"llo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1518.

  • Cepillo cilíndrico cun pau longo que serve para limpar o interior dos canos das armas de fogo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fondo rochoso do litoral, saínte ou pouco mergullado que dificulta a navegación. Pódense formar pola erosión que produce a auga nas penedías illadas ou pola acumulación de corais ou algas coralinas que están sometidos a determinadas condicións ecolóxicas, como temperaturas superiores aos 18°C, profundidade menor de 25 m, augas ricas en osíxeno e con forte salinidade ou boa iluminación. Os escollos coralinos son: o escollo de franxa, que se forma na plataforma litoral e está unido á costa, e o escollo barreira, que está máis separado da costa e está composto por atois ou por outros escollos desprendidos do escollo de franxa.

    2. Obstáculo ou dificultade que implica unha cousa, especialmente se supón un perigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cuspe abundante que se bota pola boca.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Póla cortada dunha árbore.

    2. Anaco de póla que queda unida ao tronco cando se corta mal.

    3. Póla que se deixa sen podar.

    4. Talo dunha planta que se enxerta para producir outra nova.

    5. Ramificación da cornamenta dos veados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Oblicuamente, de lado.

    2. Mirar a alguén polo ángulo do ollo con disimulo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Falcón de entre 26 e 34 cm de lonxitude e 52 e 69 cm de envergadura, de ás anchas rematadas en punta; o seu aspecto xeral é máis compacto ca outros falcónidos. A cola é relativamente longa, e o voo resulta xeralmente raso e rápido. O macho é a ave de rapina de menor tamaño de Europa e caracterízase por presentar o dorso de cor azul cinsenta; a caluga, o peito e o abdome son de cor ferruxenta, con pequenos riscos acastañados; e a cola de cor azul ten no extremo unha banda negra. As femias son maiores e teñen as partes superiores de cor acastañada con riscos escuros; o peito é claro pero presenta numerosas raias de cor acastañada; e a cola ten bandas claras. Os animais novos son semellantes ás femias. Aliméntanse principalmente de aves de pequeno tamaño que capturan tras un voo persecutorio en terreos abertos, xeralmente en zonas de matogueiras e campos de cultivo intercalados. Aniñan, entre maio e xuño, en diversos lugares, tanto directamente sobre o chan ou sobre vexetación baixa, como...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Obxecto, xeralmente con forma de boneco, que se pon nun lugar para espantar os paxaros e evitar así que coman ou estraguen os froitos e as sementes.

      2. Cousa ou persoa que mete medo.

    1. Persoa ridícula, especialmente a que viste de xeito charramangueiro.

    2. Persoa que estorba.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Superficie lisa e moi reflectora que, por reflexión dos raios de luz, dá imaxes claras dos obxectos. Os tipos máis correntes de espellos son os planos, os esféricos e os parabólicos. Os espellos planos dan unha imaxe que é virtual e simétrica co obxecto respecto ao plano do espello; ademais do uso doméstico, empréganse en numerosos aparellos, como as cámaras fotográficas réflex, o sextante ou o helióstato. Os espellos esféricos teñen a forma dun casquete esférico cóncavo ou convexo e dan, segundo a posición do obxecto, unha imaxe que pode ser real ou virtual, máis grande ou máis pequena ca o obxecto. Os espellos parabólicos teñen como propiedade fundamental o feito de que, para os raios paralelos ao eixe, non presentan a aberración de esfericidade dos espellos esféricos, isto é, todos os raios que inciden paralelos ao eixe, pertenzan ou non á zona de Gauss, converxen no foco, e, reciprocamente, os raios emerxentes dunha fonte luminosa situada no foco son proxectados...

      1. Obxecto montado cunha superficie lisa que reflicte a imaxe dos obxectos situados fronte a el.

      2. espello de Claudio de Lorena

        Pequeno espello circular e convexo empregado para reflectir en miniatura paisaxes de xeito que mostren os seus valores tonais. Foi moi utilizado nos ss XVII e XVIII.

      3. espello frontal

        Espello de superficie cóncava e cunha luz eléctrica no centro que o médico adapta á fronte para realizar as exploracións, principalmente de larinxe e de oído.

      4. espello retrovisor

        Espello de pequenas dimensións que lle permite ao condutor dun vehículo automóbil ver os vehículos que circulan detrás del. Pode estar colocado no interior do automóbil, na parte central e superior do parabrisas, ou no exterior, nun ou nos dous lados do vehículo.

    2. Aquilo que reflicte algo que se expresa.

    3. Cousa que se toma como modelo ou exemplo.

    4. Van en forma oval ou circular.

    5. Motivo decorativo en forma circular ou oval rodeado dunha moldura.

    6. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía profesional de teatro creada na Coruña por Teresa Orro e Arturo López. Entre os seus espectáculos cómpre destacar Un día calquera (1994), con dirección de Agustín Vega a partir dun texto de Eugene O’Neill; Vapores (1996), dirixido por Arturo López a partir da obra homónima de Nell Dunn; Bailando en Verán (1996), con dirección de Arturo López sobre un texto de Brian Friel; As Troianas, con dramaturxia de Manuel Lourenzo sobre o texto clásico de Eurípides e dirección de Arturo López, quen tamén dirixiu Peter pan (1999), Castelao sempre e O sanador, sobre un texto de Brian Friel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espiga baleira ou con poucos grans dun cereal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya, situado na marxe esquerda do río Llobregat (46.810 h [1996]). A partir dos anos cincuenta, a recuperación da actividade industrial e a inmigración convertérono nun municipio catalán cun alto grao de industrialización; traballa neste sector o 42% da poboación. Os principais sectores son o téxtil, as artes gráficas e os produtos químicos, farmacéuticos e plásticos. Tamén tivo un gran desenvolvemento o sector servicios, mentres que a agricultura apenas ten relevancia. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa de Santa Magdalena, medieval, e reconstruída no s XVI, o convento de Montsió (s XIV e XV) e a Torre Lleóns, casa do s XVI construída sobre unha vila romana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. A súa infancia transcorreu entre a súa vila natal, Barcelona e Arenys del Mar. En 1929 publicou o seu primeiro libro, Israel, e en 1930 ingresou na Universitat de Barcelona, onde cursou estudios de dereito e historia. Prolífico autor de narracións, poemas e teatro, da súa produción destacan: Primera història d’Esther (obra de teatro editada en 1948 e estreada en 1957), Antígona (obra de teatro editada en 1955 e estreada en 1958), El doctor Rip (1913), Laia (1932), Aspectes (1934), Ariadna al laberint grotesc (1935), Miratge a Citerea (1935), Letizia i altres proses (1937), Cementiri de Sinera (1946), Les cançons d’Ariadna (1949), El caminant i el mur (1954), Final del laberint (1955), La pell de brau (1960), Obras completas (1968), Una altra Fedra si us plau... (1978), Les roques i el mar, el blau (1981) e Per a la bona gent...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pao que se coloca a cada un dos lados da cheda do carro, introducido nos estadulleiros, e que serve para recoller a carga.

    2. Pao que se coloca na parte dianteira do carro, na cabezalla, para termar del.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cabo do palangre do que penduran as brazolas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Utensilio de esparto machacado ou doutro material áspero que se emprega para fregar, especialmente a louza.

    2. Persoa ou cousa inútil ou desprezable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de estrullar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tenista estadounidense. Proclamouse vencedora dos catro grandes torneos do Grand Slam: Roland Garros (en 7 ocasións), Wimbledon (en 3 ocasións), Open USA (6 veces) e Open de Australia.

    VER O DETALLE DO TERMO