"PAL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 751.

    1. Nome común con que se coñece algunhas aves da familia dos fasiánidos, de entre 18 e 23 cm de lonxitude e de interese cinexético, como son os individuos pertencentes aos xéneros Coturnix, Colinus e Callipepla.

    2. Ave duns 23 cm de lonxitude, de plumaxe parda agrisada no dorso. Os machos teñen a cabeza de cor parda no curuto, branca por riba do ollo e negra por debaixo, ao igual ca o pescozo, e o peito azulado. A femia é de menor tamaño e case toda parda. Ambos teñen na cabeza unha pluma negra que sobresae cara a diante. De orixe norteamericana, foi introducida en Galicia como especie cinexética.

    3. Ave de 18 cm de lonxitude, de plumaxe acastañada con riscos, co ventre máis pálido, cunha mancha branca e moura na gorxa dos machos, ás aguzadas e cola curta. O seu voo é baixo e moi curto. Habita nos pastos, cultivos, etc, ata os 1.500 m de latitude, e aliméntase de sementes, caracois, vermes, etc. En España é fundamentalmente estival, ao igual que en Galicia, aínda que nalgunhas zonas está presente todo o ano. Considérase unha especie protexida e ten o status de vulnerable.

    4. Ave de 23 cm, de corpo robusto, cun peteiro moi forte e con forma de serra nos bordos cortantes das mandíbulas. É parda, pero máis clara polo ventre e cunha lista ocular negra rodeada de dúas listas brancas; a femia é igual ca o macho pero en vez de manchas brancas ten manchas de cor crema. De orixe americana, tamén foi introducida como especie cinexética en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas anuais ou perennes, da familia das poáceas, glabras ou pouco pilosas, que presentan as follas de cor verde clara, cunha lígula membranosa e as inflorescencias con dúas flores dispostas en acios. En Galicia están presentes en zonas do litoral as especies P. dilatatum e P. vaginatum.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos apéndices da segunda parella de apéndices articulados cefálicos dos arácnidos. Consta de seis articulacións, a primeira delas contén unha formación maxilar cunha glándula de secreción salivar. Nos machos a última articulación (tarso) dun dos dous pedipalpos está modificado e constitúe o órgano copulador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e escultor. Formouse na Academia di Belle Arti di San Luca (Roma, 1971-1974) e en 1986 instalouse na Coruña. Cultiva a pintura ao óleo e o debuxo, nun estilo realista. Recibiu, entre outros galardóns, o primeiro premio da Famiglia Artistica Internazionale (1972) e o premio de pintura Isaac Díaz Pardo (1989)

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Palacio construído en Florencia sobre un deseño de Filippo di Ser Brunelleschi (s XV) por encargo do comerciante Lucca Pitti en 1440. Os Medici continuaron as obras, dirixidas por Ammanati (1558-1570) e sufriu posteriores ampliacións. É un dos modelos básicos da tipoloxía do palacio florentino. Contén a Galería Pitti, baseada nas riquísimas coleccións de obras de arte de Cosme II e Fernando II de Toscana, enriquecida despois por outros membros das familias Medici e Lorena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento de ordenamento integral do territorio que ten como obxectivo, no solo urbano, a regulación detallada do uso dos terreos e da edificación. Establece un modelo de ordenamento da estrutura xeral e orgánica do territorio, que consiste na fixación dos distintos usos do solo mediante a zonificación e os sistemas xerais. As determinacións básicas son: a clasificación e a cualificación do solo; a definición detallada dos sistemas xerais; a ordenación do solo urbano; a determinación precisa das operacións de renovación que deben realizarse, ademais dos programas e medidas concretas que se pretenden levar a cabo; a ordenación do solo urbanizable, fixando os programas de desenvolvemento a curto e medio prazo por medio de actuacións públicas e privadas; e o ordenamento do solo non urbanizable, establecendo medidas para a conservación dos espazos naturais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que presenta moitos sépalos libres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político chileno. Ministro de Interior e Asuntos Exteriores, perseguiu os liberais, inmobilizou os militares e respectou o poder eclesiástico e o dos terratenentes. Ditador constitucional desde 1835, a guerra contra Perú e Bolivia (1836) provocou un motín militar en Quillota (Valparaíso) en 1837 e foi fusilado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está situado detrás do padal.

    2. Aplícase á articulación ou ao fonema que se articula mediante o contacto ou constrición do dorso da lingua cunha zona posterior do padal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada no cume homónimo en Lhasa, no Tibet. Foi a antiga residencia do Dalai Lama. O conxunto foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1994, denominación ampliada en 2000 e 2001.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á articulación ou ao fonema que se articula mediante un contacto ou constrición do dorso da lingua coa zona anterior do padal duro.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que é o máis importante.

      2. Piso que se ve inmediatamente sobre a planta baixa, se non hai entresollado.

    1. Que é esencial ou fundamental.

      1. Que non perde o seu acento na frase, en oposición aos proclíticos e enclíticos que si o perden.

      2. Que ten significación independente, fronte a aquelas palabras que non a teñen por si mesmas, como os pronomes, as preposicións ou as conxuncións.

    2. Xefe dunha orde relixiosa.

    3. Persoa que concede un poder respecto do seu apoderado.

    4. Capital dunha obriga, débeda ou censo, en oposición ao rédito, pensión ou canon.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de principal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen propala.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Divulgar algo, xeralmente oculto ou pouco coñecido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Neuralxia do trixémino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parque Municipal Quiñones de León.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Serie de cadernos monográficos editados en Vigo a partir de 1978. Incluían información sobre diversos santuarios e castros de diferentes concellos galegos, notas sobre escavacións e prospeccións arqueolóxicas, e localizacións de petroglifos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Eclesiástico. Formouse no Seminario de Ourense e ordenouse sacerdote en 1922. Foi ecónomo da parroquia de Santiago de Campobecerros en Castrelo do Val (1922-1923) e coadxutor na parroquia de Santa Eufemia a Real do Norte en Ourense (1923-1925). Doutorouse en Teoloxía na Universidade Pontificia de Santiago (1925) e licenciouse en Sagradas Escrituras no Pontificio Istituto Biblico de Roma (1928). Durante a súa estancia en Ourense, foi ecónomo da parroquia de Santa María de Razamonde (Cenlle), profesor e director espiritual do seminario, ecónomo e despois párroco de Santa Eufemia a Real do Norte e consiliario da Acción Católica. Formou parte dos movementos culturais galeguistas xunto con V. Risco, F. L. Cuevillas, R. Otero Pedrayo, X. Lourenzo e X. Ferro Couselo. Co pseudónimo de F. Pazos publicou varios artigos en galego na revista Logos. Fundou a folla Verdad y Vida, de temátiva relixiosa, escrita en castelán pero con entradas en galego. Foi cóengo lectoral da catedral de Valladolid...

    VER O DETALLE DO TERMO