"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Caetano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma coa que tamén se coñece a liñaxe italiana Gaetani.
-
PERSOEIRO
Frade dominicano. Aínda que bautizado como Tommaso de Vio, foi coñecido como Caetanus ou Gaetanus, un dos teólogos de máis sona da escola tomista. Exerceu como profesor de filosofía e teoloxía en Roma, e como cardeal e legado papal en Alemaña; de feito, foi o que examinou a Martiño Lutero en Augsburgo en 1518. Entre as súas obras máis importantes destacan a edición da Summa Theologica de Tomé de Aquino e os escritos de Aristóteles. Tamén colaborou na bula Exsurge Domine (1529) que condenaba a Lutero.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Frade dominicano. Aínda que bautizado como Tommaso de Vio, foi coñecido como Caetanus ou Gaetanus, un dos teólogos de máis sona da escola tomista. Exerceu como profesor de filosofía e teoloxía en Roma, e como cardeal e legado papal en Alemaña; de feito, foi o que examinou a Martiño Lutero en Augsburgo en 1518. Entre as súas obras máis importantes destacan a edición da Summa Theologica de Tomé de Aquino e os escritos de Aristóteles. Tamén colaborou na bula Exsurge Domine (1529) que condenaba a Lutero.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Vicenza 1480 - Nápoles 1547) Xurisconsulto e sacerdote italiano, fundador da orde dos teatinos. Creou un hospital para enfermos incurables na súa cidade natal. Co gallo de introducir reformas nos costumes do clero, fundou en 1524 no Milanesado a congregación dos cregos regulares xunto a Gian Pietro Carafa, bispo de Chieti ou Theate (de aí o nome da orde), futuro Papa Paulo IV, Paulo Consiglieri e Bonifacio de Colle, de Alexandría. Despois do saqueo de Roma polas tropas de Carlos V refuxiouse en Venecia. Foi beatificado por Urbano VIII (1629) e canonizado en 1671 polo Papa Clemente X por iniciativa do Rei de Francia Luís XIV. A orde dos teatinos foi introducida en Francia polo cardeal Mazarino. O culto deste santo estendeuse coa súa orde por Europa Central e España no s XVIII; é un dos patróns de Baviera. En iconografía represéntase vestido con hábito teatino, sotana negra e calcetíns brancos; como atributos leva flor de lis e corazón alado. Aparece recibindo o Neno Xesús...
-
PERSOEIRO
Político. Foi profesor de dereito administrativo na Universidade de Lisboa dende 1933. En 1929 iniciou a súa colaboración con António Oliveira de Salazar, quen o nomeou ministro das Colonias entre 1944 e 1947, momento no que impulsou a integración política, administrativa e económica coa metrópole. Exerceu tamén como ministro da Presidencia entre 1955 e 1958, cando foi nomeado reitor da Universidade de Lisboa. En setembro de 1968, logo de que Salazar tivera que abandonar o poder, ocupou a presidencia do goberno ata que foi deposto o 25 de abril de 1974, exiliándose no Brasil. Entre 1947 e 1950 presidira, ademais, a União Nacional, única formación política autorizada baixo a ditadura de Salazar. Así mesmo, foi autor do Código Administrativo de 1936. Publicou obras de historia e de dereito, como son História Breve das Constituções (1965) e História do Direito português, 1140-1495 (1981).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Prenome procedente do xentilicio latino Caietanus ‘habitante de Caieta’ (hoxe Gaeta, Italia), que pasou despois a cognome latino ‘da familia de Caio’. Presenta como variantes: Caetán, Caitán, Quiatán, Quitián, Quitán/Caitana e Queitana. San Caetano de Gaeta foi un destacado teólogo que se enfrontou ás doutrinas luteranas e pertenceu á escola tomista; é titular dunha parroquia e celébrase o 7 de agosto. San Caetano de Thiene, canonizado en 1671, foi o fundador da congregación dos cregos regulares teatinos. A tradición oral recolle ditos que dan mostra da devoción por este santo como “San Caitán, san Caitán, dános pan pra hoxe e pra mañán”.
