"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen non cede nas súas teimas ou obstinacións, mesmo ante a evidencia de estarse comportando mal ou de estar nun erro.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, na comarca de Las Marismas, drenado polo Guadalquivir (15.509 h [1996]). Ten grande importancia a agricultura, especialmente o cultivo do arroz que o converte nun dos principais núcleos produtores deste cereal en España. Hai tamén canteiras e industrias alimentarias. Os turdetanos e os romanos ocuparon o seu territorio na Antigüidade, tal e como testemuñan diversos achados arqueolóxicos. Entre 1250 e 1255 foi conquistada aos árabes polo Rei Fernando III, quen cedeu a vila á orde militar de San Xoán de Xerusalén. O 1 de xaneiro de 1820 produciuse na vila o Pronunciamento de Riego, que contou co apoio dos veciños, polo que as Cortes españolas lle concederon o título de cidade en 1822.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Levantamento militar de signo liberal promovido o 1 de xaneiro de 1820 na vila de Las Cabezas de San Juan (Andalucía) polo comandante Rafael del Riego, ao mando dunha brigada que debía embarcar en Cádiz para sufocar o movemento independentista americano. Como consecuencia do alzamento, que supuxo a restauración da Constitución de 1812, principiou o chamado Trienio Liberal.
-
GALICIA
Político. Enxeñeiro agrónomo pola Universidad Politécnica de Madrid, en 1978 fundou a empresa Digrama SL e en 1991 Valdamor SA, na que desempeñou o cargo de secretario e conselleiro-delegado; en 1981 foi nomeado director-xerente da Cooperativa do Ribeiro. Foi conselleiro do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (1989) e presidente da Confederación de Empresarios Ourensáns (1993). Foi elixido deputado por Ourense na candidatura do Partido Popular nas eleccións de 1993, cargo que abandonou para presentarse á alcaldía de Ourense, obxectivo acadado en 1995.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Organista e compositor renacentista. Realizou estudios musicais en Palencia e posteriormente foi músico de cámara de Carlos V e de Filipe II. Mestre na técnica do contrapunto, innovou o campo da harmonía e desenvolveu novas formas musicais. Compuxo tientos, diferencias, glosas, himnos e outras composicións baseadas en melodías litúrxicas cun estilo contrapuntístico moi rico. Algunhas das súas composicións están recollidas na obra Libro de cifra nueva para tecla, harpa y vihuela (1557), colección de pezas de diferentes autores realizada por Luis Venegas de Henestrosa.
VER O DETALLE DO TERMO -
CONDADOS
Condado de Irlanda, no Ulster (1.891 km2; 52.944 h [1996]). A súa capital é An Cabhán (3.341 h [1996]).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e médico. Colaborador da prensa liberal e republicana no primeiro cuarto do século, a partir de 1916 incorporouse ao movemento galeguista. Publicou o escrito de vindicación político-social Despertad gallegos! (1908), o poemario Versos gallegos: cantigas e cousas da nosa terra (1919), o estudo La Universidad gallega (aportaciones para su autonomía) (1924) e a novela Semprenoiva (1925?).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Situado no concello de Camariñas, está constituído por un cabo rochoso e dous illotes independizados da costa, chamados Vilán de Terra e Vilán de Fóra. Cunha vexetación limitada a matogueiras, o interese natural do espazo débese ás aves que aniñan nos cantís como a gaivota tridáctila, o paíño común, o corvo mariño cristado e os últimos araos comúns de Galicia.
-
-
Aniversario do pasamento dunha persoa.
-
Cerimonia de carácter funerario que se celebra ao ano seguinte de falecer unha persoa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Inclusións en forma de anel, propias dos eritrocitos, constituídas polos residuos da membrana nuclear, descritas en 1905 polo médico norteamericano Richard Clarke Cabot (1868-1939).
