"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade grega situada á beira do Mar Negro. Fundada no s VI a C por megarenses e beocios, acadou o seu máximo esplendor baixo o goberno do tirano Clearco (s IV a C). A conquista romana significou o inicio da súa decadencia.
-
FILOSOFOS
Filósofo grego. Coñecido como o Escuro, considerou que o elemento material fundamental era o lume e que a partir das sucesivas metamorfoses deste aparecerían a auga, a terra e as demais cousas. Considerou, en oposición ao enunciado por Parménides, que todo cambia e flúe de xeito constante. A súa filosofía influíu nos sofistas, nos estoicos, en Platón, Aristóteles, G. F. Hegel, F. E.D. Schleiermacher e F. W.Nietzsche.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico liberal editado en Santiago de Compostela a partir do 21 de abril de 1820. Cesou a súa edición en outubro dese ano (nº53). Saía todos os martes e venres dos obradoiros tipográficos de Campaña e Aguayo. Fundado e dirixido por Antonio B. Fandiño, incluía artigos de carácter satírico dirixido aos políticos, feito que motivou a suspensión da edición.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Convento franciscano situado en Padrón. Foi fundado por frei Gonzalo Mariño e frei Pedro de Nemancos en 1396, e estivo baixo a advocación de san Francisco, ata que no s XVI pasou a santo Antonio. En 1701 converteuse en colexio de misioneiros dirixido polos padres franciscanos. Coa desamortización e exclaustración, a administración e o usufruto do convento pasaron ao concello de Padrón e a igrexa ao cabido compostelán. Foi Seminario Menor (1865-1884) da arquidiocese de Santiago de Compostela e en 1890 retornaron os franciscanos, que se trasladaron desde o convento de Louro (Muros) ao Colexio Seráfico ou ao Seminario Menor Franciscano. A igrexa é barroca do s XVIII. Ten planta cruciforme coas cubertas abovedadas. Conserva no interior retablos barrocos.
-
PERSOEIRO
Bispo de Perugia. Foi encarcerado, torturado e decapitado polo rei godo Totila durante o asedio de Perugia (549). Na iconografía represéntase con vestiduras episcopais e leva como atributo un coitelo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Faro de orixe romana situado na Coruña. Segundo unha inscrición latina que se atopa preto del, foi construído no s II polo arquitecto lusitano Caio Sevio Lupo de Aeminium (Coimbra) cumprindo un voto. A lenda conta que Hércules cortou a cabeza de Xerión neste lugar, onde levantou un monumento para acoller os seus restos. Remodelada en diversas ocasións, entre outras na encargada polo duque de Uceda ao arquitecto Amaro Antune en 1682, o aspecto exterior é produto da reforma realizada en 1791 polo arquitecto Eustaquio Gianini, pola que presenta unha planta cadrada cunha altura de 68 m. Antes da reforma era un corpo prismático con base cadrada e un muro exterior de pedra con dúas portas na parte baixa e fiestras asimétricas ata o piso superior. No interior conserva a estrutura romana. Para acceder ao faro habería unha rampla helicoidal que puido estar situada no exterior da torre ou ben no interior dela. E. Gianini marcou a rampla con franxas helicoidais que dividen o corpo central en cinco...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa editorial fundada en Friburgo de Brisgovia en 1801 por Bartholomäus Herder (1774-1839), especializada na edición de libros de teoloxía, filosofía e psicoloxía. En 1925 estableceu unha librería en Barcelona e en 1944 instalouse definitivamente como editorial, en que se editaron máis de 600 títulos diferentes. Desde 2002 conta cunha delegación en México para a difusión do libro en castelán por América.
-
PERSOEIRO
Pintor. Militar de profesión, instalouse en Vigo en 1950. Especializouse na realización de acuarelas. As súas obras, fundamentalmente paisaxes, caracterízanse pola perfección do debuxo, pola pincelada solta e ampla e polos contrastes de dous planos de cor. Realizou exposicións en diversas cidades españolas. Recibiu a Medalla de Ouro da Bienal de Pontevedra en 1972 e 1975, a Medalla de Plata do XLII Salón de Otoño de Palma de Mallorca (1983) e o Premio Nacional de Pintura Ejército 1986. A súa filla María Luisa Heredero (Vigo 10.1.1963), coñecida como Mariola Heredero, cultiva tamén a acuarela.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que procede do xermánico Heribert, Herbert ou Haribert ‘ilustre no seu exército’, composto de *harja- ‘pobo en armas’, ‘exército’ e *bertha- ‘ilustre’, ‘famoso’. Hai quen pensa que pode vir tamén do xermánico Hari-berth ‘exército’. A súa festividade celébrase o 16 de marzo.
-
PERSOEIRO
Chanceler (994) do emperador Odón III e arcebispo de Colonia (999). Fundou a abadía de Deutz e foi canonizado no s XVII. Na iconografía viste roupas arcebispais, co sagrado palio, e leva como atributos unha pomba e a maqueta dunha igrexa ou mosteiro. A súa festividade celébrase o 16 de marzo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fillo de Hermes e de Afrodita. Logo de ser criado polas ninfas nos bosques do Ida de Frixia, dedicouse a viaxar por Asia Menor. Dotado dunha singular beleza, namorouse del unha ninfa do lago de Caria chamada Salmacis, pero, ao ser rexeitada polo mozo, pediulle aos deuses que o seu corpo quedase sempre pegado ao del. Así, unha vez que Hermafrodito se meteu nas augas do lago, Salmacis achegouse a el e esmagouno contra ela. Desta fusión nacería un novo ser, dotado de dobre natureza. A fábula narrada por Ovidio inspirou obras artísticas, como as esculturas da Galleria Borghese e do Musée du Louvre.
