"eo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3592.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Centro meteorolóxico fundado en 1973 e en funcionamento dende 1979. Con sede en Reading (Reino Unido), agrupa dezasete países europeos, aos que lles proporciona diariamente previsións do tempo para un período de sete días.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instituto creado en Trieste (Italia) en 1964 polo físico paquistaní Abdus Salam. Financiado polo goberno italiano, a UNESCO e a AIEA, organiza un gran número de cursos e seminarios de traballo de disciplinas físicas e matemáticas. Encárgase tamén da edición da revista científica ICTP Lecture Note Series. Outorga, anualmente, a medalla Dirac (dende 1985) e o premio ICTP (dende 1982) ambos os dous galardóns están dirixidos a científicos que realizan contribucións importantes para o desenvolvemento da física teórica e das matemáticas.
-
-
Relativo ou pertencente a Europa central ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Europa central.
-
Provincia medioeuropea.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás centrofíceas.
-
Alga da subclase das centrofíceas.
-
Subclase de algas da clase das diatomeas, cos frústulos de simetría radiada, normalmente circulares ou triangulares, sen rafe. As células están sempre inmóbiles en fase vexetativa e conteñen numerosos plastos circulares e pingas de lípidos. Teñen reprodución sexual oógama, cos gametos masculinos flaxelados. Tamén se multiplican por auxosporulación. A maioría das especies son mariñas e constitúen unha parte fundamental do fitoplancto.
-
-
-
Parte do espazo observada desde a superficie terrestre, en forma de cúpula, circunscrita polo horizonte. Na tradición oral recóllense ditos como: “Ceo agoado, herba no prado. Ceo apedrado, agro mollado. Ceo escamento, ou chuvia ou vento. Ceo lastrado, piso mollado. Ceo ovellado, aos tres días mollado. Do ceo veña quen nos manteña. Máis val entrar probe no ceo que rico no inferno. Non se vai ao ceo a cabalo. Quen ao ceo cuspe, na cara lle cai”.
-
Espacio que envolve a Terra, no que se inclúen o Sol, a Lúa e as estrelas.
-
Reunión de esferas cristalinas concéntricas á Terra onde, segundo os antigos, se movían as estrelas e tamén cada unha desas esferas.
-
-
Deus mesmo.
-
Lugar considerado como a morada de Deus e dos benaventurados. As cosmogonías das distintas relixións comezan, normalmente, coa separación inicial e física entre o Ceo e a Terra, e atribúen a realidade do ceo físico a unha serie de prerrogativas teolóxicas: é a residencia dos deuses, o lugar dos espíritos (hinduísmo, budismo, relixión azteca, xudaísmo) e, cando a evolución relixiosa chegou á crenza na inmortalidade individual do espírito humano, é tamén a morada das ánimas dos defuntos xustos. A Biblia, xa no Antigo Testamento, establece unha distinción neta entre o ceo cosmolóxico, que forma parte deste mundo, e o ceo teolóxico, que é a “residencia” de Deus. Os evanxeos prefiren o termo paraíso para referirse ao ceo dos benaventurados, mentres que o ceo como tal é expresión da realidade e da transcendencia divinas. Modernamente, fálase dunha comprensión máis personalista do ceo, como a realización da plenitude do home. Por outra banda, as concrecións...
-
-
-
Parte superior de certos espacios pechados ou recintos que cobre algunha cousa e que se asemella á curva do ceo.
-
ceo da boca
padal.
-
-
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Confederación Española de Organizaciones Empresariales.
-
-
-
Mineral do grupo das ceolitas.
-
grupo das ceolitas
Grupo de minerais con estruturas formadas por unha rede tridimensional de tetraedros de (Si,Al)O 4 . Presentan canles que atravesan todo o cristal e nas que se sitúan moléculas de auga e catións ou anións.
-
-
Denominación xenérica de diversos aluminosilicatos, tanto naturais como sintéticos, de estrutura tridimensional. A súa parte aniónica pódese representar coa fórmula [(Al,Si)O 2 ] n .
-
-
-
Relativo ou pertencente á familia das ceratofiláceas.
-
Herbácea da familia das ceratofiláceas.
-
Familia de herbáceas subacuáticas, da orde das ninfeais, á que pertence o xénero Ceratophyllum.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos cercopitecoideos.
-
Mono da superfamilia dos cercopitecoideos.
-
Superfamilia de monos, propios do continente americano, de orificios nasais próximos, colas non prénsiles que poden opor o polgar ao resto dos dedos. Pertencen a esta superfamilia o mandril, o macaco e o narigudo.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Coristanco baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que está feito ou contén cera.
