"ALE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2433.

  • GALICIA

    Escritor. Interveu na fundación das Irmandades da Fala e estivo vinculado á causa republicana. Publicou Contos (1927).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Forma plural correspondente ao apelido Canal.

    2. Liñaxe leonesa procedente do lugar homónimo. Estendeuse por Aragón, Catalunya, Mallorca, Burgos e Galicia. A rama galega leva escudo cortinado: primeiro cuartel, en campo de goles, cun castelo de ouro; segundo cuartel, en campo de ouro, cunha banda de prata perfilada de goles e engulida en cabezas de dragóns da mesma cor; na capa, en campo de ouro, unha faixa de sable, acompañada de dúas aguias de goles, unha arriba e outra abaixo. Algúns de Aragón, Catalunya e Illes Balears traen, en campo de sable, unha cruz de Santiago, de ouro, e na punta tres veneras de prata postas en faixa; outros ostentan, en campo de sable, unha cruz plana de ouro pometeada, e na punta tres veneras de prata colocadas en faixa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarín. Comezou os seus estudios no Ballet Nacional, do que foi solista, e compartiu escenario con figuras internacionais como Rudolf Nureyev, Julio Bocca ou Fernando Bujones. En 1992 creou a súa propia compañía coa que debutou en Bilbao, presentando as coreografías A tí Carmen Amaya e Siempre flamenco; posteriormente o Ballet Flamenco Antonio Canales estreou os espectáculos Gitano e Torero. Ademais realizou por encargo a coreografía Grito para o Ballet Nacional de España, presentado no City Center de Nova York. No ano 2000 participou como actor no filme Vengo. Actuou en Holanda, EE UU, Francia, Xapón, Canadá e Italia. Recibiu o Premio Mavisella 88, en Italia, e o premio ao mellor bailarín internacional concedido en Ciudad de México en 1990.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Canle para conducir a auga.

    2. Canle de madeira dos muíños, pola que cae o gran desde a moega ata o ollo da moa.

    3. al ou camiño estreito e fondo que se utiliza como paso entre montañas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peixe condritio, de preto de 3,5 m, co corpo alongado e fusiforme, ollos pequenos e redondos, sen membrana nictitante e cunha crista dérmica delgada nos lados do pedúnculo caudal. Ten dúas aletas dorsais, a primeira máis do dobre de grande ca a segunda, e as peitorais moi longas e estreitas en forma de gadaña. Carece de liña dorsal e na base do pedúnculo caudal amosa unhas quillas pouco marcadas. Ten dentes triangulares e serrados ao longo das arestas, nas dúas mandíbulas. Amosa unha cor azulada intensa, máis escura no dorso e algo máis pálida nos costados, e clara na rexión ventral. Localízanse tanto en alta mar como preto das costas, ás veces en grandes cantidades. De hábitos nocturnos, aliméntase principalmente de pequenas presas, como peixes óseos e luras.

