"BRE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 949.

  • AFLUENTES

    Afluente do río Ulla pola dereita que nace na parroquia de Maceda e desemboca na de Pidre (Palas de Rei).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Palas de Rei baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Palas de Rei. Está realizada en cachotaría e cantaría de granito por Gonzalo Ozores Ulloa en 1378 e sitúase nun promontorio debido a súa función, inicialmente defensiva. Ten catro torreóns e está rodeada de foso e muralla. O acceso ao interior realizábase a través dunha ponte. No portón da entrada, un arco de medio punto, sitúase o escudo de armas dos Ulloa. Destaca a súa capela, de nave única e ábsida cuadrangular e a torre de homenaxe, cuberta con bóveda de canón e situada nunha das esquinas do patio central. Conserva outras torres tamén con ameas. Foi un dos poucos castelos que superou as Guerras Irmandiñas, aínda que posiblemente sufriu unha reforma no s XV. Perdida a súa finalidade defensiva e económica, a familia Ulloa aforouna a un particular en 1845. Foi declarado BIC en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Arzúa baixo a advocación de santo Estevo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Parga, ao seu paso por Parga (Guitiriz). Trátase dunha ponte realizada no s XV, en cantaría, con catro vans formados por arcos oxivais e tallamares triangulares. Posteriormente ampliouse o seu ancho sobre ménsulas de formigón. Une o antigo camiño de Lugo a Betanzos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parque etnográfico situado no Cebreiro (Pedrafita do Cebreiro). Dependente da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, está integrado por un pequeno poboado con pallozas, cunha mostra de mobiliario e útiles domésticos no seu interior, convertido en museo desde 1970; a igrexa prerrománica de Santa María a Real do Cebreiro (s IX) e unha hospedaxe fundada no s IX para atender os peregrinos que se dirixían cara a Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espazo natural protexido, situado no arquipélago de Cabrera, que ten unha extensión de 1.836 ha. Presenta unha cuberta vexetal pouco alterada, onde predominan os arbustos leñosos que forman a garriga. As especies vexetais máis características son a sabina, o piñeiro ou os lentiscos, e existen máis de 30 especies vexetais endémicas, como as especies Rubia angustifolia ssp cespitosa, Rhamnus ludivici-salvatoris, Dracunculus muscivorum, Paeonia cambessedessi e Helleborus lividus ssp lividus. En canto á fauna, nos seus illotes e acantilados viven varias especies de aves mariñas, como a pardela cinsenta, a pardela balear (Puffinus mauretanicus), o paíño común, o corvo mariño cristado, a gaivota de Audouin (Larus audouinii), especie en perigo que conta aquí cunha das mellores colonias do Mediterráneo, e a gaivota patiamarela. É ademais unha zona de paso de aves migratorias, e na que se poden atopar rapaces como o...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo político creado en abril de 1921 polos delegados non conformes cos resultados do congreso extraordinario do PSOE contrarios á afiliación dos socialistas á Terceira Internacional. En novembro de 1921 fundiuse co Partido Comunista Español para dar lugar ao Partido Comunista de España (PCE). A partir de 1970, o grupo prosoviético, escindido do PCE, adoptou o mesmo nome. En 1986 reingresou no PCE.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político fundado en 1977 en Praceres, na parroquia pontevedresa de Lourizán, por membros procedentes da Unión do Pobo Galego, da Asemblea Nacional--Popular Galega, da Asamblea Popular Galega, do Partido Comunista Galego, do Partido Socialista Galego e doutros partidos de esquerda radical. Defenderon o marxismo, a concepción de Galicia como un ente dependente no económico e político de Europa, e, como forma de goberno lexítima, a federación socialista das nacións ibéricas. Loitaron pola formación da autonomía como primeiro paso para acadar o autogoberno. En 1977 manifestouse, xunto ao Partido Socialista Galego, a prol da autonomía e, en 1978, xunto con outras formacións nacionalistas, contemplou a necesidade de configurar a preautonomía con partidos propiamente galegos. Desta inquietude xurdiu Unidade Galega (UG) como opción ás eleccións de 1979. A maior parte dos seus militantes integráronse en Esquerda Galega en 1980, e o POG desapareceu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político fundado por Lenin en 1898 e que en 1918 tomou o nome de Partido Comunista da Unión Soviética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político de carácter comunista autónomo, non integrado na Internacional Comunista, creado en Barcelona o 29 de setembro de 1935 da fusión do Bloc Obrer i Camperol (BOC) e da Izquierda Comunista de España (ICE), de carácter trotskista. Os principios básicos da unificación foron a loita pola revolución democrático-socialista, mediante a toma de poder pola clase obreira, a formación dunha fronte única dos traballadores a través da Alianza Obreira, a atracción ou neutralización da pequena burguesía e os campesiños, a unificación sindical e a formación dun só partido marxista. Reorganizou as forzas sindicais, procedentes a maioría do BOC, na Federació Obrera d’Unitat Sindical. Ao se iniciar a Guerra Civil Española (1936-1939) e ata a metade de 1937 participou nos organismos políticos da Catalunya autónoma e no goberno da Generalitat coa figura do seu secretario político, Andreu Nin. En 1945 sufriu unha escisión que deu lugar ao Moviment Socialista de Catalunya. Antes de maio de 1937...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político xurdido en 1971 como facción trotskista do Grupo Comunismo. En 1973 converteuse en Organización Trotskista e en agosto de 1974 constituíuse no PORE, que desde 1976 se considera a Sección Española da IV Internacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización política fundada en Madrid en 1879 por núcleos marxistas expulsados da Federación Regional Española da Asociación Internacional de Traballadores. Implantouse nos medios obreiros de Madrid, Euskadi e Asturias. O primeiro deputado socialista, Paulo Iglesias Posse, foi elixido en 1910, grazas á alianza electoral cos republicanos. O partido defendeu as reivindicacións obreiras e cumpriu unha ampla tarefa de educación popular. Aproveitou a tolerancia da que gozou durante a Ditadura de Primo de Rivera (1923-1930) para implantarse nos medios campesiños do sur do estado. Participou no comité revolucionario (1930), no goberno provisional da Segunda República (1931) e no goberno de Manuel Azaña Díaz (1931-1933). Durante a Guerra Civil Española (1936-1939) Francisco Largo Caballero e Juan Negrín López presidiron cadanseu goberno de coalición; mentres, no exilio, impúxose a liña moderada de Indalecio Prieto Tuero. Deixando de lado o sector histórico escindido en 1972, que en 1982 se converteu...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Marcha militar rápida, adoptada como paso regulamentario de infantaría, fixada en 120 pasos por minuto.

