"ISM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1586.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dispositivo interferencial consistente nunha fonte luminosa S cun biprisma que forma dúas imaxes S1 e S2, separadas unha distancia d, que actúan como emisores coherentes virtuais. Na zona na que se superpoñen as súas emisións, obsérvanse interferencias; en concreto, sobre unha pantalla situada a unha distancia D dos puntos S1 e S2 fórmanse franxas de interferencia de Young.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de teorías e métodos psicanalíticos de Sigmund Freud.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento frontepopulista.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tendencia de dous ou máis partidos para formar unha fronte común.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Número de circo ou variedades no que o artista actúa sobre unha corda ou arame, tenso ou frouxo, a unha certa distancia do chan.
-
-
Condición de funcional.
-
Posición teórica fronte á arquitectura, do moble e do deseño, que fai da estrita adaptación da forma á finalidade da obra o principio de actuación do deseñador. No s XIX, co renacemento do mundo goticista, implantáronse as teorías funcionais, e pódese considerar funcionalista nun primeiro grao a Eugène Viollet-le-Duc, quen, no Ditionnaire raisonné de l’architecture (1854-1868), propugnou o estudo da arquitectura medieval co fin de aplicar os principios que a rexeron ás necesidades modernas. Jean-Nicolas-Louis Durand, en Précis des leçons (1802-1805), xa subliñara que a utilidade é a finalidade da arquitectura e tamén a súa fonte de beleza. Gottfried Semper, en Der stil in dem technischen und tektonischen Küsten (O estilo nas artes técnicas e tectónicas, 1860-1863), estableceu que a estrutura depende do material empregado, do método construtivo e do uso proposto. Quen asentou, sen embargo, con máis claridade as ideas funcionalistas foi Louis Sullivan, en Kindergarten...
-
Corrente lingüística continuadora do estruturalismo que supón unha alternativa ao enfoque abstracto defendido por L. Hjelmslev e o formalismo. Destaca o carácter instrumental da linguaxe e o papel dos falantes, considerando que a estrutura das linguas vén determinada polas funcións que lle dan os seus usuarios. Distínguese o funcionalismo continental, con autores como A. Martinet (funcionalismo francés), E. Coseriu (escola de Tübingen) ou S. C. Dik (funcionalismo holandés), e por outra o funcionalismo británico de M. A. K. Halliday (lingüística sistémica). No ámbito hispano, sobresae E. Alarcos Llorach (escola de Oviedo). Coseriu, igual que F. Saussure, estudiou o que hai de sistemático e opositivo na linguaxe, pero estableceu tres niveis como obxecto de estudo da lingüística -sistema, norma e fala-, fronte á dicotomía saussuriana entre lingua e fala. Polo tanto, a lingüística debe estudiar tanto o sistema -lingua en Saussure- como a norma, e nesta última entraría xa un primeiro grao de...
-
Teoría, iniciada por D. Armstrong e H. Putnam, que considera que a condición para estar nun estado mental vén dada, máis que polas características intrínsecas do estado, polas relacións causais deste.
-
Teoría sociolóxica creada por Talcott Parsons baseada no estruturalismo. Considera a sociedade como un sistema cun equilibrio estable no que as estruturas sociais, como a familia, posúen un carácter funcional. O sistema social mantense en equilibro na medida en que a cada unha das súas necesidades corresponde unha estrutura que lle dá satisfacción, cumprindo unha función determinada útil para esa sociedade. Calquera fenómeno social que rache ese equilibrio sería considerado disfuncional. Foi unha das correntes sociolóxicas máis importantes do s XX e aplicouse a outras áreas do coñecemento como o caso da antropoloxía cultural, coas obras de B. K. Malinowski.
-
-
-
Nome co que se designan todos aqueles movementos relixiosos ou políticos que implican a aceptación dun dogma único e exclusivo que impón a observación dunha moral estrita. Aplícase este nome a actitudes e movementos tamén designados cos termos de integrismo, dogmatismo, esencialismo ou fanatismo, entre outros. No aspecto relixioso, os diversos fundamentalismos caracterízanse pola conciencia de minoría, a negación da racionalidade moderna, a infalibilidade do líder e a creación dun inimigo. Entre os católicos o fundamentalismo máis claro foi o iniciado polo arcebispo Marcel Lefebvre (1905-1991), que se declarou abertamente oposto ao aggiornamento impulsado por Xoán XXIII e ao Concilio Vaticano Segundo. O xudaísmo ten igualmente sectores fundamentalistas, os ortodoxos. Entre os musulmáns, pódense considerar como precursores do fundamentalismo islámico actual o wahhabismo, fundado en Arabia en 1745 polo xeque Muhammad ibn’Abd al-Wahhab, e o salafismo, que tivo entre os seus ideólogos...
-
Tendencia, especialmente política, que aplica fielmente ás normas e principios dunha doutrina establecida.
-
Actitude de quen se mostra radical nas súas crenzas ou opinións.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Práctica furtiva e ilegal de algo.
