"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pequena serra situada no concello de Dumbría, cunha orientación NO-SL. Están drenados polas aguas do río Xallas e de pequenos regos, destacando os cumios de Pedras Cabaliza (472 m), Alto do Carro (420 m) e Alto do Cabarnalde.
-
GALICIA
Futbolista internacional. Formado na disciplina do Brigantium da súa cidade natal, pasou ao Real Club Deportivo de La Coruña, onde se converteu en profesional. Militou despois no Real Mallorca e no Sevilla Club de Fútbol. As súas actuacións neste último equipo provocaron que o convocase a selección española, coa que acudiu aos Campionatos Mundiais de España 1982, México 1986 e Italia 1990, e ás Eurocopas de Francia 1984 e Alemaña 1988. En 1985 fichou polo Real Madrid Club de Fútbol, equipo co que acadou seis títulos de Liga, cinco deles consecutivos (entre 1985-1986 e 1989-1990) e outro na tempada 1994-1995, ademais de dous títulos da Copa do Rei. Entre outras distincións individuais, recibiu o Premio Ricardo Zamora en varias edicións, como porteiro menos goleado do campionato de liga.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Buis.
-
PERSOEIRO
Fisiólogo e psicólogo neerlandés. Profesor nas universidades de Nimega e Utrecht, estudiou, ao mesmo tempo, a psicoloxía animal e a humana contempladas dende a fenomenoloxía. Rexeitou o dualismo cartesiano alma-corpo e baseou as súas observacións nas relacións que manteñen o suxeito co medio e non nas situacións experimentais. Entre outras obras, publicou Psychologie der Tieren (1920), Traité de psychologie animale (Tratado de psicoloxía animal, 1952) e Prolegomena van een anthropologische Fysiologie (Prolegómenos dunha fisioloxía antropolóxica, 1965).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político norteamericano. Membro do partido demócrata, foi representante no congreso no 1911 e senador de 1931 a 1941. Durante a Segunda Guerra Mundial foi membro do Tribunal Supremo e da oficina de mobilización industrial e de reconversión. Secretario de estado de 1945 a 1947, defendeu a permanencia das tropas dos EE UU en Europa ata a conclusión dos tratados de paz. Foi gobernador de Carolina do Sur de 1951 a 1955.
VER O DETALLE DO TERMO -
CORDILLEIRAS
Cordilleira de Siberia, Rusia, que atravesa de O a L a península de Tajmyr. Ten unha altitude máxima de 1.500 m.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello do Porto do Son baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Apelido que pode ter a súa orixe nun alcume ou nun topónimo. Algunhas teorías fano derivar do antigo adxectivo camaño, procedente, á súa vez, do latín quam magnu. As documentacións que se atopan deste apelido presentan unha forma xa moi próxima á actual: “Johan de Camaño” (doc ano 1457 en F. R. Tato Plaza Libro de Notas de Álvaro Pérez, notario da terra de Rianxo e Postmarcos (1457), 1999, p 927). Unha variante deste apelido é Camaño.
-
Liñaxe que, segundo a tradición, descende do príncipe Sicambre, bisneto do último rei dos troianos que desembarcara en terras galegas. A súa primeira casa foi o castelo de Castro Camaño, en Noia, e a ela pertenceron Sancho García de Caamaño, que participou como capitán no sitio de Almería (1147) e na conquista de Andújar (1155), Garci Fernández de Caaamaño, que acompañou a Fernando III o Santo nas conquistas de Córdoba e Sevilla, e Vasco Fernández de Caamaño, quen apoiou a Pedro I o Cruel e logo tivo que marchar para Portugal. Establecéronse en Vista Alegre e Barrantes, de onde procede García de Caamaño Mendoza Soutomaior, cardeal arcebispo de Compostela, Fernando Caamaño de Andrade e Soutomaior, bispo de Palencia e Sigüenza e capitán xeneral do Reino de Galicia en Rubiáns, e Fernando de Caaamaño e Figueroa, cardeal de arcebispo de Compostela. Tamén se asentaron noutros moitos lugares de Galicia como Vilanova de Arousa, Rubiáns, Pontevedra, Romelle (Samos), Rianxo, Baión...
