"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que recibe a lanzadeira espacial rusa. Cunha apariencia externa análoga ás lanzadeiras norteamericanas, non ten conxunto de propulsión, senón que é un foguete, o Energia, quen a pon en órbita. Posúe motor atmosférico e un sistema de aterraxe completamente informatizado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ento frío, forte, acompañado de neve ou auganeve, que bufa en Siberia.
-
PERSOEIRO
Naturalista e horticultor norteamericano. Foi o creador dun gran número de variedades novas de plantas cultivadas, moitas delas por hibridación. En 1872 obtivo por selección a pataca Burbank, dun gran rendemento.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que fai burbullas.
-
PERSOEIRO
Escritor e liturxista alemán. Desde 1484 foi mestre de cerimonias pontificio. É autor dun Liber notarum, que constitúe unha das primeiras fontes para o estudo da época dos Borja.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Piso inferior do Mioceno mariño comprendido entre o Aquitaniano e o Vindoboniano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Burdigaliano.
-
CIDADES
Cidade da India, no estado de Bengala Occidental, á beira do río Dāmodar (244.789 h [1991]). A temperatura media anual ascende aos 27°C. Os principais recursos económicos son as industrias alimentarias, téxtiles e mecánicas. Destacan o templos do Maharadsha de Burdwān, santuario de Pirbaharam e o santuario de Shiworaja.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ou Permanent International Peace Bureau Organización internacional creada en Berna en 1891 coa finalidade de coordinar as actividades en favor da paz en diferentes países. Foi creada por membros do III Congreso Mundial da Paz celebrado en Roma ese mesmo ano. Os seus obxectivos foron servir de vínculo entre os pacifistas de todo o mundo, proporcionar información sobre o movemento da paz e preparar as resolucións do Congreso Mundial da Paz. En 1910, despois de ser candidato durante sete das dez primeiras convocatorias, recibiu o Premio Nobel da Paz. Trala creación da Sociedade de Nacións, perdeu importancia e suspendeu os seus traballos durante a Segunda Guerra Mundial. En 1959 púxose fin a esta organización e os seus fondos pasaron ao International Liaison Committee of Organizations for Peace (ILCOP). Este comité tentou restablecer a anterior organización e nomeou en Xenebra unha secretaría do International Peace Bureau. Reorganizado polo comité dos premios Nobel, non acadou...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Land de Austria (3.965 km2, 276.067 h. [1998]). A capital é Eisenstadt (11.647 h [1998]). Constitúe unha área de transición entre os Alpes e a chaira Panónica. Os solos son moi bos (loess, terras negras), principal motivo da alta densidade de poboación e do hábitat rural concentrado. A maioría da poboación é de fala alemá e de relixión católica, pero hai minorías étnicas (croatas, húngaros) e relixiosas (protestantes). O Burgenland, antigamente austríaco, pasou a poder de Hungría no ano 1647, pero ao acabar a Primeira Guerra Mundial unha parte do territorio foi atribuído a Austria. En outubro de 1921 celebrouse un plebiscito que deu como resultado a integración en Hungría da cidade principal, Sopron.
-
PERSOEIRO
Escritor e compositor inglés. Dedicado ao ensino, especializouse na fonética e na literatura e despois iniciou un labor moi prolífico como novelista, do que destacan títulos como A Clockwork Orange (A laranxa mecánica, 1962), levada ao cine por S. Kubrick en 1972, Nothing Like the Sun (Nada como o sol, 1964), Urgent Copy (Copia urxente, 1969), Earthly Powers (Poderes terreais, 1980) ou Enderby’s Dark Lady (A muller morena de Enderby, 1984). Cultivou o ensaio, estudiou a obra de J. Joyce e publicou unha biografía sobre Ernest Hemingway. No eido musical compuxo, entre outras pezas, Blooms of Dublin (Flores de Dublín, 1982).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e gravador alemán. Foi discípulo do seu pai, o gravador Thoman Burgkmair (1444-1523) e de Martin Schongauer. A súa produción pictórica contén tres táboas, coas basílicas de San Pedro (1501), San Xoán do Letrán (1502) e Santa Cruz de Xerusalén, os retablos do Rosario, de san Xoán Evanxelista (1518) e da Santa Cruz (1519). Como gravador destacan os traballos para o Emperador Maximiliano e diversas xilografías do seu Libro de Horas. O seu fillo Hans Burgkmair o Mozo (1500?-1559) tamén foi gravador e pintor.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de León (1.002 h [1996]). Situado nunha chaira preto do río Degaña. Poboación principalmente agrícola, con cultivos de cereais, legumes e vide. Atópase no Camiño Francés de peregrinación a Santiago, entre Sahagún e Mansilla de las Mulas.