    2. Danza, con orixe na marcha militar, que se popularizou en España cara a 1926. Normalmente é de ritmo binario e de compás 2/4 ou ben 6/8, pero nalgúns casos tamén pode ser de ritmo ternario e de compás 3/4. Popularizada nas festas de touros, tamén figura en diversas zarzuelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución fundada na Coruña en 1903 polas Escuelas Populares Gratuítas, baixo a presidencia de Alfredo Bermúdez de Castro. As súas actividades abarcaron os campos relixioso, instrutivo, económico e recreativo, e dirixíronse tanto ao persoal da clase obreira, como a membros da burguesía e da nobreza. Os seus fins eran a protección dos obreiros cunha base relixiosa católica, e abranguían actividades culturais e recreativas. Desapareceu na década de 1920.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de santo Antón que dá nome ao concello de Pedrafita do Cebreiro, onde se atopa a capital municipal, no lugar homónimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca dos Ancares, situado na provincia de Lugo no L da Comunidade Autónoma de Galicia, a 42° 43’ 30’’ de latitude N e 7° 01’ de lonxitude O. Limita ao N coas Nogais e Cervantes (ambos os dous na comarca dos Ancares), ao L coa provincia de León, ao S con Folgoso do Courel (comarca de Quiroga), e ao O con Samos e Triacastela (ambos os dous na comarca de Sarria). Abrangue unha superficie de 101 km 2 , en que acolle unha poboación de 1.368 h (2007), distribuída nas parroquias do Cebreiro, Fonfría, Hospital, Liñares, Lousada, Louzarela, Pacios, Padornelo, Pedrafita do Cebreiro, Riocereixa, Veiga de Forcas e Zanfoga. A súa capital está no lugar de Pedrafita do Cebreiro, na parroquia do mesmo nome, a 177 km de Santiago de Compostela e a 71 km de Lugo. Está adscrito á diocese de Lugo e ao partido xudicial de Becerreá.
    Xeografía física
    Está situado no corazón das serras orientais e o seu relevo accidentado marca a transición entre as serras dos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Bretaña (1213-1237) e conde de Dreux, segundo fillo de Roberto II de Dreux. Foi educado por Filipe II de Francia, que lle outorgou a custodia de Bretaña en 1213 ao ser asasinado o duque. En 1237 cedeu o ducado ao seu fillo Xoán e marchou a Terra Santa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite das parroquias de Nespereira (Portomarín) e Milleirós (Monterroso). O seu cumio acada os 747 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no NL da parroquia de Pradoalbar (Vilariño de Conso). O seu cumio acada os 1.519 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO