"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Entidade creada en 1978 baixo a tutela do Ministerio de Sanidade e Seguridade Social, en substitución do Instituto Nacional de Previsión. Encargada da xestión e administración dos servicios sanitarios da Seguridad Social en España, en Galicia as súas competencias fóronlle transferidas á Xunta de Galicia, que creou o Servicio Galego de Saúde (SERGAS) en 1989.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade creada en 1978 baixo a tutela do Ministerio de Sanidade e Seguridade Social ao desaparecer o antigo Instituto Nacional de Previsión. Encárgase da xestión e administración das prestacións económicas da seguridade social.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución creada en 1982 polo Ministerio de Cultura coa finalidade de canalizar e desenvolver a súa política en relación coa música, a danza, a ópera, o teatro e outras manifestacións culturais e escénicas. Amais da promoción, a creación e a distribución de produtos propios das artes escénicas e da música, o INAEM conta con diversos organismos, como o Teatro Lírico Nacional, o Centro Dramático Nacional, a Compañía Nacional de Teatro Clásico, o Centro de Documentación Teatral, o Centro de Documentación de la Música y de la Danza, a Compañía Nacional de Danza, o Ballet Nacional de España, o Teatro de la Zarzuela, a Orquesta Nacional de España, a Joven Orquesta Nacional ou o Museo del Teatro. A estrutura do INAEM conta cun presidente e dúas subdireccións xerais, a de música e danza e a de teatro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade autónoma de dereito público encargada da xestión da seguridade social en España, creada en 1908 con carácter de voluntariedade. A partir de 1918 iniciou o proceso de regulación obrigatoria dos aseguramentos laborais. En 1963 foi reorganizado o réxime de seguridade social e outorgóuselle exclusividade de actuación ao INP, o que significaba o traspaso da xestión privada dos aseguramentos ás mutualidades laborais, creadas en 1941. Foi eliminado en 1978, ao crearse o Instituto Nacional de la Seguridad Social.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo creado en 1971 que englobaba os organismos do Ministerio de Agricultura encargados da problemática das estruturas agrarias, especialmente o Instituto Nacional de Colonización e o Servicio Nacional de Concentración Parcelaria y Ordenación Rural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade do Estado español creada en 1978 baixo a tutela do Ministerio de Sanidade e   Seguridade Social ao desaparecer o antigo Instituto Nacional de Previsión. Ocúpase da xestión das prestacións complementarias da Seguridad Social, é dicir, da asistencia social.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Centro estatal español, con carácter científico e técnico, creado en 1942 e dedicado a tarefas de estudio, desenvolvemento, inspección e normalización en temas aerospaciais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo público do Estado español fundado en 1935 en substitución das Cámaras Oficiais do Libro de Madrid e Barcelona. Refundouse trala Guerra Civil (1941) coa denominación definitiva. Controlaba a circulación comercial do libro en España, o cumprimento das leis, a publicación das recompilacións bibliográficas e a organización de feiras e congresos. Desapareceu o 21 de marzo de 1986.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo autónomo dependente da Deputación de Ourense creado en 1987 co obxectivo de procurar o desenvolvemento económico da provincia en todos os ámbitos. Entre as súas actividades inclúense a colaboración na procura de emprego, o apoio ás iniciativas empresariais e a formación e asesoramento aos empresarios. Encárgase da xestión do Padroado Provincial de Turismo de Ourense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución creada en 1941, dependente do Patronato Raimundo Lulio do CSIC. A súa principal finalidade é o estudo e investigación da pedagoxía e a súa historia, metodoloxía, organización docente e todos os aspectos que atinxen á educación. En 1943 comezou a editar a Revista Española de Pedagogía e, en 1949, creou a Sociedad Española de Pedagogía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade pública do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, responsable dos problemas sociais do sector marítimo pesqueiro e da xestión do réxime especial da seguridade social dos traballadores do mar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Centro de estudios teolóxicos adscrito á facultade de Teoloxía da Universidad Pontificia de Salamanca. Herdeiro da Universidad Pontificia de Santiago de Compostela (1897-1932), creouse por iniciativa do arcebispo A. Suquía; en 1978 obtivo a vinculación provisional á universidade salmantina coa facultade de impartir as clases do grao de bacharel en Teoloxía. En 1980 a Sagrada Congregación para a Educación Cristiana aprobou os seus estatutos, de xeito que en 1981 comezou a funcionar como Instituto Teológico Compostelano, baixo a supervisión dunha xunta integrada polos bispos de Galicia e presidida polo arcebispo de Santiago. En 1986 o arcebispo A. Rouco Varela inaugurou as instalacións do ITC no mosteiro de San Martiño Pinario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ensaio pedagóxico para a reforma do segundo ensino, creado en Madrid polo Real Decreto de 10 de maio de 1918, con Santiago Alba no Ministerio de Instrución Pública. Dirixido pola Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas, o seu plan de estudios caracterizábase pola continuidade no estudo das materias, con programas cíclicos e estudios comúns e obrigatorios ata os 15 anos, coa posibilidade de poder especializarse posteriormente nos dous cursos seguintes. O alumno distribuíase en dúas seccións, a primeira de carácter preparatorio para os comprendidos entre os 8 e os 10 anos. Ampliábase o abano de materias incluíndo o grego, as linguas modernas, o ensino artístico, o ensino manual e a música. O profesorado estaba composto por catedráticos numerarios de instituto, mestres de grao superior e aspirantes ao maxisterio secundario. Os seus principios poden buscarse na filosofía de Giner de los Ríos, na defensa da unidade do primeiro e segundo ensino, no ensino cíclico, na relación...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Obxecto que se emprega para a realización dun traballo ou unha operación.