-
PERSOEIRO
Político. Deputado socioprogresista (1934-1937), converteuse en vicepresidente da República (1950) e en presidente (1954-1955).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantante e guitarrista arxentino. En 1957 estableceuse en Salta, onde cantou no bar Madrid. Logo integrouse en Las Voces del Huayra, ata 1959, e formou parte de Los Cantores del Alba. Comezou como solista no ano 1961, actuando na radio, na televisión e en teatros. En 1972 viaxou a España, onde residiu ata 1976. O seu repertorio abrangue temas de Atahualpa Yupanqui, Aníbal Sampayo ou Osiris Rodríguez Castillejos, entre outros músicos e compositores. Realizou xiras por Arxentina, EE UU, España e diferentes países europeos. Gañou o segundo premio no Festival Odol de la Canción coa zamba Que seas vos, de Marta Mendicute. Un dos seus maiores éxitos foi Zamba de mi esperanza. Na súa discografía destacan, ademais, Labrador del canto (1971) e La historia de Jorge Cafrune (1973), entre outros títulos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Túnica longa, de orixe oriental, aberta por diante e con amplas mangas, que vai dende o pescozo ata a metade da perna. Normalmente non leva cinto e utilízana indistintamente homes e mulleres.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen é apoucado e covarde.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Chagatai Khan.
-
CIDADES
Cidade da illa de Mindanao, Filipinas (428.314 h [1995]). É un importante centro de explotacións auríferas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Giuseppe Balsamo.
-
MONTES
Monte da parroquia de Calvos (concello de Calvos de Randín), no límite coa parroquia das Maus de Salas no concello de Muíños. O seu cumio atópase a 992 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Comediógrafo e xornalista. Escribiu comedias satíricas como Le Roi (O rei, 1908), Primerose (Malvarosa, 1911) e M. Bretonneau (1914). Foi colaborador de Robert de Flers en moitas das súas obras.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Nome común das especies de réptiles pertencentes aos xéneros Caiman, Melanosuchus e Paleosuchus, da orde dos crocodilianos. Presentan un tipo morfolóxico lacertiforme de ata 4,5 m de lonxitude. O fociño é ancho, aplanado e arredondado no extremo. A mandíbula inferior ten un oco onde encaixa o cuarto dente da mandíbula inferior. Como outros réptiles, presentan dúas pálpebras horizontais e unha vertical denominada membrana nititante. Non realizan mudas de pel, pero a capa córnea vai aumentando durante toda a vida do animal (ata 60 anos) e acada grosores importantes. Son ovíparos e poñen uns 50 ovos en niños sinxelos, construídos con restos vexetais nas beiras da auga. A temperatura dentro do niño determina o sexo dos futuros animais que, unha vez emerxidos, son liberados pola femia, da vexetación que ata ese momento serviu de fonte de calor. Para axudarse na rotura do ovo, as crías presentan un pequeno diamante equiparable ao que teñen no peteiro as aves ao nacer...
-
Caimán do xénero Paleosuchus, de ata 1,2 m de lonxitude e fociño relativamente longo e non aplanado. Comprende dúas especies de América tropical: P. palpebrosus e P. trigonatus, caracterizada esta última por ter os dedos das extremidades posteriores unidos por unha membrana.
-
[Alligator
-
[Caima
-
[Alligator
-
[Caima
-
[Melonosuchus
-
-
ILLAS
Arquipélago das Antillas, ao S de Cuba e ao NO de Xamaica, baixo a soberanía do Reino Unido (259 km2; 25.355 h [1989]; 36.000 h [estim 1998]). De orixe calcaria (coralina) está integrado polas illas Grand Cayman (23.881 h [1989]), Little Cayman (33 h [1989]) e Cayman Brac (1.441 h [1989]). Situado a 19° de latitude N e 80° de lonxitude O, en plena zona tropical, goza dun clima suave durante todo o ano. A súa capital é a cidade de George Town (12.921 h [1989]), na illa Grand Cayman. As súas principais fontes de riqueza son a pesca, con 615 toneladas en 1996, a maior parte de quenlla, o cultivo de cocos e o turismo. Esta última actividade, con 373.245 visitantes en 1996, reportoulle uns ingresos de 368 millóns de dólares USA ese ano. A moeda oficial é o dólar das Illas Caimán. O inglés é o idioma oficial. Cristovo Colón descubriunas en 1505 e chamoulles Illas Tartarugas. Posesión británica desde o s XVIII, dependía do gobernador de Xamaica ata a súa independencia. Daquela, as Illas...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘cebola’.
-
-
Relativo ou pertencente ao pobo dos caingangs.
-
Individuo do pobo indio dos caingangs.
-
Familia de tribos indias que se estende pola conca esquerda do río Paraná, dende o N do río Grande ata o S do río Uruguay. Estas tribos están moi relacionadas natural e lingüisticamente cos jê. Os brasileiros danlles o nome de coroados.
-