"GR" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3341.
-
-
Aparato que permite a proxección de películas cinematográficas ( cinematografía).
-
Aparello de reprodución cinematográfica inventado por Auguste e Louis Lumière en 1895 e presentado o 28 de decembro dese mesmo ano nun pequeno salón do Grand Café de París. O éxito derivado desta proxección foi inmediato e os irmáns Lumière presentárono en Francia en parte de Europa. Paralelamente, apareceron outros inventos similares como o cronofotógrafo, de Gaumont-Demeny; o cinetógrafo, de Meliés-Reulos; o cinetoscopio, de Edison; e o animatógrafo, de R. W. Paul que desapareceron ante a calidade do aparello dos Lumière. Empregouse nas primeiras proxeccións realizadas en España; o 14 de maio de 1896 presentouse en Madrid, na planta baixa do Hotel de Rusia, a cargo de Alexandre Promio, delegado da casa Lumière en España; na Coruña o 2 de setembro de 1896 no Teatro-Circo; e en Pontevedra o 17 de abril de 1897, a cargo de César Marques e Alexandre Pais de Azevedo, representantes da casa Lumière en Portugal.
-
-
-
Película cinematográfica das imaxes radiográficas que, ademais do estudio funcional, permite a obtención de numerosas imaxes dos fenómenos, por rápidos que sexan, como a deglutición ou o paso de contraste polos condutos circulatorios. As primeiras cinerradiografías intentounas en 1896 Mac Intyre, en Glasgow, Reynolds (1925), tamén en Glasgow, e Janker (1930), en Bonn. A cinerradiografía clínica actual foi posible grazas ao descubrimento do intensificador electrónico da imaxe Roentgen.
-
Método de experimentación empregado na fonética instrumental e inaugurado por Paul Menzerath. Sérvese dunha impresión radiolóxica sobre unha película, con luminosidade e velocidade elevadas, dos órganos de fonación en movemento oral.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Filmadora primitiva de películas que se visualizaban despois no cinetoscopio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo teatral dependente do Centro Cultural Recreativo e Deportivo da mesma vila, no concello de Fene. Fundouse en 1976 e foi dirixido por Celestino Ledo. Puxo en escena espectáculos baseados en contos de Castelao, pezas de E. Blanco Amor, Manuel Lourenzo, Bertolt Brecht e do propio director do grupo.
-
PERSOEIRO
Rei de Persia (559-529 a C). Fillo de Cambises I, foi o fundador do Imperio Persa-aqueménida. Sucedeu ao seu pai como gobernador de Ansham e, logo de reunir baixo o seu mando as principais tribos persas, sublevouse contra Astiaxes e conquistou o territorio dos medos (549 a C), coa súa capital Ecbatana. Posteriormente emprendeu unha campaña na que derrotou a Creso, rei de Lidia, despois de conquistar a capital, Sardes (546 a C). Incorporou ao seu imperio as colonias gregas da Xonia (Mileto, Samos, Éfeso) e someteu Babilonia no 539 a C. Logo da conquista de Babilonia aprobou o edicto de liberación de razas e cultos, que permitiu a diversos pobos, entre outros os xudeus, abandonar Babilonia e volver ás súas terras. Emprendeu numerosas campañas contra pobos situados nos límites do imperio e morreu durante unha campaña nas fronteiras do noroeste de Persia. Destacou pola súa tolerancia e sabedoría política.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Radiografía da vexiga urinaria. Practícase inxectando na vexiga unha substancia opaca aos raios X ou no transcurso dunha urografía intravenosa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Diagrama de representación das divisións en clados. Consiste nun sistema de ramificación dicotómica no que cada rama indica a posesión común de homoloxías nos taxons que a integran e a procedencia dun ancestro común. O sistema baséase na idea de que as especies se forman a un tempo e non en cambios graduais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Diagrama termodinámico que ten o volume por abscisa e a presión por ordenada.
-
PERSOEIRO
Óptico e astrónomo norteamericano. Traballou na fabricación de lentes e telescopios. En 1862 descubriu o compañeiro de Sirio, predito anteriormente por F. W. Bessel, polo que recibiu o Premio Lalande da Académie des Sciences de París.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista australiano. Foi membro da Econometric Society. Na súa obra The Conditions of Economic Progress (As condicións do progreso económico, 1940) fixou unha tipoloxía dos sectores económicos (primario, secundario e terciario) e construíu un modelo macroeconómico sobre flutuacións en A System of Equations (Un sistema de ecuacións, 1949).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arqueólogo. Profesor de arqueoloxía na Cambridge University, a súa especialidade foron as sociedades pospaleolíticas do NO de Europa; así mesmo, achegou unha compoñente socioliberal á teoría arqueolóxica. Escribiu, entre outras obras, Archeology and Society (Arqueoloxía e sociedade, 1939), World Prehistory: an outline (Prehistoria, 1962) e The Identity of Man as seen by an Archeologist (A identidade do home vista por un arqueólogo, 1982). En 1990 recibiu o Erasmusprijs.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Wilfrid Edward Le Gros Clark.
-
PERSOEIRO
Pintor. Formouse na escola da Llotja de Barcelona (1822-1833) e en Roma, onde coñeceu a pintura dos nazarenos. Director das clases de pintura da Academia de San Carlos de México (1845-1868), realizou retratos segundo os canons académicos (José Bernardo Couto, 1849). Cultivou tamén a pintura relixiosa (O soño de Elías, 1837) e a pintura histórica (A tolemia de Isabel de Portugal, 1855-1856). Foi membro da Real Acadèmia Catalana de Belles Arts de Sant Jordi.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político norteamericano. Foi elixido gobernador do estado de Nova York polo Partido Demócrata (1882). En 1885 converteuse en presidente dos EE UU e foi reelixido en 1893. Reafirmou as competencias do presidente, en detrimento dos estados federais, e realizou unha política de oposición ao proteccionismo e aos dirixentes sindicais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Diagrama no que se representan os datos de temperaturas (ordenadas) e precipitacións (abscisas) mensuais dunha localidade. O gráfico resultante permite obter os índices climáticos. Elabórase a partir de datos mensuais, nun ciclo anual. O termo creouno T. Griffith Taylor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Recompilación de todas as normas xurídicas que regulan a vida das igrexas orientais católicas. Foi promulgado por Xoán Paulo II en 1990 para as vinte e unha igrexas orientais en comuñón con Roma e correspondentes a cinco ritos diferentes: o alexandrino (igrexas copta e etíope), o de Antioquía (igrexas malankar, maronita e siríaca) o bizantino (igrexas albanesa, bielorrusa, búlgara, eslovaca, grega, húngara, italo-albanesa, iugoslava, melquita, romana, rusa, rutena e ucraína) o armenio (igrexa armenia) e o caldeo (igrexas caldea e malabar).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colección privada de constitucións imperiais romanas que recolle a lexislación desde a época do Emperador Adriano ata a de Diocleciano, concretamente ata a súa publicación no 291.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de odonatos da familia dos cenagriónidos que na fase adulta se presentan como gaiteiros. O macho ten o abdome de cor azul con deseños negros na cara dorsal, que no caso do segundo segmento é característico de cada especie. As femias teñen o abdome amarelado, averdado ou azul con manchas negras dorsais. As larvas dalgunhas especies pódense desenvolver tanto en augas estancadas como en correntes. En Europa existen 12 especies e en Galicia están presentes C. lindenii, C. mercuriale, C. puella e C. scitulum.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Radiografía das vías biliares previa administración dunha substancia de contraste.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Radiografía da vesícula biliar.