-
-
GALICIA
Cronista oficial de Cambados. Desenvolveu o seu labor profesional como comisario de policía. Colaborou como xornalista en La Voz de Galicia e no Faro de Vigo. Amais de numerosos artigos xornalísticos, escribiu: Cambados a la luz de la historia (1933), El Grove, su historia (1964) e Rosalía en el llanto de su estirpe (1968). Foi membro da Real Academia Galega e, dende 1973, da Real Academia da Historia. Recibiu un premio nos Xogos Florais da Coruña do ano 1948 pola súa obra El periodismo gallego en relación con el periodismo español.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta. Colaborou en diversos xornais e revistas da emigración galega, principalmente con composicións poéticas. Publicou o poemario Marisqueiras.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arqueólogo. Profesor de arqueoloxía na Universidade de Santiago de Compostela, especializouse en diferentes aspectos da romanización en Galicia dende que en 1976 defendeu a súa tese sobre La vía romana número 18 del Itinerario Antonino a su paso por la provincia de Ourense. Dirixiu a escavación do campamento romano de Cidadela (Sobrado dos Monxes) e do xacemento de Temes (Carballedo). Foi director do departamento de Prehistoria e Arqueoloxía da Universidade de Santiago de Compostela e membro da comisión técnica de arqueoloxía da Xunta de Galicia e colaborou nas revistas Gallaecia, Larouco, Lucus, Cuadernos de Estudios Gallegos, Boletín Auriense, Conimbriga, Boletín do Museo Provincial de Lugo e Cadernos de Arqueoloxía. É autor dos libros Guía del campamento romano de Cidadela (1994), As vías romanas (1998) e La vía Nova (18 Itinerario Antonino) su tramo galaico (2000). Pertenceu ao...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador. Catedrático de Historia da Arte na Universidad Complutense de Madrid. Especializouse na arte gótica galega, tema da súa tese Contribución al estudo del gótico en Galicia (1959), e realizou numerosos estudios, entre os que destaca “Pervivencias y ecos del Pórtico de la Gloria en el gótico gallego” (1991). É colaborador de Cuadernos de Estudios Gallegos, Archivo Español de Arte, Boletín del Seminario de Estudios de Arte y Arqueología e Cuadernos del Arte Español. Ademais participou en congresos e obras colectivas como Arte Galega: estado da cuestión (1990). Entre as súas obras cómpre salientar Historia del Arte Español (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Economista ilustrado, conde de Maceda e Fefiñáns, marqués de Figueroa e da Atalaia e grande de España. Desempeñou o cargo de alguacil maior do Santo Tribunal da Inquisición do Reino de Galicia e vogal perpetuo da Xunta de Comercio e Navegación. Nas súas obras, defendeu que o comercio e a industria non deberían estar gravados con demasiadas cargas tributarias. A súa actividade económica comezou en 1792, cando fundou unha fábrica con once teares para obxectos de seda, ouro e fío. En 1797, por mor da súa defensa ante o rei do porto de Ferrol, foi nomeado pola corporación da cidade rexedor perpetuo da vila. Publicou: Representación (...) sobre el estado de las pesquerías nacionales, causas de su decadencia y medios de establecerlas (1807) e Reforma que deberá darse a la Marina española para que llegue a florecer entre las primeras naciones de Europa (1814). Foi membro da Sociedad Cantábrica, da Sociedade do Reino de Galicia e cabaleiro da orde de san Xoán de Malta.