    2. tiburón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Giovanni Antonio Canal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pequeno volume escolar, editado en 1972 polo Centro de Estudios Fingoy de Lugo, que recollía corenta e catro cantigas seleccionadas polo mestre Vicente Devesa Jul, a partir de numerosos cadernos escolares escritos polos nenos que participaban na recollida de material folclórico das escolas lucenses de orientación agropecuaria. Estas escolas, impulsadas polo empresario Antonio Fernández López e polo profesor Avelino Pousa Antelo, xurdiron a partir da primeira experiencia da Escola Agrícola da Granxa Barreiros de Sarria. Anteriormente, en 1963, xa se procedera á edición do libro Contos populares da provincia de Lugo, unha escolma de 228 narracións realizada por Bernardino Graña, baixo a guía de Ricardo Carballo Calero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra publicada entre os anos 1984 e 1995, da autoría de Dorothé Schubarth e Antón Santamarina, que conforma un dos cancioneiros populares máis completos da tradición musical galega. Contén ao redor de 4.400 textos de cantigas e 900 melodías, coas súas variantes, recollidas directamente de informantes do territorio galego e concellos lindeiros con Galicia entre os anos 1979 e 1982. Estruturalmente, divídese en sete volumes titulados: Oficios e labores; Festas anuais; Romances tradicionais; Romances novos, cantos narrativos, sucesos e coplas locais; Cantos dialogados; Coplas diversas, cantos enumerativos e estróficos e Táboas sinópticas, índices. Os comentarios que acompañan os textos aparecen en galego, castelán e alemán, e a obra vai acompañada dunha recompilación musical en casete.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Candidatura presentada conxuntamente polo Partido Socialista Galego (PSG), o Partido Socialista Obrero Español (PSOE), o Partido Comunista Galego (PCG), o Partido Popular Galego (PPG) e o Movemento Comunista de Galicia (MCG) para o Senado nas eleccións de 1977.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é propio dun caníbal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Segovia, Castela e León, situado ao NO de Sepúlveda (3.521 h [1996]). Presenta unha agricultura de secaño dedicada ao cultivo de legumes, cereais e viña. O relevo é unha gran chaira, formada por materiais sedimentarios. A industria limítase á elaboración de madeira para a construción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de narracións escritas por Geoffrey Chaucer entre os anos 1380 e 1400. Trátase dunha obra inacabada que consta de 23 narracións en verso, a maioría dispostas en pareados heroicos, e dúas en prosa, que teñen como marco unitario unha peregrinación a Canterbury. O procedemento condutor escollido formúlase nun prólogo xeral onde se describe unha congregación de viaxeiros, camiño da tumba de san Thomas Becket, que deciden amenizar a marcha contando relatos. Á volta, o mellor narrador será obsequiado cunha cea na pousada na que coincidiron fortuitamente. Este artificio integra os relatos nun mesmo fío narrativo, e contribúe a dotar a obra dun ton unitario dentro da súa diversidade. Os narradores presentados e descritos individualmente no prólogo xeral aparecen ao longo da obra nos enlaces entre os contos, a miúdo caracterizados por medio de diálogos dramáticos. A función destes enlaces é manter a ilación da trama, perfilar os retratos dos personaxes e introducir o asunto dos diversos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo, narrador e xornalista romanés. En 1888 dirixiu os teatros nacionais de Bucarest. En dúas ocasións negóuselle o acceso á Academia Romanesa pola súa actitude política e polo contido crítico das súas comedias. Estableceuse en Berlín en 1904. Publicou O noapte furtunoas ǎ (Unha noite tempestuosa, 1878), Conu Leonida faţ ǎ reactiunea (O señor Leonidas e a reacción, 1879), O scrisoare pierdut ǎ (Unha carta perdida, 1884), e o drama N ǎ pasta (A calumnia, 1890), entre outras obras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Biólogo. Catedrático de Ecoloxía e director do departamento de Bioloxía Fundamental e da área de Ecoloxía da facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela, dirixiu proxectos de investigación dedicados á biomonitorización da contaminación metálica nas rías galegas, da calidade das augas superficiais, da calidade do aire e do ozono troposférico en Galicia, e participou na creación do Banco de Espécimes Ambientais de Galicia. Escribiu numerosos artigos sobre a alelopatía, bioclimatoloxía e ecotoxicoloxía, entre os que sobresaen “Defining phytoclimatic units in Galicia (Spain) by means of multivariate methods” (1991) publicado no Journal of Vegetation Science, e “Influence of watershed lithology on heavy metal levels in estuarine sediments and organisms in Galicia (North West Spain)” (1996), publicado en Marine Pollution Bulletin. Ademais, publicou, entre outros libros, Bioclimatología de Galicia (1983).