"Cid" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 848.

  • Que está tranquilo ou en calma ou que produce sensacións agradables.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación sen ánimo de lucro declarada de interese galega, integrada polos concellos de Cambados e Vilagarcía de Arousa, a Asociación de Tradutores Galegos e o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI). O seu obxectivo principal é dar a coñecer a vida, obra e pensamento de Plácido Ramón Castro del Río. Desde o ano 2000 e cada 25 de xaneiro celebra a Conferencia Anual Plácido Castro en memoria deste galeguista e en 2001 instituíu o Premio de Tradución Plácido Castro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso beneditino. Fillo do patricio Tertulio, San Bieito mandouno a Sicilia, onde fundou os primeiros mosteiros da orde. Houbo de afogar no lago Subiaco pero foi salvado milagrosamente por san Mauro, a quen mandara san Bieito; por iso se considera patrón dos afogados. Segundo a lenda, uns corsarios mouros martirizárono xunto con outros monxes. Na súa iconografía viste o hábito negro dos beneditinos con báculo de abade e porta a palma do martirio; ocasionalmente tamén leva un corte no pescozo e sinala a boca cun dedo, xa que lle cortaron a lingua antes de degolalo. A súa festividade celebrábase o 5 de outubro, ata que o Concilio Vaticano II o eliminou do calendario litúrxico universal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo de orixe latina derivado de placĭdus, co significado de ‘plácido, suave, tranquilo’, por derivación do verbo placeo ‘pracer’, que designaba aquilo que era ‘agradable’. Por influencia de pax ‘paz’ adquiriu o sentido de ‘quedo, apracible, sosegado’. Presenta como hipocorístico a forma Pacho. Con este nome destacan san Plácido (s VI), que fundou os primeiros mosteiros beneditinos en Sicilia, e santa Plácida de Rubiáns, virxe e mártir, cuxas reliquias viaxaron do cemiterio de San Ciríaco de Roma á súa igrexa parroquial en Galicia. A festividade de san Plácido celebrábase o 5 de outubro, ata que o Concilio Vaticano II o eliminou do calendario litúrxico universal, mentres que a santa de Rubiáns se celebra o primeiro domingo de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos pliopitécidos.

    2. Simio da familia dos pliopitécidos.

    3. Familia de mamíferos, da orde dos primates, que presentaban un fociño non moi proxectado, caninos longos e molares con tubérculos redondeados, indicados para a súa dieta a base de follas. A caixa cranial era de pequeno tamaño e algunhas especies posuían cola. Viviron en África e Europa, apareceron hai 35 millóns de anos, no Oligoceno, e extinguíronse no Mioceno hai 10 millóns de anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ás bases e aos alcois que teñen unha molécula con dous ou máis hidroxilos capaz de combinarse con dúas ou máis moléculas dun ácido monobásico para formar un sal ou un éster. Adoita falarse de ácido polibásico e de alcohol polihidroxílico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que reciben as mesturas complexas de ácidos fosfóricos de fórmula xeral Hn+2PnO3n+1, nunha composición en que interveñen desde o ácido pirofosfórico (n = 2) ata o metafosfórico (valores de n grandes). Ten un carácter extremadamente ácido e a temperatura ambiente é un líquido moi viscoso ou un vidro, dependendo do valor medio de n. Emprégase como deshidratante e como axente catalítico e secuestrante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se abre por medio de poros ao exterior.

    2. Aplícase á dehiscencia que se realiza a través de poros apicais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao produto químico empregado para combater os axentes que causan as pragas. Desde o punto de vista agronómico, divídense en insecticidas, acaricidas, funxicidas ou nematocidas, segundo o organismo ou organismos que combaten. Desde o punto de vista químico clasifícanse en organoclorados, de vida media longa (persistentes) e susceptibles de acumularse nos tecidos doutros organismos vivos que os combaten, como o caso do DDT, a aldrina e a dieldrina; organofosforatos, de vida media curta e subprodutos inofensivos, como o paratión e o malatión: piretroides sintéticos (piretrina) producidos en grandes cantidades; e inorgánicos, que conteñen cinc, coiro, arsénico ou mercurio e que son moi tóxicos para o ser humano e a vida animal en xeral. Segundo a forma de actuar clasifícanse en praguicidas por contacto, por inxestión e por inhalación, e segundo o seu perigo para o ser humano clasifícanse en: nocivos (Xn), tóxicos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de precoz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Aguións (A Estrada). Ten planta en forma de L, con planta baixa e piso. Destaca a cheminea e a decoración da fachada, cun pórtico formado por tres arcos rebaixados e porta arquitrabada á que se accede por unha escaleira. Ten capela anexa, hórreo e pombal. O recinto está amurallado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da vida privada ou da intimidade dunha persoa que se ten dereito a protexer.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Prolongación cefálica en diferentes grupos animais, como a trompa dos elefantes.

    2. Figura semellante á trompa dun elefante que en realidade é a estilización dun corno de touro ou búfalo ao que lle foi seccionada a punta e ancheada a abertura.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos proboscídeos.

    2. Mamífero da orde dos proboscídeos.

    3. Orde de mamíferos que comprende animais de gran volume, coas extremidades alongadas e robustas, e cinco dedos unidos por unha membrana para formar unha base sólida, provistos de pequenos pezuños. Presentan unha longa trompa olfactiva e prénsil, formada pola fusión do nariz e o labio superior. Os seus incisivos superiores forman unhas longas defensas que medran continuamente e poden alcanzar ata 3,5 m de lonxitude. A súa pel é grosa e con pouco pelo e son de réxime herbívoro. Pertencen a esta orde o elefante de sabana (Loxodonta africana) e o elefante asiático (Elephas maximus).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de procaz.

    2. Acción ou dito procaz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa situada ao NL do golfo de Nápoles, Italia (4 km2; 10.415 h [1991]). Formada por materiais volcánicos, mostra restos de catro cráteres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prolapso, caída ou saída dunha parte ou dun órgano, especialmente do cordón umbilical e do colo da matriz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ácido propiónico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ácido acrílico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ácido carboxílico, o máis simple da serie acetilénica. É un sólido, de olor semellante ao do ácido acético, que funde aos 18°C e ferve aos 144°C con descomposición. É soluble en auga, alcohol e éter. Obtense por acción do dióxido de carbono sobre o acetiluro sódico. Polimeriza pola acción da luz e emprégase en síntese orgánica.

    VER O DETALLE DO TERMO