-
Que ten unha cor ou un brillo semellante ao da cera.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción do s XVII situada en Santa María de Cereo (Coristanco). Trátase dun edificio de planta rectangular mandado construír por Xoán de Ayala, señor dos cotos de Sabuceda e Ramiscal, e a súa dona, Francisca de Caamaño. Conserva un brasón na portada de acceso ao recinto.
-
PERSOEIRO
Pintor, fillo e discípulo de Mateo Cerezo o Vello. Estableceuse en Madrid no 1641 e traballou no obradoiro de Juan Carreño de Miranda. O seu estilo caracterízase polo colorido e pola beleza das figuras. Da súa obra destaca Desposorios místicos de Santa Catalina (1660), os temas franciscanos plasmados na Aparición de la Virgen a San Francisco (1661), os temas da Madalena reflectidos en Magdalena penitente (1661), e as naturezas mortas.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que ten a cor do ceo ou do mar.
-
Pigmento azul de tonalidade media e matices verdosos. Emprégase para a representación do ceo e da alta mar.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Globulina de cor azul, constituínte normal do sangue, cun peso molecular aproximado de 160.000. No organismo humano serve para a condución do cobre polo sangue.
-
-
Relativo ou pertencente ás cesalpiniáceas.
-
Árbore ou arbusto da familia das cesalpiniáceas.
-
Familia de plantas leñosas integrada por uns 150 xéneros e 2.200 especies, pertencente á orde das fabais, de follas normalmente pinnadas e flores pentámeras. A familia é propia do trópico e do subtrópico de África e América, aínda que tamén está presente na rexión mediterránea. Ás cesalpiniáceas pertencen os xéneros Amherstia, Caesalpinia, Casia, Ceratonia, Cercis, Senna e Tamarindus.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome procedente do latín Caesareus ‘relativo ao César’. Do composto Caesaraugusta procede o actual nome de Zaragoza. San Cesáreo de Arles (470-542) celébrase o 7 de agosto ou o 25 de febreiro.
-
-
Relativo ou pertencente ao César ou aos césares romanos.
-
Pertencente ao Imperio ou á maxestade imperial.
-
Aplícase ao tratamento dado a Carlos I de España desde que foi elixido emperador no 1519 (Carlos V), habitualmente baixo a forma de cesárea maxestade.
-
-
PERSOEIRO
Bispo de Arles (502-542). Monxe do mosteiro bieito de Lérins, foi en 503 abade dunha comunidade no illote do Ródano, preto de Arles. O Papa Símaco concedeulle a primacía na Galia e en Hispania co título de vicario apostólico. Convocou diversos sínodos, entre eles o de Arles (524) e o Concilio II de Orange (529). Posteriormente, foi arcebispo de Arles e distinguiuse polos seus sermóns contra o paganismo, polas súas medidas a prol da corrección do clero, pola súa loita na defensa dos cativos, polo seu esforzo en guiar os fieis na disciplina eclesiástica e por introducir na Igrexa a práctica do canto de himnos, salmos e antífonas polos segrares. Fundou varios mosterios de homes e un de monxas. Na iconografía leva un báculo pastoral (símbolo de bispo) e, como atributos, unha espada cravada nun libro que sostén na súa man dereita; ás veces, aparece sobre o libro un guante inflado de aire (referencia ao episodio no que o santo tentara encerrar un vento marítimo nun guante e despois ceibalo no...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos cetáceos.
-
Mamífero da orde dos cetáceos.
-
Orde de mamíferos acuáticos que viven permanentemente na auga. Presentan formas hidrodinámicas, nas que converxen cos itiosauros, xa extintos, con algúns peixes de gran tamaño. Carecen de extremidades posteriores e a cola remata en dous lóbulos carnosos transversais. Algúns posúen, ademais das aletas pectorais, unha aleta dorsal carnosa. Evolucionaron a partir de primitivos ungulados terrestres, da familia dos mesoníquidos, ao comezo do Terciario. Entre os cetáceos figuran os animais de maior tamaño, e deles destaca o rorcual azul como o máis grande de todos os tempos. O corpo está cuberto cunha considerable capa graxa, que serve de illamento térmico ademais de reserva enerxética, moi apreciada polo home, o que levou a moitas especies a estar en perigo de extinción. Carecen de pelo, só presentan algunhas sedas no fociño. As glándulas externas están limitadas ás dos ollos, que adoitan ser de pequeno tamaño, e ás mamarias, dispostas en posición inguinal das que que as crías toman o leite...
-