-
-
Movemento artístico, literario e musical de vangarda. Foi dado a coñecer mediante o Manifeste du futurisme, publicado en Le Figaro (22.2.1909) e redactado polo poeta Filippo Tommaso Marinetti. Postulaba o rexeitamento da tradición e da conservación do pasado e unha exaltación das innovacións, sobre todo mecánicas, presentes e futuras. O programa degradouse pouco a pouco e en Italia chegou ata a colaboración co fascismo. En 1920 iniciouse un período de loita e publicáronse os seus voceiros. Na arte, significou unha reacción contra o simbolismo e contra o modernismo e unha vontade de violencia, que foron ben acollidas por Umberto Boccioni, Gino Severini, Giacomo Balla, Carlo Carrà e Luigi Russolo, que asinaron o Manifesto della pittura futurista (11.2.1910) e dous meses máis tarde o Manifesto tecnico della pittura futurista. Negaban o academicismo, opoñíanse aos críticos da arte e, sobre todo, exaltaban a orixinalidade e a afirmación do dinamismo universal....
-
Actitude vital orientada cara ao futuro.
-
-
-
Movemento social, político e cultural que defende a identidade galega, a potenciación da súa personalidade e a reivindicación política de Galicia como ente nacional diferenciado. Iniciado a mediados do s XIX, no contexto da constitución do estado liberal, presenta características similares, aínda que diferenciadas, cos que se desenvolveron paralelamente noutras zonas da periferia española, particularmente en Catalunya. Inicialmente estivo limitado a círculos intelectuais con escasa conexión popular e, unicamente ben entrado o s XX e fundamentalmente a raíz da elaboración e aprobación do Estatuto de Autonomía, as masas populares participaron de xeito activo na reivindicación dos seus principios. Aínda que algúns historiadores sitúan a orixe da conciencia galeguista na época da Ilustración coas achegas de frei Martín Sarmiento, Bieito Feijoo, Lucas Xosé Labrada Romero e Xosé Cornide Saavedra, entre outros, e destacan como un feito de gran transcendencia política a soberanía exercida pola...
-
Expresión, construción ou vocábulo propios do galego que se usa noutra lingua.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina establecida por C. Galeno que fai depender a saúde e a enfermidade da acción dos catro humores: sangue, bile, linfa e pituíta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina política e relixiosa francesa pola que o poder do papa queda limitado e se somete a concilio e aos costumes das igrexas locais. Politicamente, a igrexa local depende da autoridade civil, sobre todo do rei. Xa nas loitas entre Filipe o Fermoso e Bonifacio VIII adiantábase esta dependencia da Igrexa. En 1438 a Asemblea do Clericato proclamou a Pragmática de Bourges, que despois Carlos VII converteu en lei, e pola que a autoridade do papa en Francia só se limitaba ás tradicións da Igrexa francesa. A cabalo entre os ss XVI e XVII foron Pierre Pithou e Edmund Richer os grandes teóricos do galicanismo, que atopou na Déclaration de 1682 a formulación dos catro artigos básicos: o recoñecemento do poder estritamente espiritual do papa, a validez dos principios conciliaristas decretados en Constanza, a limitación do poder pontificio polos canons e os costumes galicanos e a convicción de que unicamente o consentimento da Igrexa universal converte en irreformables as decisións papais....
-
VER O DETALLE DO TERMO
Barbarismo que consiste no emprego de voces ou xiros procedentes da lingua francesa noutra lingua. Os galicismos poden ser fonéticos, morfosintácticos (o calco da preposición a en expresións como *cociña a gas por cociña de gas), léxicos (transfírese un signo) e semánticos (transfírese a substancia semántica, que se vincula a un signo xa existente na lingua receptora). B. Pottier distingue o galicismo sincrónico (o termo francés aínda se sente como estranxeiro, como por exemplo foie-gras, frivolité) do galicismo diacrónico ou etimolóxico (que xa forma parte do léxico desa lingua ao adaptarse a ela e dar lugar a novos derivados: xardín > xardinería; chantaxe > chantaxear).
-
-
Electricidade dinámica, en especial a producida por unha acción química.
-
-
Propiedade de excitar ou de inducir movementos nos nervios e nos músculos de animais vivos ou mortos mediante correntes eléctricas, chamadas galvánicas.
-
Uso terapéutico de correntes eléctricas ou galvánicas.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
galvanotaxe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dificultade para pronunciar as consoantes velares.
-
-
Conxunto de actividades e de maneiras de actuar dos gángsters.
-
Uso organizado da violencia, a intimidación ou outros medios ilícitos coercitivos.
-
-
-
Acción de gargarexar.
-
Líquido medicinal para gargarizar.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
aloración ou interpretación da obra de Antoni Gaudí. Distínguense tres actitudes fundamentais: a dos que a entenden como un maxisterio máis relixioso ca arquitectónico ou artístico, representado polos continuadores da Sagrada Familia; a dos que a valoran principalmente como a creación dun estilo e dunha teoría da arquitectura persoais, elaborada teoricamente por Joan Rubió i Bellvé e seguida por Cèsar Martinell e J. M. Jujol, entre outros; e a dos que a valoran basicamente polos aspectos máis universais da súa forma de traballo, a arquitectura como un intenso esforzo tripla de investigación, de invención e de creación constante, e pola súa integridade moral e profesional, representada por Le Corbusier e pola maior parte da arquitectura avanzada do s XX.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento político francés creado arredor da ideoloxía do xeneral Charles de Gaulle, baseada nunha política exterior patriótica e independente. Articulouse ao redor do Rassemblement du Peuple Français (RPF), creado por Ch. de Gaulle en 1947 como base electoral para acadar unha república presidencialista. En 1958 concretouse na Union pour la Nouvelle République (UNR), rebautizada en 1968 como Union des Democrates pour la V République (UDR), e relanzada por J. Chirac en 1976 como Rassemblement pour la République (RPR), que recuperou a presidencia para os gaullistas en 1995.