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Pasou a nenez e a mocidade en Ferrol, estudiou por libre o bacharelato e publicou os seus primeiros versos e prosas en galego e castelán en El Correo Gallego e Maruxa. Nesta cidade viviu de 1910 a 1950, coas obrigadas ausencias universitarias e as derivadas da Guerra Civil. De 1926 a 1933 a carreira de dereito e o servizo militar levárono a Santiago de Compostela onde entrou en contacto coa cultura galega, a través do Seminario de Estudos Galegos. Ingresou nesta institución cunha lectura poética, traballou en diversas seccións (Filoloxía, Historia da Literatura e Ciencias Sociais, Xurídicas e Económicas), publicou na revista Arquivos “Como vía a Aristóteles o P. Feijoó” (1930), o seu primeiro estudo literario, e chegou a ser secretario de actas e secretario xeral. Tamén nesta cidade iniciou o exercicio da política esquerdista e nacionalista. Na súa traxectoria intelectual sentiuse sempre, aínda que desde a independencia persoal, un discípulo dos mestres...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiadora da arte. Licenciada en Filosofía e Letras e doutora en Arte, foi directora da escola de artes aplicadas e oficios artísticos Ramón Falcón de Lugo e profesora de arte e directora do departamento de Historia da Arte e Xeografía da facultade de Humanidades da Universidade de Vigo, da que foi decana. Foi comisaria das exposicións Julia Minguillón: período de 1934-1964 (1991), Olga Reinoso (1993) e Luís Seoane: pinturas, debuxos e gravados, 1932-1979 (1999). Ademais de numerosos artigos sobre arquitectura e transformacións urbanas, e sobre diversos artistas galegos (Camilo Díaz Baliño ou Arturo Souto), publicou as obras: La ilustración en la revista Nós (1983), Julia Minguillón (1984), Os castelaos de Ourense (1985), Antonio Failde (1986), La transformación de una ciudad: Orense (1995) e El santuario de Nuestra Señora de las Ermitas (1996), xunto con Antonio Bonet Correa. É membro da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e da Real Academia Gallega de Bellas Artes...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, arqueólogo e escritor. Discípulo de Maella e José Madrazo, viviu en Italia entre 1822 e 1831, onde adquiriu sona como retratista. A súa obra caracterízase por un neoclasicismo de carácter realista pero con elementos de sensibilidade romántica que plasmou en El príncipe de Anglona. Entre os seus escritos destacan Iconografía Española (1855-1864) e diversos artigos sobre Goya e en defensa do romanticismo. Foi membro da Academia de San Fernando e da Academia de Historia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica. Gracias a un concurso de beleza organizado na súa cidade natal, iniciou a súa carreira fílmica en 1958 con Isoliti ignoti. A súa intervención na película Fellini 8 1/2 (1963) consagrouna como actriz de sona internacional. Traballou en películas do cine italiano como Il Bell’Antonio (O belo Antonio, 1960), Rocco e i suoi fratelli (Rocco e os seus irmáns, 1960), La ragazza con la valigia (A rapaza coa maleta, 1961), Il gattopardo (1963), L’udienza (A audiencia, 1970) e Caretta (1984). Entre os seus papeis en filmes internacionais destacan The Pink Panther (A pantera rosa, 1963), Fitzcarraldo (1981) e Nostromo (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ceramista e pintor portugués. Formouse na Academia de Belas Artes de Lisboa. Comezou a expoñer en 1949. A mediados dos anos cincuenta iniciouse na pintura. Entrou en contacto con Vieira da Silva e Arpad Szenes, que se interesaron pola súa obra de tendencia abstracta. Na década dos sesenta trasladouse a París e conectou cos artistas portugueses e coas novas correntes artísticas. A súa pintura evolucionou cara a unha abstracción xeométrica que o conduciu ata experiencias minimalistas. Na súa obra ten unha presenza importante a práctica da pintura sobre azulexo. Entre as súas obras destacan os Paneis do Jardim de Almada (Lisboa, 1956), os azulexos do Instituto Franco Portugués (1984) e os da Estación do Colexio Militar/Luz do metro de Lisboa (1987). En 1954 acadou o Premio Nacional de Cerámica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carlos II de Nápoles.

    VER O DETALLE DO TERMO