"RM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2589.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Programa radiofónico humorístico que se emitiu en Radio Voz Galicia os domingos ao mediodía, formado por dous presentadores, un cantante e cinco actores que imitaban máis de setenta voces de coñecidos persoeiros. Tivo dúas etapas: na primeira (1993-1995) participaron Xacobo Pérez, Moisés Morales, Carlos Jiménez, Paco Lodeiro, J. A. López de Alba, Siro López e o cantautor Santiago Rouco; na segunda (1996-1998) integráronse Leo Toral (Paco Vázquez), Alexandre Rodríguez Pipo (Arsenio Iglesias), Fernando Acebal (Felipe González) e o cantautor O Parga, xunto con Siro López, López de Alba, Xacobo Pérez (Fraga e Xoán Paulo II) e Moisés Morales (Aznar). Combinaban o seu traballo no estudo con actuacións en directo en diversos auditorios de Galicia e Madrid. Obtivo o Premio de Comunicación da Xunta de Galicia ao mellor programa radiofónico (1994), o Premio Curuxa do Museo do Humor de Fene (1994) e o Premio da Asociación Profesional Española de Informadores de Prensa, Radio e Televisión...
-
PERSOEIRO
Compositor e pianista norteamericano. Coñecido como Chick Corea, está considerado un dos compositores de jazz máis innovadores e influentes do último terzo do s XX. Trasladouse a Nova York, onde coincidiu con figuras do mundo do jazz, como John Coltrane ou Miles Davis. En Boston formou parte da orquestra de Phil Barbozza e, posteriormente, da banda de Mongo Santamaría e do grupo de Willie Bobo. A partir de 1965, colaborou, entre outros, con Herbie Mann, Pete La Roca, Stan Getz, Sarah Vaughan e Miles Davis. Nos anos setenta, xunto con Dave Holland, Barry Altschul e Antony Braxton, creou as formacións Circle e Return to Forever, coa que elaborou unha corrente “electrificada” do jazz, mestura de rock e con raíces na música brasileira, denominada fusión. A finais dos setenta e ao longo dos oitenta compaxinou a súa experiencia en solitario con duetos na compañía de figuras do jazz, como Keith Jarrett, Herbie Hancock ou John McLaughlin; con formacións de músicos, como Joe Henderson,...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pintora. Estudiou na Escola de Artes e Oficios en Santiago de Compostela e na Coruña. En 1973 recibiu unha bolsa para asistir ao Centro Internazionale di Estudi per l’Insegnamento del Mosaico de Ravenna. Participou, entre outras, na exposición da Asociación de Artistas da Coruña (1973) e na Muestra de Arte Gallego de la Ciudad Universitaria de Madrid (1974).
-
GALICIA
Pintora. Coñecida como María Corredoyra, iniciou a súa formación na Coruña con Félix Castro e Enrique Saborit. Participou en concursos e exposicións colectivas como a Exposición Rexional Galega de Santiago de Compostela (1909), na que recibiu a Medalla de Ouro polo conxunto da obra presentada, entre a que destaca A neta; nunha exposición en México (1910), en Bos Aires (1911) e na Exposición de Arte Galega celebrada no Centro Galego de Madrid (1912). En 1914 trasladouse a Madrid para ampliar a súa formación con Eduardo Chicharro (1914-1915) e con José María López Mezquita (1915-1916), ao tempo que recibiu clases teóricas de Joaquim Sorolla. Regresou a Galicia en 1916 e, ao ano seguinte, participou na Segunda Exposición de Arte Galega celebrada na Coruña con cadros figurativos entre os que destaca A galega dos cacharros. En 1922 realizou o seu primeiro cadro de interiores, Interior da igrexa das Capuchinas, presentado á Exposición de Arte Galega de Ferrol....
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta portugués. Coñecido polo pseudónimo de Violante de Cisneyros, foi un dos animadores da revista Orpheu, introdutora do modernismo en Portugal. A recompilación Antologia de Poemas (1956) recolle gran parte da súa obra.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Profesor, polígrafo, conferenciante, articulista, dramaturgo e director teatral, fillo do académico e secretario da Real Academia Española Emilio Cotarelo Mori. Cursou estudios en Madrid e Oviedo (1889-1899), e foi catedrático de Lingua e Literatura españolas desde 1904 na Universidade de Santiago de Compostela, da que foi vicerrector e decano da súa facultade de Filosofía e Letras. Presidiu o Ateneo León XIII. En 1909 participou na Exposición Rexional de Santiago, e dous anos despois o seu Teatro de Cervantes foi galardoado co Berwick e Alba da Academia Española. En 1919 deuse a coñecer como narrador con Palladys tyrones e a seguir editou La enseña raída (1922) e El pazo (1923). Desde 1920 foi académico da Academia Galega. A partir de 1923 converteuse no primeiro presidente do Seminario de Estudos Galegos. Foi membro da Academia de Historia e do Instituto de España. A súa actividade teatral centrouse en especial no período 1922-1931, logo de promover o Cadro...