      2. instrumento de reflexión

        Aparello que, baseándose nas leis de reflexión da luz sobre espellos planos, se emprega a bordo das naves para medir certos ángulos, especialmente as alturas dos astros. Os instrumentos de reflexión son o octante, o sextante, o quintante, o cuadrante e o círculo enteiro.

    1. Obxecto natural ou elaborado expresamente que se emprega para producir sons musicais. Hai dúas grandes clasificacións. A máis tradicional, que se basea en criterios como a maneira de producir o son, as características de certas partes do instrumento e o tipo de execución, inclúe tres grupos principais: corda, vento e percusión; dentro de cada grupo hai subdivisións, as chamadas familias. Diferéncianse tamén os instrumentos de afinación fixa dos de afinación variable. A moderna clasificación organolóxica, debida a C. Sachs e E. Hornbostel, propuxo un criterio único, baseado na maneira na que o instrumento produce as vibracións sonoras. Así, nun instrumento aerófono o son prodúcese pola vibración dunha columna de aire, no cordófono pola vibración dunha ou diversas cordas, no idiófono o instrumento é o que vibra cando é percutido e no membráfono faise mediante unha membrana; finalmente, o electrófono produce o son mediante dispositivos...

    2. Cousa ou persoa da que alguén se vale para a realización dun fin.

    3. Escritura ou documento co que se xustifica ou proba unha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen instrúe.

    2. Xuíz que instrúe as causas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Estudiou na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid, onde se especializou en debuxo, e aprendeu a técnica do gravado en Lugo. Realizou as ilustracións de La tierra y el mar e participou en numerosas mostras. En 1946 recibiu o primeiro premio do Concurso Provincial de Pintura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, fillo de Waldo Álvarez Insua. Realizou os seus primeiros estudios en Galicia. É autor dun libro de artigos sobre temas galegos titulado Los días mejores (1910) e unha gran cantidade de obras sobre temas eróticos e sentimentais, como La agonía de Don Juan (1919),   El negro que tenía el alma blanca (1922), Una aventura termal (1922), Un corazón burlado (1930) e El amor en dos tiempos (1931).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de insultar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen se insurreccionou.

    VER O DETALLE DO TERMO