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial do s XVIII situada no concello de Lugo. Consta dunha soa nave cuberta con bóveda de canón con lunetos nos laterias. A capela maior é cuadrangular cuberta por unha bóveda de media laranxa sobre pendentes que remata nunha lanterna. O retablo maior é de finais do s XVIII e alberga as imaxes do Sagrado Corazón, san Ramón e san Vicente. Ten tamén un retablo neogótico e outro neoclásico. Na fachada principal a portada é alintelada cun frontón semicircular sobre o que se sitúa unha fornela coa figura do titular do templo. O campanario dun corpo, remata nunha cupuliña.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ermida gótica situada en Baiona. Foi construída entre os últimos anos do s XIII e os primeiros do s XIV. Conserva da primitiva fábrica a nave e a ábsida rectangular. A portada occidental remata nun arco apuntado e na setentrional nun arco de descarga semicircular que abre a porta e o tímpano liso sostido por dúas mochetas con perfil de nacela. Os beirís da nave están sostidos por canzorros sen apenas desbastar. Na ábsida atópase unha cruz de palmas cun pequeno burato no medio.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Culleredo. Antigo Burgo do Faro, confundíase en moitas ocasións coa propia cidade da Coruña. Está presente en documentos de 1160 e 1161 polos que Fernando II doa a igrexa ao arcebispo de Santiago, e nun texto de 1181 polo que é doada ao mosteiro de Sobrado. Da primitiva fábrica románica conserva a cabeceira de tres ábsidas, á que se accede por medio de tres arcos triunfais de medio punto peraltado apoiados en columnas entregas con capiteis de tipo compostelán. Está cuberta por bóvedas de canón e de forno. Probablemente, a primitiva planta fose de tres naves pero foi reformada no s XVIII e semella una cruz latina dunha soa nave e outra no cruceiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Procedente do integrismo, evolucionou cara a un pensamento socialcristián. Foi ministro de Gracia e Xustiza en 1915 e 1917 e ministro de Gobernación en 1919. Opúxose á actuación dos elementos extremistas da Federación Patronal e do Sindicato Libre de Barcelona e, máis tarde, á ditadura do xeneral Primo de Rivera. Publicou El problema social y la democracia cristiana (1914) e Páginas históricas (1944).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e escritor. Adepto ás ideas liberais, colaborou coa administración bonapartista durante a invasión francesa da Península Ibérica, exercendo a partir de 1810 a subprefectura de Almería, e diversos cargos políticos en Granada. Trala restauración da lexitimidade monárquica na persoa de Fernando VII, en 1812 exiliouse a París. Despois da súa volta, no 1819, publicou un periódico denominado Miscelánea de comercio, artes e literarura. En 1822 converteuse en director de El Imparcial. Realizou a negociación dun importante empréstito en París en 1824, onde estableceu contacto con Aguado, a quen dirixiu unha Exposición na que pedía unha serie de reformas moderadas. En 1833 comezou a exercer no ministerio de Fomento, desde o que implantou a división peninsular en provincias, e creou os cargos de subdelegados de fomento (futuros gobernadores civís). Activou a reforma do sistema tributario programado por Ramón de Santillán. En 1846 foi ministro da Gobernación. É autor...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Participou nas campañas de Cuba, as Filipinas e Marrocos. Dirixiu a represión da folga en Asturias no 1917. Foi comisario en Marrocos, tenente xeneral, director da Garda Civil e presidente do Consello Supremo de Guerra e Mariña. En 1931 presidiu o consello de guerra contra o goberno provisional republicano, que derivou nunha manifestación pública contra a ditadura e a monarquía. Trala instauración da República foi presidente da Cruz Vermella e tentou desenvolver unha actuación política de esquerdas, que foi rexeitada polos socialistas. Publicou algúns ensaios dos que destacan Mi rebeldía (1904) e Morbo nacional (1906).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Madhya Pradesh, India, á beira do río Tapti (172.809 h [1991]). A súa economía baséase na artesanía do algodón, prata e ouro, sendo tamén un núcleo téxtil e comercial. Fundada no 1400, foi conquistada polo Emperador Akbar en 1599 e anexionada ao Imperio Mongol. Foi sede principal do goberno das provincias do Deccan ata 1636, cando foi substituída por Aurangābād. Pasou ao poder de Gran Bretaña no ano 1861.
VER O DETALLE DO TERMO