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto. Profesor de construción rural galega na Escola Universitaria de Arquitectura Técnica. Investigador das construcións populares galegas, participou no Congreso Europeo do Hórreo na Arquitectura Rural (1985) e colaborou na obra Doce anos na busca da nosa identidade (1991). Entre outras obras, publicou Pro e contra da liturxia en galego: historia dunha polémica, (1980), Sobre Galicia, con responsabilidades (1989), A casa vivenda (1997), A casa popular (1999) e As construcións adxectivas (1999). Paralelamente, foi un activo militante galeguista, iniciando a súa andaina en Barcelona, onde foi vicesecretario do Centro Galego de Barcelona e fundou a Mocedade Galega en 1960. En 1964 instalouse na Coruña e ingresou no Partido Socialista Galego, ao que pertenceu ata 1980. Presidiu a Agrupación Cultural O Facho ata 1979. Ademais, foi vicepresidente da coral polifónica Follas Novas, membro dos consellos editoriais de Sept e Galaxia, un...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. En 1606 dourou e pintou o retablo da capela de San Froitoso, na catedral de Santiago de Compostela, e o retablo principal de Santo Estevo de Covas (Ames). Está documentado que en 1620 estivo preso no cárcere da Torre da Praza por causa dunha querela imposta polo escultor Francisco de Antas, aínda que este retirou a denuncia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo. A súa dedicación á fotografía comezou no ano 1924 de forma autodidacta. Anos máis tarde pasou varios invernos en Santiago onde aprendeu co fotógrafo Ksado. Ao longo da súa vida, sempre na Costa da Morte, foi retratando as súas paisaxes así como o xeito de vivir dun pobo e todos os aspectos relacionados coas súas actividades laborais e sociais. Na súa obra reflectiu os traballos do mar e do campo, as actividades manuais dos carpinteiros, toneleiros, palilleiras, a actividade nas feiras e nas oficinas, a vida nas escolas; tamén as procesións e peregrinacións, os velorios, as festas e romarías, o teatro, os faladoiros e o deporte. O seu estilo baséase na sinxeleza de medios. Interesouse polo cine e proxectou películas polas vilas da área de Corcubión dende o ano 1927. Publicou fotografías en diversos xornais e revistas como ABC, Ahora, Céltiga, La Voz de Galicia, El Ideal Gallego, La Noche, España y América, Finisterre, Stampa, Vida Gallega, Hijos de Mugía e Alborada (estas dúas...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xaquín Ramón Pérez Caamaño.
-
PERSOEIRO
Actor. Despois da súa experiencia no teatro, debutou no cine da man de Billy Wilder, interpretando un papel no filme Irma la Douce (Irma a Doce, 1963). Foi un dos galáns máis recoñecidos dos anos setenta. Participou, entre outras, nas películas: El Dorado (1966), The Gambler (O xogador, 1974), Gardens of Stone (Xardíns de pedra, 1987) e Bulletproof (A proba de balas, 1997). En 1980 dirixiu unha longametraxe titulada Hide in Plain Sight (O escondedoiro da visión clara). Foi nominado ao Oscar pola súa interpretación en The Godfather (O padriño, 1972).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro de orixe beneditina que estivo situado en Santiago de Capela (A Capela). Situado nun bosque onde san Rosendo fundara un cenobio no s X, pasou a ser rexido polos cóengos regulares de santo Agostiño, funcionando como real colexiata ata o s XVIII. No ano 934 Vermudo II concedeulle a vila de Veremluy e as igrexas de Santiago e San Xurxo. No 936 san Rosendo, o bispo Ero, os abades Rodrigo e Anaxildo, e mais o clérigo Sisualdo fixeron unha doazón para os monxes que o habitaban que se ten por fundacional. Afonso VII doou no 1107 as posesións sobre as que se asentaba o mosteiro cos seus dereitos xurisdicionais. No 1164 Fernando II concedeulle a igrexa de Santa María de Ripa Eume. No 1238 Fernando II doou a igrexa de Santo Estevo de Herenes. Afonso IX concedeulle no 1214 diversos privilexios que foron confirmados polos seus sucesores. A primeira mención aos cóengos regulares que ocuparon o mosteiro data do 1286 cando Sancho IV confirmou os privilexios que se outorgaran anteriormente. Ademais...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga colexiata situada en San Braulio de Caaveiro, parroquia de Santa María de Cabalar (A Capela). Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1975.