"Az" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2426.

    1. Calza de madeira que reforza os marcos de portas e xanelas.

    2. Táboa para separar o peixe nas neveiras dos barcos de pesca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apertar os arcos das cubas empregando o chazo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza de madeira unida ao pau da dorna que serve para izar a vela.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Instrumento empregado para apertar os arcos das cubas de viño.

    2. Cuña de madeira que asegura os marcos de portas e ventás.

    3. Corte que se lle dá á madeira co fin de comprobar o seu estado.

    4. Burato que ten o xugo na parte central.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia e punta da beira setentrional da ría de Arousa, situada no litoral da parroquia de Castro, no concello de Boiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor, ilustrador e poeta. De formación autodidacta, comezou a expoñer de xeito regular en 1980. Participou en varios proxectos expositivos relevantes da década dos noventa como Loairas (1993), organizado pola Deputación de Pontevedra no castelo de Soutomaior, Coincidencias (1994) e Galicia. Terra Única (1997), organizados pola Xunta de Galicia. Emprega a pedra, a madeira e as pezas de bronce e ferro, moitas veces reutilizadas e ensambladas no obxecto escultórico. A súa obra está cargada dunha ironía e dunha lírica próximas á creatividade popular e á reinterpretación da natureza, como na serie Avelaíñas (2000). Aínda que as súas pezas adoitan ser de formato pequeno ou medio, co proxecto de escultura pública Porta da Luz Salgada (Vilagarcía de Arousa, 2001) achegouse aos grandes formatos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Taco de madeira que se usa para apertar os arcos dos barrís.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • olcán dos Andes, no Ecuador, no ángulo noroccidental da provincia de Chimborazo (6.272 m). É a cima máis elevada do estado. É un volcán apagado. A primeira ascensión que coroou a cima foi a de Edward Whymper e J. A. Carrel no 1880.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción ou efecto de saltar unha chispa polo contacto de dous condutores eléctricos.

    2. Descarga eléctrica entre dúas correntes opostas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto nobre situado en Santa María de Pidre (Palas de Rei). A súa construción relaciónase con Alonso Vázquez Varela e Margarita Méndez, fundadores do morgado de Chorente no s XVII. A primitiva construción estaba formada por unha vivenda e unha torre. O conxunto conservado está dominado por unha monumental cheminea. A capela, trasladada en 1820 do seu lugar primitivo, conserva no seu interior un retablo barroco dedicado a san Sebastián.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza de madeira, colocada na parte de abaixo do carro, entre a que se encaixa o eixo.

    2. Especie de saco cheo de calquera material mol e que serve para descansar a cabeza.

    3. Elemento mol co que se cobre algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción nobre de trazas góticas situada no núcleo histórico de Pontevedra. Construíuse a finais do s XV ou principios do s XVI baixo o patrocinio de Paio Gómez de Soutomaior. Modificada pola destrución de parte dos seus atributos ornamentais, conserva os escudos de armas dos Soutomaior e dos Ulloa nas fachadas principais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político italiano, conde de Cortellazzo. En 1930 casou con Edda, filla de Mussolini, quen o nomeou subsecretario de Estado, ministro de Prensa e Propaganda (1935) e de Asuntos Exteriores (1936). Propugnou a política imperialista da Italia fascista. Mussolini retirouno do ministerio e nomeouno embaixador no Vaticano. Na reunión do Gran Consello Nacional fascista (25 de xullo de 1943) encabezou o grupo de xefes fascistas que votou a favor do derrocamento de Mussolini. En Verona, foi detido e xulgado por un tribunal especial; condenado a morte, fusilárono o 11 de xaneiro de 1944. Nos seus Diarios relata o funcionamento interno da Italia fascista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción nobiliar situada en San Pedro de Cícere. Fundouna o primeiro señor de Cícere, don Gómez da Costa, e a súa dona Leonor Gómez Prego de Montaos. Construído entre os ss XVI-XVII, ten planta rectangular e conserva nas fachadas dous escudos labrados coas armas dos seus propietarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto nobre situado en Laracha, formado por unha casa-pazo de planta rectangular, con portalón de acceso (o escudo de armas trasladouse ao pazo de Oca na Estrada) e unha pequena capela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pazo dos Mora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae como armas, escudo terciado en faixa: xefe, en campo de azul, cunha flor de lis, de prata; centro, en campo de ouro, con cinco vieiras; punta, en campo de prata, con ondas de azul.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Golpe dado co cinto. Ex: É un animal que lle dá cintazos aos fillos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Casal situado en Santa María a Maior do Val (Narón). De planta rectangular e muros de cachotería con perpiaños nas esquinas, cóbrese con tella a catro augas. O primitivo pombal funciona como celeiro. Foi propiedade de dona Vicenta de Aguiar Tenreiro y Seijas e de don Ignacio Pardo de Lama.

    VER O DETALLE DO TERMO