"Fernán" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 808.
-
GALICIA
Pintor. Nos seus inicios destacou como debuxante e a mediados da década de 1980, adoptou un estilo expresionista. A súa obra evolucionou cara a un estilo neohumanista con influencias románticas e mesmo cara á abstracción. Ademais de cultivar os formatos pitóricos convencionais, realizou murais e gravados. Foi un dos fundadores da Galería Gruporzán na Coruña (1985). Realizou Los deseos e Presencias 2, a serie Travesía á illa dos mortos (1986) e Del diario del poeta I (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político. Foi membro da escolta da rexente de España María Cristina das Dúas Sicilias, con quen contraeu secretamente matrimonio morganático en 1833.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Museo de titularidade estatal situado nas dependencias da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, en Madrid. Fundado en 1774 por decisión de Carlos III, os seus fondos iniciais procedían da Junta Central de Monumentos, e foron ampliados con diversas coleccións confiscadas aos xesuítas, coas obras premiadas nos concursos públicos convocados pola Academia desde 1753 e coas doazóns de particulares. Acolle unha das máis importantes coleccións de pintura española, da que destacan as obras de Zurbarán, Ribera e Goya, e tamén europea, como obras de Rubens, Mengs ou van Loo. Conta tamén cunha colección de debuxos, gravados, mobles, porcelanas e outros obxectos artísticos. Organiza conferencias, coloquios e outras actividades ademais de publicar monografías e outras obras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo situado na Casa Galega da Cultura en Vigo. Está formado pola doazón que fixo en 1995 Francisco Fernández del Riego da súa biblioteca e da súa colección de arte á cidade de Vigo. Recolle pinturas, esculturas e fotografías galegas dos últimos anos do s XIX e comezos do s XX, así como obxectos persoais, fotografías, cartas e as primeiras edicións das obras bibliográficas de Fernández del Riego.
-
PERSOEIRO
Novelista portugués. Poeta do Novo Cancioneiro, foi o precursor do neorrealismo portugués con Terra (1941). Iniciou a súa carreira en 1938 con Relevos e As sete partidas do mundo. Preocupado polos problemas da sociedade, da súa produción destacan Fogo na noite escura (1943), Retalhos da vida de um médico (1949 e 1963), Casa da Malta (1945), O trigo e o joio (1954), Domingo à tarde (1961), O rio triste (1982) e Sentados na relva (1986).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Catedrático musical e director de coro. Foi director da Coral Universitaria de Madrid e presidente da Comisión de Arte Centro Gallego de Madrid. Autor da tradución de óperas ao galego, das que destacan La seva padrona, Bastián ed Bastiana, Il maestro di música e La represa, foi nomeado Socio de Honor de la Coral Mercedaria de Madrid.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Coñecido como o Mudo, estudou en Italia e criouno Filipe II. Traballou no Real Monasterio de San Lorenzo de El Escorial onde realizou Martirio de san Jaime (1571), Nacimiento de Cristo (1575) e Entierro de san Lorenzo (1579).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Gravador, pintor, ilustrador, escultor e deseñador de xoias. En 1951 recibiu unha bolsa para a ampliación de estudos en Berlín, onde perfeccionou o gravado calcográfico e a litografía, e traballou con Hubert Hoffmann. Destacou no campo da abstracción e derivou cara a unha neofiguración xeométrica, en parte neocubista, onde as tintas se converteron en organizadoras das gamas cromáticas sobre soportes de distinta natureza, como o téxtil ou o tapiz. Traballou a augatinta, a litografía, o gravado en oco, a xilografía, o carborundo, a serigrafía, a electrografía e a fototipia. Participou en numerosas exposicións internacionais de gravado. Da súa produción destacan a serie Cidade (1981) e obras como Arquitectura (1989), Paso de Almansur (1992) e África (1999). Realizou as estampas de Poemas dos Comeiros de Uxío Novoneyra. Recibiu o Gran Premio de Grabado no II Certamen Nacional de Artes Plásticas (1963), a II Medalla na Exposición...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. En 1894 instalouse en Santiago de Compostela onde impartiu clase na Escola de Artes e Oficios ata que se trasladou a Valladolid en 1911. De estilo ecléctico e modernista, dotou as súas obras de naturalismo historicista e luminosidade. Da súa produción destaca o Busto de Montero Ríos e escribiu a novela autobiográfica Un Obrero (1930).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador probablemente galego. Cabaleiro de condición, pertenceu á corte castelá de Afonso X o Sabio. Da súa produción, localizada nos cancioneiros da Biblioteca Vaticana, da Ajuda e da Biblioteca Nacional, consérvanse 22 textos, trece cantigas de amor, tituladas “Ay eu! de min e que será?”, “Ay mia senhor, u non jaz al”, “Am eu tan muito mia senhor”, “Assi me traj ora coitad Amor”, “Ir-vus queredes, mia senhor”, “Ora veg eu que me non fará ben” (fragmento), “Por Deus, senhor, en gran coita serei”, “Pois naci nunca vi Amor”, “Preguntan-me por quê ando sandeu”, “Quando mi-agora for e mi alongar”, “Que ben que m eu sei encobrir”, “Que prol vus á vos, mia senhor” e “Quer eu a Deus rogar de coraçon”; oito cantigas de amigo, “Ai, madr , o meu amigo, que non vi”, “Aqui vej eu, filha, o voss amigo”, “Dizede-m ora, filha, por santa Maria”, “Foi-s un dia meu amigo d aqui”, Levad , amigo, que dormides as manhãas frias”, “Que coita tamanha ei a sofrer”, “Trist anda, mia madr(e), o meu amigo” e “Vi...