"xia" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 855.

  • Fixación cirúrxica do recto, para evitar o prolapso rectal. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente da psicoloxía iniciada a principios do s XX que intenta explicar o comportamento a partir do funcionamento do sistema nervioso, considerando que a conduta pode ser reducida a varios actos reflexos e a diferentes mecanismos cerebrais. Foi iniciada polos fisiólogos rusos Ivan Petrovič Pavlov e Vladimir Mikhajlovič Bekhterev, a partir de experiencias en psicoloxía animal. OBS: A primeira grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de refuxiar ou refuxiarse.

    2. Persoa que, malia ser cidadán dun estado, tivo que abandonalo a consecuencia de asuntos políticos e foi acollida no territorio doutro estado, sen poder gozar dos mesmos dereitos ca os autóctonos. Os seus dereitos e deberes están fixados no dereito de estranxeiría e no dereito de asilo. A imposibilidade de absorción de refuxiados a causa das guerras mundiais levou á creación de campos de refuxiados e de organismos internacionais que asegurasen a protección, como a Organización Internacional dos Refuxiados, substituída en 1951 polo Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar refuxio a alguén.

    2. Buscar abrigo ou protección en algo ou alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia da deformación e do fluxo, que enlaza a mecánica de fluídos coa elasticidade e establece a correlación entre as variables esforzo, deformación, temperatura e tempo da materia considerada como un medio continuo. Estuda o comportamento das substancias con modelos que superan o concepto de corpo sólido indeformable de Euclides e tamén o comportamento mecánico elástico lineal perfecto introducido por Hooke. Os reólogos fisicomatemáticos introduciron os conceptos de fatiga, envellecemento, memoria e fluxo dos corpos. A biorreoloxía establece unha correlación de enfermidades co carácter reolóxico do sangue -hemodinámica- e doutros líquidos fisiolóxicos. A psicorreoloxía enlaza o carácter reolóxico dos alimentos, cosméticos, medicinas e pinturas coa aceptación por parte do público.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da medicina que trata as enfermidades reumáticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao rei, á raíña ou á realeza.

    2. Que é suntuoso ou magnífico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Ribeira. Construída entre 1861 e 1864 segundo un proxecto de Faustino Domínguez Domínguez, realizouse en cachotaría, agás a fachada, que se fixo en cantaría, e aproveitáronse elementos dun templo anterior. Ten planta de cruz latina con capelas laterais na nave central. A nave principal, de gran tamaño, cóbrese con bóveda de canón sobre arcos faixóns de medio punto e as capelas laterais con bóveda de aresta. No exterior destaca un ciborio octogonal e a fachada de corte clasicista dividida en tres rúas. Na central está a portada principal alintelada que dá acceso ao templo, e as rúas laterais son simétricas e teñen dúas fornelas. A fachada divídese horizontalmente mediante unha cornixa e remata nun frontón triangular. As dúas torres-campanario incrústanse na nave e rematan en dous templiños coas campás.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dor no nariz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudo do nariz, das fosas nasais e das súas afeccións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Portas. Datada no s XIII, á construción orixinal románica engadíuselle unha torre, unha capela e unha sancristía co que a construción final mestura o románico cos estilos barroco e clasicista. Na ábsida da nave destaca a chambrana axadrezada do arco triunfal. A porta principal ten arco apuntado e presenta un reloxo enriba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • radioloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro beneditino situado no Freixo de Sabardés (Outes). Ten a súa orixe nun oratorio arruinado no s XI que reedificou o conde Pedro Froilaz. Foi priorado de San Paio de Antealtares e despois de San Martiño Pinario. Consérvase a igrexa, reformada no s XVII, e algunhas dependencias monacais que forman a casa reitoral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dor na rexión sacra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Artrite crónica da sínfise sacroilíaca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro beneditino situado en Samos. A orixe da vida monacal remóntase a época sueva pois o primeiro nome do que se ten constancia é o de Sámanos, que fai referencia a un lugar habitado por unha comunidade relixiosa. Fundado en tempos de san Martiño de Dumio, o bispo de Lugo Ermefredo restaurouno no s VII seguindo a norma de san Froitoso. O cenobio foi abandonado coa chegada dos musulmáns a comezos do s VIII e a vida relixiosa restaurouse en tempos do Rei Froila I (757-768). O mosteiro seguiu nestes primeiros tempos as regras de san Isidoro e de san Froitoso ata que no s XII se adoptou a de san Bieito. En 1175 o Papa Alexandre III concedeu unha bula pola que se lle outorgou aos monxes os dereitos xurisdicionais sobre 105 igrexas dos arredores e do Bierzo. Tras a reforma monacal dos Reis Católicos, en 1505 incorporouse á Congregación de San Benito el Real de Valladolid. O s XVII foi unha época de puxanza económica que se reflectiu na intensa actividade construtiva, situación que continuou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • monte Aloia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Taboada baixo a advocación de san Xián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vedra baixo a advocación de san Xián.

    VER O DETALLE DO TERMO