"Bra" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1231.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Monterroso baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Sobrado baixo a advocación de san Xulián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido étnico de orixe toponímica. Os topónimos homónimos na súa orixe nomeaban lugares onde se asentaron individuos procedentes da cidade portuguesa de Coimbra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en San Martiño de Cumbraos (Monterroso). A súa construción relaciónase con Bieto Ares Noguerol (s XV) e, posteriormente, con Álvaro Gayoso Osorio. A torre ten planta rectangular e construíuse con muros de perpiaño. Conserva o escudo de armas dos Ares Noguerol, Gayoso e López de Aguiar. Na igrexa, de trazas románicas, destacan os sepulcros do interior. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Monterroso. De orixe románica, construíuse a finais do s XII. Ten unha nave e unha ábsida rectangulares. No interior destaca o arco triunfal de medio punto, peraltado e dobrado, coa rosca maior decorada con boceis e medias canas, e apoiado nun par de columnas acobadadas que teñen as bases baixo o pavimento do presbiterio. Os capiteis cóbrense con dúas ordes de follas estilizadas e aguzadas. A chambrana adórnase cunha fila de billetes. No exterior destaca a portada occidental formada por un arco semicircular peraltado e moldurado cinguido por unha chambrana de bólas e apoiado en dúas columnas acobadadas con capiteis vexetais e con pomas nos cimacios. Os canzorros que sosteñen os beirís son rudos e presentan cabezas de cuadrúpedes, figuras humanas, volutas ou sen decoración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Gales, Reino Unido, no condado de Gwent (44.876 h [1993]). Cidade nova, planificouse en 1949.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Necrópole exipcia da dinastía VI onde foron enterrados, entre outros, os adalides do nomós XII do Alto Exipto. Comprende dous grupos de tumbas rupestres: o meridional (52), onde a mala calidade da pedra provocou que se decorase con gravados e non con pinturas, e o setentrional, cos gravados de Hemre e Henku, datado no primeiro período intermedio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor costarriqueño. Pseudónimo de Jorge Delio Bravo Brenes, organizou con outros poetas o Círculo de Poetas Turrialbeños. Publicou, entre outras obras, Milagro abierto (1959), Bestiecillas plásticas (1960), Devocionario del amor sexual (1963), Nosotros los hombres (Premio Nacional de Poesía 1967), Canciones cotidianas (1967) e Los despiertos (1972). Foi nomeado Benemérito de las Letras Patrias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e escritor. Teórico da revolución, en 1960 uniuse ao proceso cubano impulsado por Fidel Castro e acompañou o Che a Bolivia, onde estivo preso entre 1967 e 1970. Ao seu regreso a Francia, foi unha figura importante do Partido Socialista Francés (asesorou o presidente Mitterrand entre 1981 e 1984). Escribiu, entre outras obras, La révolution dans la révolution (A revolución dentro da revolución, 1967), La guérilla du Che (A guerrilla do Che, 1974), Le pouvoir intellectuel en France (O poder intelectual en Francia, 1979), Critique de la raison politique (Crítica da razón política, 1981) e Loués soient nos seigneurs: une éducation politique (Loados sexan os nosos señores: unha educación política, 1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Chuvia que cae con forza e de forma prolongada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Chover con moita intensidade e prolongadamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dayr al- Ǧ abrawī.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quitar as alfombras que cobren o chan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deixar de estar o ceo cuberto de nubes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de desbravar ou desbravarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que desbrava animais, en especial cabalerías.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que un animal bravo se torne manso.

    2. Cortar a maleza dun terreo.

    3. Perder un líquido, especialmente o viño, a súa fortaleza, o seu olor ou outras características propias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de descerebrar.

    VER O DETALLE DO TERMO