-
PERSOEIRO
Navegante e explorador. En 1496 obtivo de Enrique VII de Inglaterra permiso para realizar, xunto aos seus tres fillos, unha viaxe de descubrimento e ocupación. Aínda que quería establecer unha ruta polo norte para chegar a Xapón, na súa viaxe chegou á costa oriental de Grenlandia e á Península de Labrador. O rei concedeulle o monopolio comercial das terras conquistadas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Navegante e cartógrafo. Fillo de Giovanni Caboto, participou canda el nas expedicións de América do Norte. Foi cartógrafo de Enrique VIII e no 1518 Carlos V nomeouno piloto maior. En 1544 fixo o planisferio que se conserva na Bibliothèque National de París. Foi o primeiro en penetrar no estreito e na baía de Hudson. Descubriu o río de la Plata e explorou parte dos ríos Paraná e Paraguay. En 1548 volveu a Inglaterra ao servizo de Eduardo VI, fundou en Londres (1551) unha compañía para o comercio con Moscova e organizou expedicións para chegar a Oriente polo nordeste.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Cabo Verde ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Cabo Verde.
-
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Jaén, na Comunidad Autónoma de Andalucía (2.280 h [1996]), situado ao SL da provincia, na aba de Sierra Cruzada, no límite con Granada. As canteiras e as manufacturas de esparto son a súa principal actividade económica, complementada cunha pequena produción agrícola de cereais e legumes.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso. Foi cóengo da catedral de Santiago de Compostela. Dende os seus cargos como reitor do Colexio de Fonseca e membro do claustro universitario compostelán, organizou o Batallón Literario e perseguiu os profesores afrancesados tralo regreso de Fernando VII, de quen obtivo unha pensión vitalicia. Foi fundador de El Sensato, publicación de tendencia absolutista aparecida en Santiago de Compostela en 1811.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sacerdote escolapio. Abandonou a orde e refuxiouse en Xibraltar, onde se convertería ao protestantismo. Estableceuse en Madrid (1875), e instaurou alí a sé da Igrexa Española Reformada Episcopal da que foi o primeiro bispo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor cubano. Realizou estudios de medicina, pero abandonou a carreira para ser redactor na revista Bohemia e crítico de cine. En 1951 fundou a Cinemateca de Cuba e comezou a facer crítica cinematográfica na revista Carteles. Oposto á ditadura de Batista, nun principio foi partidario da política de Fidel Castro e chegou a dirixir o Concejo Nacional de Cuba e colaborar na publicación Revolución, pero posteriormente tivo diferencias co réxime castrista e estableceu a súa residencia en Londres. O seu estilo caracterízase por unha constante experimentación, coa que consolida un mundo propio cheo de reminiscencias de La Habana. Entre a súa produción destacan os títulos: Así en la paz como en la guerra (1960), Tres tristes tigres (Premio Biblioteca Breve, 1964), Vista del amanecer en el Trópico (1974), O (1975), Exorcismos de esti(l)o (1976), Arcadia todas las noches (1978), La Habana para un infante difunto...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mastozoólogo. Entre 1902 e 1925 traballou na ordenación, conservación e estudo das coleccións de mamíferos do Museo Nacional de Historia Natural. No 1914 publicou Fauna Ibérica. Mamíferos e o Código de Nomenclatura Zoológica en español, e en 1922 Manual de Mastozoología, onde cuñou o termo “mastozooloxía” para designar a ciencia que estudia os mamíferos. Trasladouse en 1925 á Arxentina onde exerceu como xefe do departamento de Paleontoloxía do Museo de la Plata ata 1947, profesor de zooloxía na Universidade de Bos Aires e director do Instituto de Zooloxía. Dende 1930 a 1960 foi membro de Comisión Internacional de Nomenclatura Zoolóxica. Foi académico da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales de Madrid (1931) e da Academia Nacional de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales de Bos Aires (1950), membro de honra da American Society of Mammalogists (1947) e da Zoological Society of London (1947). Publicou 218 traballos científicos, 27 libros e máis de...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Cantautor. Comezou a súa andaina musical na década dos setenta. Posteriormente, formou parte do grupo Mareira entre os anos 1980 e 1982. No seu repertorio teñen cabida tanto o country como o blues, pasando polas baladas en temas como No bar do blues, Acouga este mar ou Qué conto ten a vida. Na súa discografía destacan os títulos Tarantela (1998) e Segundo Andar (2000).
VER O DETALLE DO TERMO