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento da Bretaña, Francia (6.877 km2; 538.100 h [estim 1997]). A súa capital é Saint-Brieuc (44.752 h [1990]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico. Exerceu en Viana do Bolo e destacou polo seu labor na epidemia da varíola de 1881. Director médico dos balnearios de Baños de Molgas, Sousas e Caldeliñas, editou unha memoria sobre as augas de Verín, premiada polo Real Consejo de Sanidad, Establecimiento hidro-mineral de Verín (provincia de Orense). Estudio físico-hidrológico de la estación balnearia de Verín (1901). Tamén publicou un informe oficial sobre as augas de Guitiriz en 1905.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten forma de cráter.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Libro de relatos publicado por Xosé Luís Méndez Ferrín en 1961. Componse de dez narracións nas que o elemento fundamental é a violencia. Son episodios tomados dunha realidade adversa e miserable, que produce seres insatisfeitos e atormentados, sometidos ao destino implacable e inexorable da morte. A modo de limiar, aparece unha voz que describe en primeira persoa un solpor ao que asiste dende o piso máis alto dun edificio, nun momento no que hai “unha brétema moi lixeira e algo roxa (…), os perfiles das cousas deixan de ser concretos (…) e os homes son como formigas na vila sen nome”. Presenta uns personaxes que pertencen a unha sociedade marxinal e agresiva, na que a violencia é parte do absurdo da existencia, presentada por pura determinación natural, como no relato “Ramil, Ramil, vas morrer Ramil”, onde a víctima é o presunto asesino, ou en “Cabeza fendida”, onde a morte accidental remata cunha relación amorosa. Non obstante , non aparecen esixencias de compromiso social, nin concesións...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dexeneración difusa do sistema nervioso central que aparece na idade adulta. É unha amiloidose cerebral de curso fatal causada por unhas proteínas con capacidade infectiva ou prións que se unen formando fibras e placas. Existen tres formas: unha esporádica, unha hereditaria e unha adquirida, na que o contaxio só pode ter lugar por contacto directo ou indirecto con materiais contaminados, como o tecido cerebral e a medula espiñal. Caracterízase pola presenza de buratos nos cerebros infectados que, observados ao microscopio, teñen aspecto de esponxas. Os síntomas nas primeiras etapas da doenza son a falta de memoria, os cambios de comportamento, a ataxia e as perturbacións visuais; posteriormente aparecen mioclonias, cegueira, debilidade das extremidades e coma. A única forma posible de diagnóstico é mediante unha biopsia ou unha autopsia cerebral. Pertence a un grupo de enfermidades coñecidas como encefalopatías esponxiformes transmisibles (EET), entre as que se contan tamén a encefalopatía...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doenza hereditaria caracterizada pola ausencia ou a carencia de actividade do enzima UDP-glucuroniltransferasa, necesario para a conxunción hepática da bilirrubina co glucuronato.
-
VER O DETALLE DO TERMO
enterite rexional.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudio do efecto dun medicamento en función da hora da súa administración.
-
MONTES
Monte da parroquia e concello de Cee que ten o seu cumio a 292 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que ten forma de cruz.
-
Planta das igrexas en forma de cruz.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización internacional non gobernamental de carácter humanitario fundada en 1863 para auxiliar os militares feridos nas contendas bélicas. Co paso do tempo ampliou o seu ámbito de actuación á asistencia dos prisioneiros de guerra, ás víctimas das guerras civís ou desastres naturais, á atención sanitaria e á axuda a persoas incapacitadas. A súa fundación produciuse na Convención de Xenebra de 1863 baixo a iniciativa de Henry Dunant. Entendeuse como unha organización neutral encargada do coidado dos feridos nos campos de batalla. Os principios da Convención sobre o seu funcionamento aínda seguen en vigor: humanidade, imparcialidade, neutralidade, independencia, carácter voluntario, unidade e universalidade. A creación da Media Lúa Vermella tivo lugar en 1929 como consecuencia da aversión que se tiña nos países islámicos á cruz latina vermella dende os tempos das cruzadas e que nalgúns casos, como na guerra que en 1876 enfrontou a Montenegro, Serbia, Romanía e Turquía, orixinou dramáticas...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista bilingüe publicada por Ediciós do Castro a partir de 1970 e da que se editaron sete números. No primeiro deles recolleu traballos de Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo sobre as creacións elaboradas polo Laboratorio de Formas, pertencente a Cerámicas do Castro. Os seguintes números foron monográficos; o segundo, titulado “O libro galego a discusión”, de novembro de 1974, incluíu as conclusións do I Seminario encol do Libro Galego con textos de Ramón Piñeiro, Luís Seoane, Fernández del Riego e Ricardo García Suárez; no terceiro, de abril de 1975, titulado “Presencia de Galicia”, aparecen diversas fotografías da fachada de Praterías da catedral e das gárgolas do antigo hospital de peregrinos de Santiago de Compostela; o cuarto reproduce conferencias de Ramón Piñeiro, García-Sabell, Rof Carballo e Rafael Dieste sobre a cultura galega na inauguración da Galería Sargadelos en Madrid. En maio de 1978 lanzou o quinto número titulado “Testemuñas e perspectivas en homenaxe ao Seminario de Estudos...
-
-
Que presenta catro formas ou catro caras.
-
Que ten forma cadrada.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten forma de carapucha.