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso dominicano. Emigrou a México, onde exerceu a docencia e predicou entre os indíxenas. Dedicouse á investigación sobre Galicia e publicou Historia del Apóstol e Historia del glorioso Apóstol Sant-Yago patrón de España, de su venida a ella y de las grandezas de su Iglesia y Orden militar (1615).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Cronista político para Fax Press, dirixiu o xornal Ya e foi xefe de informativos nas cadenas SER e COPE. Foi director xeral de Onda Cero en dúas épocas, a última entre xullo de 2000 e xaneiro de 2002, tamén presentador e director de espazos informativos en TVE, TELE 5 e Antena 3 Televisión, ademais de director editorial de Telefónica Media. É autor de Santiago de Compostela, ciudad patrimonio de la humanidad de España (1997), en colaboración con Xosé A. Perozo, e Rumbo variable: ; diálogos en torno al “Prestige” (2003), con outros autores. Recibiu o Premio Galicia de Comunicación (1992), a Antena de Oro (1995), dous premios Ondas (1979 e 2000) e a Medalla Castelao (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e político. Foi profesor axudante na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (1967-1969). Nomeado director xeral de Tributos e Política Financeira (1982-1985), foi conselleiro de Economía e Facenda desde 1990 e deputado no Parlamento de Galicia polo PP (1997-2001). Escribiu varios artigos en revistas especializadas de economía, entre os que destacan “Administración autonómica e control externo público” (2000) e “O futuro da economía galega” (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor, director e crítico teatral. Formouse en Portugal, na Escola da Arte de Representar do Conservatório de Lisboa, e foi director de escena no Teatro da República e o responsable da introdución de pezas teatrais portuguesas no ámbito galego. En Galicia coñeceu a Lois Peña Novo e A. Villar Ponte, ingresou nas Irmandades da Fala e colaborou en A Nosa Terra. Dirixiu, entre 1919 e 1922, o Conservatorio Nazonal da Arte Galega, e a obra A man da santiña (1919), de R. Cabanillas. Tamén realizou as obras Sem porta nem tranca (1913), Norte (1920) e Desourentación (1924), subtitulada “boceto teatralizado e analítico de ideas”, que se premiou no certame teatral da Irmandade da Fala da Coruña, e na que critica a falta de solidariedade coa pobreza e a indixencia. Fundou, xunto a Ánxel Casal, en 1930 o semanario El Adelante.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico e político. Estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse na Universidad de Madrid en 1911. Ante a carencia de hospitais en Granada, decidiu construír, xunto con Víctor Escribano, o Sanatorio de la Salud (1923). Participou, así mesmo, en numerosos proxectos: impulsou a construción do Hospital Clínico e da Facultade de Medicina e colaborou na construción do Sanatorio da Alfaguara. Á súa volta a Granada decidiu participar activamente en política. Afiliouse ao PSOE e á UGT. Foi deputado nas Cortes en 1931 (escollido por Granada e Pontevedra optou pola acta galega). Participou como orador en todos os mitins da Frente Popular, a pesar de non figurar nas súas listas. Durante o levantamento militar do 18 de xullo de 1936 atopábase no estranxeiro pero regresou a Madrid para colaborar co goberno republicano. Posto a disposición do seu partido e do goberno, ocupou o cargo de vicepresidente do PSOE (1938) e foi nomeado subsecretario de Armanento, colaborando directamente...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Especializado en material relacionado co ensino e cos movementos de renovación pedagóxica, foi membro fundador da Fundación Castelao, fundador e secretario adxunto da Fundación do Pedrón de Ouro, e presidente e membro fundador de Galix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil). Escribiu os libros de versos dedicados aos nenos Cousas para facer, dicir e pensar (1987) e O albendar dos animais (1987); o relato Por se che pasa (1988); as novelas xuvenís A verdade na bufarda (1991) e Chano (1991); a colección de relatos breves Contos de ir e volver (1994); diversos traballos sobre a figura de destacados autores galegos, especialmente Castelao, como Castelao corenta anos despois (1950-1990) (1991), A vida de Rafael Dieste (1995), A vida de Xesús Ferro Couselo (1996) e A vida de Eladio Rodríguez (2001); e os libros Que facer coas palabras? (1998) e Para iso está o futuro...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico. Foi xefe de sección da oficina de coordinación de transplantes de Galicia. É membro honorífico da Asociación Galega de Investigadores en Ciencias da Saúde. Colaborador en distintas revistas especializadas en ciclismo, publicou Introdución ao ciclismo (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Bibliófilo, escritor e industrial. Foi un dos fundadores do primeiro Centro Gallego en Bos Aires e refutou a tese de que Cristovo Colón era galego. Publicou Cristóbal Colón. Su origen y su patria (1912) e Colombinos Art Nouveau: nuevo campeón. Un zapatero que ahorca el tirapié (1913).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e xornalista. Cofundador da revista Liberté (1958), escribiu os libros de poesía Ces anges de sang (1955) e En la nuit, la mer (1981), o ensaio Journal dénoué (1974) e novelas como La mort vive (1980).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Juan Manuel Fernández Pacheco-Cabrera de Bobadilla y Zúñiga.