-
PERSOEIRO
Monxe galego. Posiblemente foi curmán de san Rosendo e sobriño de santa Aragonta, segunda esposa de Ordoño II, a quen acompañou como confesor no mosteiro de Salceda. No arquivo da catedral de Tui testemúñase a súa santidade e dise que está enterrado na Capela da Raíña do mosteiro de Salceda.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei visigodo (583? - 584), fillo do Leovixildo. Casou con Ingunda, princesa católica irmá de Khildeberto de Austrasia, e abxurou do arianismo para converterse ao catolicismo co nome de Xoán (579). Enviado como gobernador á Bética, sublevouse contra o seu pai, proclamouse rei e, aliándose cos bizantinos e cos suevos, liderou a facción católica contraria a Leovixildo. Capturado preto de Córdoba, foi desterrado a València e encarcerado en Tarragona, onde morreu decapitado ao negarse a abxurar da nova relixión. O Papa Gregorio o Grande considerouno mártir do catolicismo. Canonizado en 1585, pasou a ser copatrón de Sevilla. A Real Orde de Santo Hermenxildo, instituída por Fernando VII (1804), é unha orde militar que recompensa a permanencia e constancia no servizo das armas a oficiais, xefes e xenerais. Na iconografía represéntase como un mozo imberbe de longa cabeleira, que viste túnica curta e clámide ou manto real, e coroa real sobre a cabeza. Leva como atributos unha esfera e un...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que os gregos designaban a Thot, deus exipcio da escritura, das ciencias e das artes. Considerábano un sabio fabuloso, autor dun gran número de tratados secretos de astroloxía, maxia e alquimia. Do seu nome deriva a denominación de filosofía hermética.
-
GALICIA
Escritor e investigador. Inspector de educación, director da colección “Narrativa de Onte” da Editorial Galaxia e asesor de Literatura da Enciclopedia Galega Universal (EGU). Estudiou maxisterio en Ourense e Filoloxía Románica nas universidades de Santiago de Compostela e Oviedo. Membro destacado do Círculo Ourensán-Vigués, exerceu como director literario de Ir Indo Edicións. Colaborou en diversas publicacións, como Boletín galego de literatura, Dorna, Faro de Vigo e Grial. Coñecedor e estudoso da obra de Rosalía de Castro, Castelao, Celso Emilio Ferreiro e da narrativa do Rexurdimento, publicou diversos artigos especializados e os libros Castelao e Os dous de sempre (1980) e Castelao para nenos (1988). Reflectiu as súas investigacións no campo da prensa periódica en As revistas literarias en Galicia na Segunda República (1987). Participou nos proxectos de Lingua Galega 6 (1981) e Lingua Galega 8 (1984) para SM Ediciones....
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e escritor. Licenciado en Leis, foi catedrático de Decretais na Universidade de Santiago de Compostela e xuíz subdelegado de imprentas e librerías en Galicia. En 1810 Fernando VII nomeouno conselleiro de Estado. Na lexislatura 1810-1813 foi deputado pola provincia de Santiago e defendeu nas Cortes a restauración da monarquía absoluta. Foi autor de Pensamientos militares de un paisano (1809) e Último recurso de la Nación Española para conservar su existencia política, deducido de la historia de nuestras regencias (1813).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e político. Estudiou filosofía, teoloxía, leis e canons na Universidade de Santiago de Compostela, estudios que rematou en 1824. Ocupou diversos cargos políticos paralelamente aos gobernos do Partido Moderado. Foi alcalde de Tui (1844), intendente de Lugo e da Coruña, e en 1853 foi designado gobernador da provincia da Coruña. Foi deputado, na lexislatura 1844-1846 pola provincia de Pontevedra, e en 1857-1858 polo distrito de Betanzos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político, señor de Andeade, Cumeiro, Leiro Grande, Osebe, Loureiro, Salmonte e Rosende. Foi alcalde de Touro (1857), senador pola Coruña (1872) e durante a Restauración pertenceu ao Partido Liberal e foi deputado polo distrito de Arzúa (1879-1899). Senador pola provincia da Coruña (1899-1902), dirixiu a Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago de Compostela. Foi nomeado cabaleiro da Real Orden de Carlos III e recibiu a Gran Cruz de Isabel la Católica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Dodro. A súa planta orixinal era rectangular. A fachada principal presenta nos laterais dúas torres de planta cuadrangular con cuberta a catro augas. Na cara posterior os engadidos á planta orixinal conformaron un corpo en forma de L. Conserva un escudo do s XVIII con armas dos Luaces, Mosquera, Bermúdez e outros. A súa historia está relacionada con Rosalía de Castro, que pasaba longas tempadas nel, pois o pazo pertencía aos seus tíos. En 1930 celebrouse alí a reunión que deu lugar ao Pacto de Lestrove, polo que se fundou a Federación Republicana Gallega. Declarárono Ben de Interese Cultural en 1994.
-
GALICIA
Filatélico. Académico numerario da Academia Hispánica de Filatelia, é membro da oficina da Comisión Temática da Federación Internacional de Filatelia.
VER O DETALLE DO TERMO