais de pedra como a ponte de San Carlos de Praga, esculpiu os atlantes do palacio Morzin e o sepulcro de Jan Václav Vratislav de Mitrovice (Praga). Desenvolveu un estilo caracterizado pola placidez monumental e o equilibrio nobre e serio. Traballou tamén a madeira policromada.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mineraloxista e xeólogo. Foi director da Manufacture de Sèvres (Manufactura de Sèvres, 1800) e profesor de mineraloxía na Sorbonne (1808). É autor dun Traité élémentaire de minéralogie (Tratado elemental de mineraloxía, 1807) e, con Cuvier, dunha Description géologique des environs de Paris (Descrición xeolóxica dos arredores de París, 1822).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto neoclásico. Foi discípulo e colaborador de Ange-Jacques Gabriel. Construíu o convento da Chaussée de Antin (actual Lycée Condorcet) en 1783, e o novo cemiterio de Père-Lachaise de París (1804). Deseñou os planos da bolsa de París, iniciada en 1807.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico-químico danés. Estudiou e foi profesor na Universidade de Copenhaguen. Realizou traballos de investigación sobre a catálise, as propiedades dos ións e a cinética química. É coñecido, xunto con T. M. Lowry, polo enunciado da teoría ácido-base, que leva o seu nome. En 1935 foi nomeado membro da Royal Society de Londres.
VER O DETALLE DO TERMO